"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

  • Teoría elaborada por J. Dalton coa finalidade de poder interpretar todo un conxunto de feitos experimentais, como por exemplo as relacións ponderais sinxelas entre os compostos químicos. Unha das principais proposicións da teoría afirma que todos os elementos químicos están constituídos por partículas moi pequenas, os átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas. Tamén postula que o átomo ten un conxunto de propiedades, entre as que se atopa a masa atómica que é característica de cada elemento. Sostén, así mesmo, que cando dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes. Finalmente, di que a cantidade mínima dun composto é a molécula e que esta ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan. Esta teoría foi o fundamento de posteriores hipóteses físicas e químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Coñeceu a Herbin e Brancuse en París e incrementou o carácter xeométrico da súa obra. A partir dos anos sesenta realizou alusións arquitectónicas entre as que destacan A colina (1976) e Proxecto de San Francisco (1980). Dende 1986 realizou sobre lenzo ou relevo Cosmogonías e Sarcófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas. A teoría supón que cada ión se envolve nunha atmosfera iónica de signo contrario (apantallamento de Debye) e obtén, para o coeficiente de actividade medio de electrólitos, unha fórmula sinxela, función da forza iónica (I). A fórmula máis simple (coeficiente de actividade) proporciona valores válidos só para I<0,003; a máis complicada, ata I+0,1. Onsager estendeu esta teoría ao cálculo da condutividade eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incidente procesual que consiste en achegar unha solicitude dirixida ao xuíz ou tribunal, que unha das partes considera incompetente, para que se absteña de saber dun determinado asunto e o remita ao xuíz ou tribunal competente. É unha cuestión de competencia que constitúe unha excepción dilatoria e que se tramita na forma prevista para os incidentes. Pode ser presentada polas partes ou polo Ministerio Fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escrito realizado con afecto, xeralmente no que se lle dedica a alguén algo, que adoita ser un libro, unha fotografía ou similar. Nun libro sitúase normalmente ao comezo e nela o autor expresa a súa admiración, gratitude ou amizade cara a alguén á vez que lle fai unha entrega simbólica do texto. A práctica remóntase á antigüidade grecolatina. O testemuño máis antigo que se coñece corresponde a Horacio, quen lle dedicou as súas Odas a Mecenas. Ata o s XIX, as motivacións eran principalmente o beneficio económico e a protección social, pero a partir daquela perderon o seu carácter utilitario e público para cinguirse, polo xeral, ao mundo dos afectos do escritor, adoptando un ton máis persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ministerio ou exercicio de defensor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desmemoriarse.

    2. Que ou quen ten pouca memoria.

    3. Que ou quen esquece as cousas de xeito intencionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quedarse sen memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou na Armada en 1811 e navegou polo Mar Mediterráneo e polas Antillas. Dende 1819 participou nas campañas contra os independentistas latinoamericanos e, dende 1821, navegou con patente de corso contra as novas nacións. Formou parte da división Guzureta (1824) que se dirixiu a Callao, pero, trala derrota de Ayacucho, marchou cara ás Filipinas (1825), viaxe na que perdeu o navío tralo amotinamento da súa tripulación. Chegou a Cádiz en novembro de 1825 e participou en diversas misións ata que se suicidou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano. Vicedirector do xornal El Eco Franciscano e director da revista Ciencia y Virtud. Director das escolas franciscanas de Afonso XIII en Tánxer, publicou, entre outras obras, Compendio de la geografía físico-política de Marruecos (1912) e Historia de Tánger durante la dominación portuguesa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cartas que dan os prelados aos seus súbditos para que poidan ir recibir dun bispo estraño as sagradas ordes.

    2. Cartas de secularización dos membros de ordes relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que formulou Dirac en 1930, para resolver o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física. Segundo a teoría dos buracos de Dirac, o dilema podería resolverse postulando que o oco está ocupado por electróns de enerxía negativa, os chamados positróns. Esta tese está de acordo co principio de exclusión de W. Pauli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao director, ao directorio ou á dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno do humor caracterizado pola depresión, un malestar físico ou psíquico e un sentimento de insatisfacción cun mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de zoocoria que acontece cando os propágulos das plantas se dispersan por un animal de xeito accidental e non intencionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao ditador ou á ditadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liña ou elemento que serve para dividir ou separar.

    2. Liña de accidentes do relevo que constitúe a separación de dúas concas hidrográficas contiguas, e a partir da que diverxen as augas procedentes de precipitación. Coincide coa liña de cumios dunha cordilleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe señorial xibelina de Xénova. Arnaldo Doria capitaneou a flota xenovesa contra os musulmáns da Península Ibérica (1147). O seu fillo, o almirante Simone Doria , asediou San Xoán de Acre e foi a orixe das diferentes pólas da liñaxe: os Doria príncipes de Melfi; os Doria príncipes de Angri (1636) e duques de Éboli; os Doria di Dolceacqua; e os Doria Lamba. Oberto Doria desfixo a armada pisana na Batalla da Meloria (1284). Lamba Doria venceu a flota veneciana en Curzola (1298). Pagano Doria venceu a Venecia nas batallas navais de Constantinopla (1352) e Porto Longo (1354). Da liña de Sardeña sobresaen, entre outros, Mateo Doria , o seu sobriño Brancaleone Doria e os seus fillos Federico I de Arborea e Marino V, xuíces de Arborea. No 1339 foi unha das liñaxes exiliadas de Xénova. A figura máis destacada da familia foi ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante. Condottiere ao servizo da Santa Sé e doutros príncipes, controlou o goberno de Xénova. Despois de someter a rebelión de Córsega (1503-1506), organizou a mariña xenovesa e obtivo importantes vitorias contra os corsarios africanos no Mediterráneo. Colaborou con Francisco I de Francia na defensa da cidade ante as tropas de Carlos V (1527), pero despois pasou ao servizo do emperador. Reorganizou a vida política xenovesa e instaurou un goberno oligárquico estable, pero conservou as institucións republicanas. Recibiu os títulos de príncipe de Melfi (1531), marqués de Tursi, gran protonotario hereditario do Reino de Nápoles (1555) e almirante da flota española no Mediterráneo. Dirixiu unha expedición a Tunes (1535) e outra a Alxer (1541). Consolidou o seu poder en Xénova e converteu os xenoveses nos principais banqueiros e comerciantes de España. Despois de reprimir unha nova rebelión, deixou os seus estados a Gian Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO