"OIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 172.

    1. Momento en que o Sol está no punto oposto ao mediodía e que se corresponde coas doce da noite.

    2. Momento que se corresponde coa parte central da noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Meroe ou ao Reino de Kuš, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Meroe ou do Reino de Kuš.

    1. Segundo período do Reino de Kuš iniciado en 300? a C co traslado da capital de Napata a Meroe, e que finalizou en 350 ao ser conquistada por Ezana de Axum. No plano cultural, este período significou a afirmación da personalidade cuxita e a preponderancia dos elementos africanos sobre os exipcios, os gregos e os romanos. No plano político, durante este período controlouse case sempre o territorio comprendido entre a sexta catarata do Nilo e o Dodecasqueno, e mantivéronse boas relacións cos Ptolemaicos (323-330 a C) e cos romanos (30 a C- 395), menos cando foron atacados ou atacaron: submisión do Dodecasqueno por Arkamon ou Ergámenes (218-200 a C), por Adikhalamani (200?-186 a C) e pola Raíña Amanirenas (25? a C) que provocou a guerra cos romanos (25-21 a C), e que acabou coa derrota dos cuxitas.

    2. Lingua que se falou e escribiu no Reino de Kuš (750?-350 a C), aínda que só apareceu documentada nos cinco últimos séculos. A súa adscrición a unha familia lingüística resultou imposible. O material obxecto de estudo son 800 inscricións (textos reais gravados, óstraka e graffiti e, sobre todo, textos funerarios en táboas de ofrendas e estelas), que datan aproximadamente de 170 a C (o primeiro documento en meroítico xeroglífico data da época da Raíña Shanakdaknete 170?-160 a C) ata 400. Este material apareceu anotado nun alfabeto de 23 signos que adoptou dúas formas: o meroítico xeroglífico (170?- 100? a C), composto de xeroglíficos exipcios e empregado nos monumentos, e o meroítico cursivo (s II a C - 400), utilizado noutra categoría de material e que deriva do demótico exipcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos corpúsculos mononucleados que se orixinan nos esporozoos despois da esquizogonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolma de contos escritos en árabe, datada entre os ss IX e XV, que circularon oralmente entre os ss IX e X. Desenvólvese a partir da historia dun rei que mata doncelas por consideralas aburridas, ata que unha delas, Sherezade, consegue manter a atención do monarca contándolle unha historia diferente cada noite. Seguindo o estilo das antigas coleccións orientais, incluíu narracións propias da contística india (O mercador e o xenio), iraniana (Qamar al-Zamān e a princesa Budūr), do antigo Exipto, grega e hebrea (conto de Šamasp e Šansah). O reducido marco xeográfico en que se desenvolve a acción contrasta co gran número de personaxes e acontecementos que teñen lugar. Os xéneros literarios empregados son numerosos e variados, como as historias de tipo fantástico, lendas, novelas, contos didácticos, humorísticos ou fábulas. De todas elas, as de máis transcendencia foron Sindbad o mariño, de influencia persa, Aladino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Setúbal, Portugal (53.240 h [1982]), situada no esteiro do Tejo. A súa economía baséase na produción de froitas e verduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. En gran cantidade ou número.

      2. En grao considerable.

    1. En gran cantidade ou intensidade. OBS: Presenta a forma apocopada moi diante de adxectivos e adverbios, excepto diante de mellor, peor, máis, menos e o modal ben; e substantivos con valor de adxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de poemas de Ramón Cabanillas que apareceu en 1926 co subtítulo de “Sagas de R. Cabanillas. Dibuxos de Castelao”, editado por Lar. Está composto por tres sagas tituladas “A espada Escalibor” e “O cabaleiro do Sant Grial”, que xa se publicaran anteriormente por separado en varias publicacións da época, e “O sono do Rei Artur”. A través da súa poesía narrativa trata da lendaria corte artúrica e da busca do Santo Graal, polo que se encadra na tradición da orixe céltica do pobo galego e da súa dignificación a través do mito. Nos poemas, ademais das referencias á materia de Bretaña, é constante a presenza de elementos pondalianos e ossiánicos, algúns deles relacionados coa relixión dos druídas e outros ligados á cultura celta, na procura dun sincretismo entre os mundos celta, artúrico e galego. No relativo ás súas características, trátase duns versos provistos dun léxico, dunha fraseoloxía e dun gran número de adxectivos, propios da escola modernista. Ademais, cómpre salientar o emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo de tempo que dura unha noite.

    2. Festa ou diversión que dura toda a noite.

    3. Feito de pasar unha persoa a noite en vela sen poder durmir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. avenoiteira cinsenta.

    2. avenoiteira papuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intervalo de tempo que transcorre entre a fin do crepúsculo vespertino e o comezo do crepúsculo matutino. A noite vese, na tradición mitolóxica e relixiosa de moitos pobos e culturas, baixo un aspecto benéfico, de repouso, e ao mesmo tempo baixo un aspecto maléfico, como propia dos espíritos malignos. Para moitas cosmogonías a noite e as tebras son a orixe de todas as cousas. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que cea e se vai deitar, mala noite quere pasar. Polo San Matías, igualan as noites e os días. Pola Santa Lucía tan longa é a noite como longo é o día. Non hai día sen noite nin noite sen día. De noite todos os gatos son pardos”.

    2. Escuridade que vai desde o solpor ata o amencer.

    3. Escuridade, tristeza ou confusión.

    4. Fórmula que se emprega para saudar durante a noite ou cando alguén vai para a cama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matanza de hugonotes que tivo lugar en París en 1572, a noite do 23 ao 24 de agosto, festividade de san Bertomeu. Actuou a plebe parisiense, fanaticamente católica, guiada polos homes do duque de Guise. Carlos IX de Francia ordenou a matanza de acordo con Catarina de Medici e cos Guise, e foi o pretexto para un complot protestante. Supuxo o reinicio da guerra entre católicos e hugonotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noite do 24 ao 25 de decembro en que os cristiáns celebran o nacemento de Xesús Cristo. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • curuxa común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. avenoiteira cinsenta.

    2. Calquera ave nocturna.

    3. Falta de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • avenoiteira cinsenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de tempo que comprende as primeiras horas da noite, entre o solpor e a noite pecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Internacional do Traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, na illa de Kyūshū, Xapón (433.401 h [1997]), situada na costa nordés da illa. Posúe minas de prata e estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO