"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación escolar que apareceu en Vigo en 1987 subtitulada como “Revista trimestral do Colexio Público García Barbón de Vigo”. O consello de redacción estaba formado polos propios profesores e alumnos do centro e contiña traballos, artigos, debuxos e reportaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O Universo concibido como un todo ordenado, en oposición a caos.

    2. Espacio que se sitúa fóra da atmosfera terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das asteráceas, oriúndo da América tropical, que se caracteriza por presentar follas opostas bipinnatisectas e capítulos con disco amarelo e lígulas brancas, rosadas ou purpúreas, tridentadas no ápice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de satélites soviéticos que realizaron varias misións de estudo da atmosfera terrestre, da ionosfera e da magnetosfera. Tamén se destinaron para recoñecemento fotográfico, telecomunicacións e diversas experimentacións. O primeiro lanzouse en marzo de 1962 e dende aquela enviáronse máis de 1.900 satélites. Algúns deles caeron sobre a Terra, como o Cosmos 954, que encheu de residuos radioactivos a superficie de certas rexións de Canadá en 1978, e o corpo central do Cosmos 1402, que se precipitou ao Océano Índico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á crema.

    2. Que ten consistencia ou aparencia de crema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da atmosfera dunha estrela, entre a capa inversora e a coroa. En concreto, a cromosfera solar pódese observar durante as eclipses solares. Ten unha cor vermella máis ou menos viva e un grosor duns 5.000 km. No seu interior orixínanse xeralmente as protuberancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén cromo(II), é dicir, cromo en estado de oxidación +2.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos orgánulos celulares que conteñen os materiais portadores da herdanza biolóxica. En sentido estricto, só se emprega este nome no caso dos organismos, tanto unicelulares coma pluricelulares, formados por células que teñen núcleo diferenciado (células eucariotas). Nas bacterias, o material hereditario está constituído por un filamento pechado, circular, de ADN. Este filamento, chamado por algúns autores xenóforo por ter a mesma función ca os cromosomas eucarióticos -ó igual ca o filamento de ADN ou ARN que constitúe o material xenético dos virus-, desígnase moi a miúdo co nome de cromosoma. Os cromosomas nos organismos superiores son visibles durante os procesos de división celular (mitose e meiose) en forma de corpos máis ou menos cilíndricos e de aspecto compacto. Pola súa facilidade para tinxirse, a substancia que forma os cromosomas recibe o nome de cromatina; nesta, o ADN portador da información xenética asóciase con histonas, outros tipos de proteínas,...

    2. Anomalía adquirida polo cromosoma 22, caracterizada por un acurtamento dos seus brazos longos e producida habitualmente por unha translocación co cromosoma 9. É propia de enfermos afectados de leucemia mieloide crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cromosoma.

    2. Representación gráfica na que se indica a posición relativa dos xenes dentro do cromosoma. Constrúese a partir das frecuencias de entrecruzamento e da observación das aberracións cromosómicas. Os mapas poden ser de distintos tipos, pero a ordenación dos xenes é sempre a mesma en todos os mapas da mesma especie. Tamén se denomina mapa xénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Estudiou debuxo e pintura en Madrid. Participou en exposicións en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid. Entre os galardóns que recibiu destaca a terceira medalla do XXX Salón de Otoño (Madrid, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político xudeu. En 1941 participou coas forzas aliadas na liberación de Siria e Palestina, durante a Segunda Guerra Mundial. Na Primeira Guerra Árabe-israelí (1947-1948) foi comandante na fronte de Xerusalén e en 1953 foi nomeado xefe do Estado Maior de Israel. En 1958 abandonou o exército e ocupou o cargo de ministro de Agricultura (1959-1964). En 1965, con Ben Gurion, formou a fracción Rafí do partido laborista. Levou a cabo a reunificación das faccións do partido laborista para crear o Israel Labour Party (1967). Ocupou o ministerio de Defensa (1967-1974) e o de Asuntos Exteriores (1977-1979). En 1981 fundou o Partido Telem. Escribiu a súa autobiografía en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Marte descuberto en agosto de 1877 por Asaph Hall desde Washington. O seu primeiro período de revolución sideral é de 30 h 17 min 55 s. As observacións que se transmitiron á Terra polos vehículos Mariner e Viking mostraron que este satélite é elipsoidal e que os seus eixes miden 15, 12 e 11 km respectivamente. Ten a superficie cuberta por cráteres; algúns destes presentan formas case borradas debido á erosión que se produce polos impactos de partículas do espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sabedoría popular.

    2. Ciencia que estudia o folclore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás desmosponxas.

    2. Esponxa que pertence ás demosponxas.

    3. Clase de esponxas, de estrutura leuconoide, caracterizadas por presentar espículas silíceas de seis radios que poden estar unidas entre si, as espículas, por esponxina. Comprende máis do 95% das especies de esponxas e son principalmente mariñas, agás a familia dos esponxílidos que viven en auga doce, como os xéneros Spongilla e Myenia, nas que a esponxa morre deixando xémulas que dan lugar a novas esponxas ao ano seguinte. As especies mariñas preséntanse cunha multitude de formas e poden ser incrustantes, dixitiformes, perforantes, que escavan buratos en cunchas ou outros materiais, en forma de abano ou como almofadas. Algúns dos xéneros máis comúns son Spongia e Hippospongia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e orador. Estudiou oratoria con Iseo e máis tarde traballou na redacción de discursos para outros oradores. Entrou na vida política no 354 a C e enfrontouse ao expansionismo de Filipo II de Macedonia. Foi xefe, xunto con Hipérides, do partido democrático antimacedonio e trala morte de Filipo II continuou loitando contra o imperialismo macedonio ata que o expulsaron da cidade no 323 a C. Volveu para defender a independencia ateniense despois da morte de Alexandre o Grande, pero trala derrota de Cranon (322 a C) suicidouse na illa de Calaurea. Nos seus discursos utilizaba un vocabulario sinxelo, cheo de metáforas e períodos variados. A loita por Amfípolis orixinou o primeiro discurso da serie que lle deu nome: as Filípicas (351 a C), seguírono as tres Olintíacas (349-348 a C), Da paz (345 a C), a segunda Filípica (344 a C - 343 a C), Sobre o Quersoneso (342 a C), e outras dúas Filípicas (341 a C-340 a C). Foi considerado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é demostrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode demostrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de demostrar.

    2. Argumento ou cousa que demostra a veracidade de algo.

    3. Exhibición de algo, especialmente habilidades físicas, funcionamento de obxectos, etc.

    4. Razoamento polo que se reducen a verdades evidentes ou xa demostradas, mediante a aplicación dunhas determinadas regras lóxicas, proposicións que non teñen un fundamento claro. Calquera cadea de demostracións debe partir dun conxunto finito de premisas non demostrables ou axiomas. A análise exhaustiva dos procedementos de demostración débese a Aristóteles, quen definiu o termo como aquela forma especial de siloxismo polo que se deduce unha conclusión a partir de principios verdadeiros, evidentes e indemostrables en si mesmos. A escolástica adheriuse ao esquema aristotélico, que consideraba a demostración un proceso superior, e elaboraba unha clasificación da mesma: propter quid, ad intellectum, ad sensum, a priori e a posteriori. Na época moderna propuxéronse varios tipos de demostración, que se poden reducir a dous grupos: un de carácter empirista e outro de carácter racionalista. Ao longo do s XX formuláronse diversas formas de demostración,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen demostra.

    VER O DETALLE DO TERMO