"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PERSOEIRO

    Médico inmunólogo australiano. En 1937 identificou o axente causante da febre de Queensland, a rickettsia Coxiella burneti. Desenvolveu a técnica para cultivar virus en embrións de polo e outra que permite identificar bacterias en función dos virus que as parasitan. Compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía do ano 1960 con P. B. Medawar polas súas contribucións ao estudo da tolerancia inmunolóxica, que permitiron realizar con éxito enxertos de pel, e tamén transplantes de órganos. É autor de numerosas obras de carácter médico, entre as que cómpre destacar Viruses and Man (Os virus e o home, 1953), Principles of Animal Virology (Principios de viroloxía animal, 1955), The Clonal Selection Theory of Acquired Immunity (A teoría da selección clonal de inmunidade adquirida, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Publicou, anonimamente, a novela de técnica epistolar Evelina (1778), e Cecilia (1782).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Membro do partido demócrata, foi representante no congreso no 1911 e senador de 1931 a 1941. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro do Tribunal Supremo e da oficina de mobilización industrial e de reconversión. Secretario de estado de 1945 a 1947, defendeu a permanencia das tropas dos EE UU en Europa ata a conclusión dos tratados de paz. Foi gobernador de Carolina do Sur de 1951 a 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Pertenceu á chamada Xeración dos 80 do teatro español. Titulado pola Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, na que exerceu como profesor. Autor das pezas como Y todo por nada (1986), Querido Ramón (1992) ou Squasch (1988), esta última representada pola Compañía de María en 1995, en versión de Xepe Casanova, con dirección de Quico Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedades de uvas orixinarias da rexión francesa de Bordeos. Os seus acios son de vida media e de forma irregular, con grans pequenos, esféricos e cheos de sementes, de cor negra e de gusto agre, que maduran a media estación. A variedade cabernet franc, de características moi próximas á uva mencía, produce viños tintos suaves e rosados, levemente acedos e afroitados. A variedade cabernet sauvignon ten un poderoso sabor e aroma e é moi rica en tanino; é a variedade de uva máis cultivada do mundo debido á súa gran calidade, bos rendementos e facilidade de cultivo. Orixina viños cunha grande estrutura que requiren avellentamento e, frecuentemente, a mestura con outras variedades de uva. Cultívase en moitas outras rexións vitivinícolas de Norteamérica, Sudáfrica e Europa, destacando, sobre todo, no val do Loire. A AOC (Appellation d’Origine Contrôlée) Cabernet protexe os viños procedentes das célebres aldeas do Haut Médoc bordelés: Saint Stèphe, Saint Julien, Margaux e Pauillac....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nó do tronco dunha árbore, especialmente do carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Seguidor das doutrinas económicas de David Ricardo, está considerado como o derradeiro economista clásico. Atacou a formulación marxinalista de W. Stanley Jevons e enfrontouse ao pensamento de John Stuart Mill e Nassau William Senior. Foi autor, entre outras obras, de The Character and Logical Method of Political Economy (O carácter e método lóxico da economía política, 1857) e Some Leading Principles of Political Economy (Algúns principios rectores de economía política, 1874), onde pretendeu reformar a teoría do fondo de salario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro inglés. Estudiou os fenómenos termodinámicos relacionados cos enxeños de vapor de auga. Introduciu o termómetro de resistencia de platino, máis exacto ca os anteriores, e propuxo unha ecuación de estado coñecida como ecuación de Callendar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador inglés. En 1873 saíu de Zanzibar, delegado pola Royal Geographical Society, para unirse con Livingstone, a quen topou xa morto; continuou ata o lago Tangañika e descubriu que o río Lualaba formaba a principal corrente do río Congo. Despois de explorar a conca do Congo-Zambeze chegou á costa occidental preto de Benguela (Angola) en 1875. Narrou a súa exploración da África tropical en Across Africa (Cruzando África, 1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa afeccionada ás liortas e á diversión buliciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornell Friedmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Compaxinou a tarefa literaria, a misión pastoral e o compromiso político. Graduado como bacharel, trasladouse a México onde estudiou filosofía e letras, e despois a Nova York para ampliar estudios. En 1950 fundou en París a editorial El Hilo Azul. En 1956 ingresou no mosteiro trapense Our Lady of Gethsemany de Kentucky e en 1961 marchou a Colombia, onde estudiou teoloxía; catro anos despois ordenouse sacerdote en Managua. Foi dirixente da Frente Sandinista de Liberación Nacional e loitou contra a ditadura de A. Somoza. Trala vitoria sandinista en 1979, ocupou o ministerio de Cultura e en 1985 foi afastado polo Vaticano do sacerdocio. Pertenceu ao movemento Cristianos por el Socialismo, vinculado á teoría da liberación. En 1994 renunciou á súa militancia na Frente Sandinista de Liberación Nacional por discrepancias con parte da dirección do partido. Entre outras obras, publicou: Epigramas (1956), Salmos (1964), Homenaje a los indios americanos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte branda do corpo dun animal que está formada principalmente polo tecido muscular.

      1. Parte comestible do corpo dos animais que se corresponde coas masas musculares, especialmente aquela procedente de animais de matadeiro, curral ou caza, en contraposición aos peixes. Quimicamente a carne está composta sobre todo de auga (76%), proteínas, lípidos, glúcidos e vitaminas. Entre as proteínas, distínguense as solubles (mioxeno, albumina e globulinas) e as insolubles. Ademais a carne está formada por outras substancias nitroxenadas (péptidos de baixo peso molecular, aminoácidos, aminas, etc) e ácidos orgánicos, cetonas, aldehidos, glicerina, ácido sulfhídrico, sulfhídrilos e mercaptanos, que lle dan o seu aroma e sabor característicos. O seu contido en glúcidos é xeralmente moi baixo; o máis importante é o glucóxeno. Contén tamén enzimas (catepsinas, fosforilasas, etc). Como alimento ten un importante valor nutritivo, posto que, ademais de vitaminas A e B, subminístralle ao organismo unha boa cantidade de proteínas e aminoácidos esenciais, especialmente a lisina e a metionina,...

      2. carne curada

        Carne que se secou no fumeiro.

      3. carne de Ávila

        Carne de vacún de raza Avileña, protexida pola Denominación de Orixe. A produción céntrase na obtención de carne branca que provén de tenreiros de ata 10 meses de idade alimentados exclusivamente con leite, feito que lles causa unha anemia que confire á carne a súa cor e sabor característicos. Non obstante , para os chuletóns de Ávila, prefírese a carne de tipo añojo ou novillo, vermella e máis sabedeira.

      4. carne de pelo

        Carne de coello ou lebre.

      5. carne de pluma

        Carne das aves, como a galiña, o pato, etc.

      6. carne do sábado

        Sobras e gordura dos animais que se aproveitan para comer. Antigamente só se comían nese día.

      7. carne fresca

        Carne dos animais que non se someteu a ningún proceso de conservación.

      8. carne magra

        Carne que non ten graxa nin nervios.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tarxeta ou documento, expedido por unha entidade pública ou privada, en favor dunha persoa, provisto dos seus datos persoais e normalmente dunha foto, que acredita a súa identificación persoal ou a pertenza a unha sociedade, corpo ou entidade.

    2. Documento Nacional de Identidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Adscrito ao realismo poético, é o autor de destacadas películas que se poden incluír dentro desta tendencia: Drôle de drame (Estraño drama, 1937) e Le jour se lève (O día comeza, 1939). En Les visiteurs du soir (Os visitantes da tarde, 1942-1943) e Les enfants du Paradis (Os nenos do Paraíso, 1943-1945) establece, en clave, unha vontade de definición estética semellante á de Prévert. Entre as súas obras posteriores destacan Juliette et la clef des songes (Xulieta e a chave dos soños, 1951) e La Bible (A Biblia, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Sucedeu a Arcesilao a partir do 156 a C e dirixiu a Academia Platónica na época denominada Academia Nova. Representante do escepticismo moderado, foi adversario de todo dogmatismo. Afirmaba que o home non pode distinguir dunha maneira absoluta entre as representacións verdadeiras e as falsas, polo que precisa dun criterio de verdade teórica e práctica, que se atoparía nas nocións do verosímil, o probable e o persuasivo. O seu discípulo Clitómaco difundiu as súas ideas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial e filántropo norteamericano de orixe escocesa. Logo de traballar nunha compañía de ferrocarrís, en 1865 fundou diversas empresas siderúrxicas, que en 1899 fusionou na Carnegie Steel Corporation. Retirado dos negocios, de acordo co que deixara establecido no seu libro The Gospel of Wealth (O evanxeo da riqueza, 1889), dedicouse á filantropía. Fundou diversas institucións benéficas e culturais nos EE UU e no Reino Unido, entre as que destaca a Carnegie Fundation for the Advancement of Teaching creada no 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de carneiros.

    2. Golpe que dan as cabras coa cabeza cando trucan.

    3. Comida ou festa celebrada a base de carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se mantén nunha postura determinada aínda que haxa razóns que evidencien que está errado.

    VER O DETALLE DO TERMO