"NIF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 213.
-
-
Calidade de grandioso ou magnífico.
-
Grandeza ou xenerosidade nos actos.
-
-
-
Que causa admiración polo seu esplendor ou grandiosidade.
-
Que actúa con magnificencia ou xenerosidade.
-
-
-
-
Que posúe unhas calidades excelentes.
-
Que posúe excelentes calidades intelectuais e morais.
-
-
Tratamento honorífico que se lle dá a persoas ilustres, en especial aos rectores das universidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén manganeso.
-
-
Acción e efecto de manifestar ou manifestarse.
-
Demostración colectiva, xeralmente ao aire libre, en que as persoas que nela concorren fan patentes as súas convicións, desexos ou sentimentos a favor ou en contra dunha opinión ou dunha reivindicación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen participa nunha manifestación.
-
-
Declarar ou dar a coñecer algo mediante palabras ou por outros medios.
-
Deixar ver un sentimento ou unha actitude.
-
Dar alguén a súa opinión sobre algo.
-
Deixar ver un sentimento ou actitude.
-
Darse algo a coñecer.
-
Participar alguén nunha manifestación.
-
-
-
Manifesto do Partido Comunista.
-
Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.
-
Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.
-
-
Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósitos.
-
FRAS: Deixar/pór/quedar de manifesto. Mostrar algo claramente.
Documento que o capitán dun barco debe presentar na aduana, no que consta a relación da carga polo miúdo.
-
Escrito en que se manifesta ou declara algo.
-
-
-
-
Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.
-
Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.
-
-
Escrito en que se manifesta ou declara algo.
-
Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósitos.
-
Documento que o capitán dun barco debe presentar na aduana, no que consta a relación da carga polo miúdo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifesto do Partido Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Marx e Engels publicada en Londres pouco antes da revolución de 1848. Foi redactada a petición da Liga dos Comunistas e converteuse no programa da Primeira Internacional. A obra está dividida en catro partes. A primeira, “Burgueses e proletarios”, analiza a evolución histórica da humanidade e enuncia o principio da unidade de clases como motor da historia. A segunda parte, “Proletarios e comunistas”, expón a función dos comunistas como destacamento da clase obreira na súa loita contra a burguesía, para abolir a propiedade privada dos medios de produción, e a revolución das relacións humanas en todos os seus niveis. A terceira parte, “Literatura socialista e comunista”, é unha crítica dos diferentes tipos de socialismo aparecidos na historia, divididos en reaccionarios, pequeno burgueses, conservadores burgueses e críticos utópicos. A cuarta parte está dedicada á estratexia e á táctica dos partidos comunistas diante da revolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifesto que apareceu en marzo de 1928 asinado por Salvador Dalí, Lluís Montanyà e Sebastian Gasch. Foi o documento literario máis coñecido da vangarda catalá da década de 1920. Os seus trazos esenciais son a denuncia do novecentismo como corrente mistificadora do helenismo e a afirmación das novas correntes artísticas ligadas ao progreso da técnica. Editado e distribuído polos mesmos autores, acadou unha gran difusión en toda a Península Ibérica e foi duramente criticado, especialmente por Carles Soldevila en La Publicitat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama que se publicou en novembro de 1826 polos voluntarios realistas españois, partidarios do absolutismo e descontentos pola actitude lixeiramente moderada de Fernando VII. O documento propugnaba un pronunciamento militar para darlle o poder ao irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento asinado por un grupo de deputados, encabezados por Bernardo Mozo de Rosales, que lle foi presentado a Fernando VII en València (abril de 1814). O manifesto demandaba a supresión da constitución e dos decretos das Cortes de Cádiz, e serviulle a Fernando VII para xustificar a posteriori o restablecemento do absolutismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama política de Leopoldo O’Donell realizado en Manzanares o 7 de xullo de 1854. Redactada por Antonio Cánovas del Castillo, deu paso ao Bienio Progresista (1854-1856).
-
PERSOEIRO
Político e humanista, fillo e sucesor de Piero I de Medici como señor de Florencia (1469-1492). Morto o seu irmán Giuliano I, pasou a ser único rexedor da república, pero actuou como un señor absoluto. Enfrontado ao Papa Sisto IV, concertou unha política que determinou o equilibrio de forzas da Península Itálica. Fortaleceu o poder familiar por medio do seu fillo Giovanni, futuro Papa León X, e, pola súa educación humanística, converteuse nun gran mecenas dos poetas, artistas e filósofos. Cultivou a actividade literaria e escribiu rimas e un Comento en prosa. Tamén escribiu a disputa filosófica Altercazione (1473-1474), o poema “Ambra” (1486), o Simposio, os Canzoni a ballo, as Canti carnascialeschi e os Laudi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Explotación agrícola de dimensións reducidas que se caracteriza por unha baixa rendibilidade, consecuencia dun precario nivel técnico, e cunha economía complementada con traballos noutras actividades. En xeral, explótase intensivamente pero cunha produción de subsistencia. Entre as causas que impiden o crecemento das propiedades destacan a difusión da agricultura a tempo parcial; os problemas económicos dos agricultores para adquirir novas terras; e por último, en Galicia, a cesión ou repartición tardía das terras que segue as tradicións hereditarias. As consecuencias económicas reflíctense nunha baixa produtividade incapaz de competir no mercado. O minifundio foi a forma de explotación agraria tradicional en Galicia, aínda que houbo épocas en que o tamaño variou ben por atomización na herdanza, ben por aplicación de leis de parcelación ou concentración en adaptación á situación demográfica ou económica. No Antigo Réxime, a principal misión das parcelas agrícolas era a de soster o núcleo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de propiedade e explotación das áreas rurais e agrícolas en que predomina o réxime do minifundio.
-
-
Relativo ou pertencente ao minifundio ou ao minifundismo.
-
Propietario dun ou máis minifundios.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mixiniformes.
-
Vertebrado da orde dos mixiniformes.
-
Orde de vertebrados, da superclase dos agnatos, constituída por animais mariños de aspecto vermiforme, con 5-15 sacos branquiais, unha única aleta, a caudal, e dous pares de tentáculos rodeando a boca e unha serie de glándulas mucosas laterais de disposición metamérica. Viven nos fondos dos mares fríos e tépedos, a miúdo soterrados na lama.
-