"Roi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • Revista aparecida na vila de Verín en agosto de 1981. Editada pola comisión de festas do concello, incluíu unha ampla reportaxe fotográfica do evento, artigos e colaboracións relacionados coa festividade e entrevistas a personaxes populares da comarca. Tiña unha tiraxe de 2.000 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equiuroideos.

    2. Metazoo da clase dos equiuroideos.

    3. Clase de metazoos constituída por organismos triploblásticos celomados e protóstomos con simetría bilateral. Teñen o corpo dividido en dúas rexións: unha trompa anterior, que ten unha gran capacidade de extensión pero non invaxinable, e a parte posterior, que comprende o tronco coa rexión visceral, moi voluminosa. Todos os representantes son mariños e habitan sobre a area do fondo ou no interior de fisuras que aparecen nas rochas. O xénero máis característico é Bonellia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de esferoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo de forma semellante á esfera.

    2. Superficie determinada por unha elipse que xira ao redor do seu eixe menor. Tamén se coñece como elipsoide achatado.

    3. Superficie determinada por unha elipse que xira ao redor do seu eixe maior. Tamén se coñece como elipsoide alongado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de espiroide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo de forma semellante á espiral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos compoñentes do grupo de substancias naturais que conteñen o esqueleto fundamental do ciclopentanperhidrofenantreno, no que existen fixadas unha ou varias cadeas laterais ou unhas cantas. O núcleo esteroide fórmase por tres ciclos de ciclohexano e un ciclo de ciclopentano. Os esteroides clasifícanse en esterois (colesterol, D7-deshidrocolesterol, ergosterol), ácidos biliares (ácido cólico) e hormonas (proxesterona, cortisona, cortisol, testosterona, estradiol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos esteroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Pereiras, documentado no último cuarto do s XIII. A xulgar pola súa colocación nos cancioneiros B e V, non se pode identificar con Estevan Faian, cabaleiro pertencente a unha liñaxe dese nome, talvez de orixe galega ou castelá, e activo no segundo terzo do s XIII. Tras abandonar o reino de Portugal, en data e circunstancias descoñecidas, asentouse en Castela. A súa actividade nos círculos áulicos remóntase aos últimos anos do reinado de Afonso X, momento en que está documentado entre os partidarios do infante don Sancho, primeiro como xuíz en Salamanca, e, en 1283, como meirinho-mor do infante en León e Asturias. Co ascenso ao trono de Sancho, ocupou de novo o cargo de meirinho-mor de León, confirmando distintos documentos con esa atribución (1287-1289). Nos anos seguintes, o trobador desenvolveu un papel relevante na corte; así, en 1290 interveu no confito que enfrontou a Sancho IV con Juan Núñez de Lara; en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, posiblemente pertenceu á liñaxe de Durão Froiaz, chanceler de Sancho II de Portugal. Do escarnio de Alfonso X “Don Airas, pois me rogades” -que é un contrafactum da súa cantiga “Juravades-mi vós, amigo”, elaborado segundo as técnicas da cantiga de seguir codificadas na Arte de Trobar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- poderíase deducir que o poeta frecuentou a corte e o círculo literario de Afonso X o Sabio. O manuscrito B e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V) recollen catro cantigas de amigo da súa autoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Xefe de informativos e programas de RNE. Foi director de RNE en Vigo e Ourense, redactor de Marca, correspondente en Vigo de La Voz de Galicia e da axencia EFE, xefe de informativos de RNE en Vigo e xefe de deportes de El Pueblo Gallego. Escribiu La historia del Real Club Celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Guntín e construída no s XVII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular, á que se engadiron posteriormente dúas capelas formando unha cruz. No interior destaca a capela dereita, construída en 1613, cuberta cunha bóveda de casetóns e na que se atopan, baixo un arcosolio, os restos de Álvaro de Taboada. No seu exterior destaca a espadana dun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. Da primitiva construción románica só conserva a porta principal de dúas arquivoltas e flanqueada por dúas columnas acobadeladas con bases toscanas e capiteis de entrelazos; o tímpano non ten decoración. Ten nave rectangular e capela maior cuadrangular; á súa esquerda engadíuselle unha sancristía. No interior destaca o retablo maior neoclásico e, no exterior, o reloxo da torre procedente da catedral de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante ao tecido fibroso.

    2. Que está composto por tecido fibroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína fibrosa, formada por cadeas peptídicas paralelas unidas entre si mediante enlaces de hidróxeno, que constitúe a seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abadía cisterciense situada no desfiladeiro das Corbiéres, ao SL de Narbonne. Fundada en 1097, integrouse no movemento cisterciense en 1146 pola súa filiación a Grandselva. Acadou a súa época de máximo esplendor entre os ss XII e XIV. En 1476 comezou a ser rexida por encomenda e neste momento iniciou a súa época de decadencia. O título de abadía foille, suprimido en 1791, e as rendas, uníronse á sé de Perpignan. Os cistercienses de Senanca (Provenza) compraron e restauraron os edificios monásticos e estableceron de novo a vida monástica desde 1858 ata 1905. A igrexa construíuse entre 1157 e finais do s XII. O claustro é tamén do s XIII. As demais partes da abadía son góticas, como a sala capitular, a adega, o refectorio e o dormitorio, e datan de 1180 a 1210.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Buraco que se fai no chan para a fabricación de carbón vexetal.

    2. fazula.

    3. Póla dunha árbore, especialmente a do carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino xermánico da mesma orixe ca Froilán. Levaron este nome varios reis medievais de Asturias e León.

    VER O DETALLE DO TERMO