"Roa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 265.

  • GALICIA

    Escultor. De formación autodidacta, comezou a traballar no obradoiro marmorista do seu pai na rúa Nova. A través de Sixto Aguirre coñeceu o grupo de Os Novos ou Renovadores da arte galega que o animaron a dedicarse á escultura. Participou activamente nos parladoiros composteláns dos anos trinta e, a través de Luís Seoane e Carlos Maside, coñeceu a escultura foránea e interesouse polas novas tendencias. Instalou o seu estudo nas proximidades do Sar. A tardía vocación e o seu repentino falecemento, fixeron que deixase un número escaso de obras, moitas delas só modeladas no bosquexo en xeso. Aínda así, a súa obra tentou renovar a linguaxe plástica do momento ao arredarse do folclorismo e da anécdota imperante, inquedanzas artísticas relacionadas co movemento renovador da arte galega. Potenciou os aspectos intrínsecos da escultura, a forma, o volume, a materia e o espacio, pero espiu as súas esculturas de calquera detalle anecdótico ou pintoresco. Eliminou por completo a caracterización das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Redactor-xefe dos servicios informativos do Grupo Radio Vigo (Cadena SER). Exerceu como redactor e xefe das seccións de Deportes, Local e Ediciones de Faro de Vigo e foi correspondente das publicacións Dicen, Ya, Pueblo, Andalucía Deportiva, Récord, El Periódico, El Correo Gallego e da axencia Logos. Fundador da Unión de Periodistas de Pontevedra e cofundador da Unión de Periodistas Deportivos de España, en 1999 outorgáronlle o título de Vigués Distinguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e escritor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza coa tese Notas para un estudo de la Edad del bronce en Galicia. Foi profesor na Universidad de Zaragoza (1970-1982) e catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela (1983), e dende 1984 na Universidad de Murcia. No eido da arqueoloxía, dirixiu traballos de campo en Galicia, Castela e León, Aragón, Murcia e América Latina, entre os que destacan os realizados no castro de Borneiro (1968 e 1974). No eido da historia e da xeografía do urbanismo, destacan os proxectos de investigación “El impacto del urbanismo colonial en el valle de Moche (Perú)” e “Estudio histórico y geográfico para la recuperación de los cascos históricos del noroeste de la región de Murcia”. Colaborador en revistas especializadas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Caesaraugusta, etc), foi coautor, entre outras obras, de Nociones de tecnología y tipología en prehistoria (1999) e autor de Sobre la...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ourense. Foi propiedade de Luís de Villamartín e Sarmiento, segundo a inscrición conservada nunha fonte de 1761 que presenta unha imaxe de san Luís. Na súa orixe, tivo planta rectangular e dous pisos, pero a torre que se engadiu á fachada converteuna nun L. Os torreóns tiñan cuberta cupular e remates piramidais. A torre conserva elementos tomados do pazo de Billerma. A fachada principal ten unha solaina á que se accede por un lateral desde o patio. Está amurallado, e no exterior a portada ten arco de medio punto con pedra de armas que alude aos Villamarín e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que ten por obxecto as relacións entre as manifestacións sonoras da enerxía e as súas manifestacións eléctricas. Ten unha gran relación coa electrónica. Basicamente, a electroacústica comprende: o estudo e a determinación da sensación sonora producida por un transdutor electroacústico, sensación que comeza no tímpano e chega ao cerebro e, xa que logo, á conciencia; a historia, os fundamentos e as técnicas dos transdutores electroacústicos, como altofalantes, cápsulas fonocaptoras, cabezais magnéticos ou micrófonos; o estudo das formas de gravación do sinal acústico, como discos, cintas magnéticas, fíos magnéticos ou impresións fotoeléctricas como as que se usan nas películas sonoras; as normas internacionais que deben seguir os aparatos correspondentes; o estudo das formas de transmisión do son, que inclúe as formas de emisión, as técnicas de recepción e as maneiras de transmitir; e, por último, comprende o estudo dos aparatos encargados de conformar o sinal eléctrico para adecualo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electroacústica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación enerxética que acompaña o proceso de captación dun ou máis electróns por un átomo dun elemento en estado gasoso, para dar lugar ao anión correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos métodos eléctricos de análise química. Baséanse na medida do valor dalgunha ou dalgunhas magnitudes eléctricas que están relacionadas coa concentración da substancia problema. As magnitudes eléctricas que se miden son, basicamente, a diferenza de potencial entre os electrodos, a resistividade ou a súa inversa, que é a condutividade, e a intensidade, que corresponden á potenciometría, á condutimetría e á amperimetría, respectivamente. Noutros métodos, como a polarografía ou a voltamperometría, establécese a curva intensidade-voltaxe, e noutros, como a cronoamperimetría ou a cronopotenciometría, as características das curvas intensidade-tempo ou voltaxe-tempo, respectivamente. Un método analítico diferente é a coulombimetría, co que se mide a cantidade total de electricidade que se fai circular pola célula de electrólise. Na electrogravimetría non se mide ningunha magnitude eléctrica senón que se pesa a substancia sólida que se depositou por redución ou oxidación electroquímica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de empadroar ou de empadroarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inscribir unha persoa no padrón.

    2. Inscribirse unha persoa no padrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dirixir un navío cara ao porto

    2. olver un barco a proa cara ao vento, á marea, á corrente ou a algún lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación lonxitudinal ou lateral de dúas asas intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer un noiro, valado ou calquera construción desfacéndose.

    2. Estirarse comodamente nalgún sitio para descansar o corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar os ladróns prexudiciais ou daniños ás plantas, especialmente as vides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saír a matriz da vaca fóra despois dun grande esforzo, xeralmente tras parir.

    2. Saír a cloaca da galiña ao poñer con moito esforzo ovos moi grandes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfacer os terróns que se forman nunha terra de labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran jupan de Serbia (1196?-1217) e primeiro rei de Serbia (1217-1227), fillo de Estevo I de Serbia. Coñecido como Estevo I Nemanjič, foi expulsado en 1200 de Serbia polo seu irmán Vukan, titular do voivodato de Zéta. Recuperou o trono en 1203 coa alianza bizantina, que posteriormente cambiou pola veneciana. O Papa Honorio III concedeulle o título de rei (1217) e fixo que fose coroado por un legado pontificio. En 1219 proclamou a independencia da Igrexa serbia polo que foi outra vez coroado rei de Serbia en 1221 polo seu irmán Sava. No fin da súa vida retirouse a un mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO