"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

      1. Acción e efecto de capturar.

      2. O que se captura, especialmente referido á caza e á pesca.

    1. Satelización dun astro ao redor doutro meirande, causada pola atracción gravitacional, e que ten lugar ao pasar un moi preto do outro.

      1. Absorción dunha partícula polo núcleo sobre o que incidiu. Este fenómeno ten lugar cando a enerxía da partícula incidente é máis pequena ca a enerxía de enlace entre esta partícula e o núcleo.

      2. captura K

        Tipo de desintegración radioactiva dun átomo na que o núcleo absorbe un electrón cortical; en xeral, este electrón pertence á capa K, a máis próxima ao núcleo. A consecuencia da captura K, o núcleo emite raios X, por mor do arranxo dos outros electróns corticais, e un neutrino.

    2. Fenómeno polo que un río de intensa actividade erosiva chega a denudar a outro captando na propia conca as augas do curso superior do río denudado.

    3. Proceso polo que unha imaxe dixitalizada nun formato determinado, habitualmente incompatible cun programa de tratamento de fotografía, se garda noutro diferente que permita o seu uso nalgunha desas aplicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coller algo ou a alguén que se persegue e que normalmente ofrece resistencia.

    2. Cazar ou pescar animais que están en liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación plástica de persoas, feitos, costumes e hábitos sociais consistente na deformación grotesca dos seus trazos máis característicos para producir un efecto cómico ou crítico, acompañada habitualmente de texto. Nos ss XIX e XX, púxose ao servizo da política e tomou forza en Inglaterra e Francia, e estendeuse por toda Europa. Francia foi a vangarda con artistas como Daumier, Doré, Gavarni, Steinlen, Gill, Caran d’Ache, Sem e Forain, ao final do s XIX e ao principio do s XX e, posteriormente, con Chaval, Siné e Wolinski. As principais revistas foron L’Assiette au Beurre, Le Rire, Le Canard Enchainé e Crapouillot. Inglaterra contou con destacados caricaturistas, todos eles herdeiros de Thomas Rowlandson (1756-1827); Rops e Ensor sobresaíron en Bélxica na segunda metade do s XIX; e Alemaña deu no primeiro terzo do s XX a figura de Grosz e os debuxantes de Simplicissimus e Jugend. En España, Goya destacou como caricaturista e no...

      1. Imitación ou representación carente de valor que se fai dalgunha cousa.

      2. Texto que reflicte de forma degradada calquera realidade para ridiculizala.

    2. Persoa ou cousa que constitúe unha copia simple e degradada doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático. Participou na campaña de Arxel (1775) co duque de Crillon, e na recuperación da illa de Menorca (1781), da que despois foi nomeado gobernador. Foi ascendido e destinado como tenente xeneral á Capitanía Xeneral de Galicia. En 1786 foi o encargado de fixar os límites franco-españois na zona de Navarra. A consecuencia do seu coñecemento da zona, durante a guerra contra a Convención francesa de 1793 entregóuselle o mando do exército localizado en Euskadi e Navarra. Ante o ataque francés propuxo un cambio nas operacións, que foi rexeitado polo goberno de Madrid, feito que provocou a súa dimisión. En 1801 trasladouse a València para sufocar os levantamentos populares. Loitou activamente durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e foi ascendido a capitán xeneral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudiou nas universidades de Santiago de Compostela, Barcelona, Madrid, Pisa, Roma e a Sorbonne. Doutorouse en Dereito, Ciencias Políticas e Economía e licenciouse en Filosofía e Letras. Exerceu como catedrático de Dereito Mercantil en Santiago de Compostela e como profesor extraordinario da Escuela Social de Madrid. Reformou a Seguridade Social e o Mutualismo Laboral español ao ampliar e unificar todos os seguros sociais e ao implantar o seguro obrigatorio de enfermidade. Foi deputado en Cortes, presidente do Instituto Nacional de Previsión (INP), do Instituto de Medicina, Higiene y Seguridad en el Trabajo, do Instituto Social de la Marina e conselleiro do Banco de España e do Consejo Nacional de Prensa, Radio y Televisión. Autor de numerosos traballos sobre sociedades mercantís, dereito aéreo, dereito marítimo, cooperativismo e seguros sociais, fundou a Revista de Derecho Mercantil, a Revista de Derecho Marítimo e a Revista de Derecho del Trabajo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Realizou en 1784 dúas estatuas do Apóstolo Santiago por encargo da fábrica da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Membro dunha familia de artistas, o seu pai Federico Caulonga foi mestre na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela. Pertenceu, entre outros, ao círculo artístico de Camilo Díaz, Francisco Asorey e Xosé Aldrey. Entallador e labrador da pedra, colaborou no taller de Asorey e no de Magariños. En Santiago de Compostela destaca o conxunto escultórico que decora un capitel da rúa do Vilar, cunha figura sedente do apóstolo Santiago entre o Mestre Mateo e a raíña peregrina Isabel de Portugal. Durante os anos vinte colaborou con Antonio Palacios en diferentes construcións, como as do Palacio de Correos y Comunicaciones e o Círculo de Bellas Artes, ambos os dous en Madrid, cidade na que residiu algúns anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xesuíta. Discípulo de Galileo, foi catedrático de Astronomía en Boloña e introduciu os logaritmos en Italia. Da súa obra destaca Geometria indivisibilium continuorum nova quadam ratione promota (Nova xeometría dos indivisibles continuos con algún cálculo resolto, 1635) e Exercitationes geometricae sex (Seis exercicios xeométricos, 1647), estudo no que estableceu a teoría dos indivisibles e expuxo o seu gran descubrimento: a conexión que existe entre a diferenciación e a integración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en 1911 por un grupo de obreiros ferroláns, empregados da construción naval, que tiña como finalidade a mellora social mediante un incremento gradual do nivel cultural. Nesta institución destacaron diversos persoeiros republicanos, como Santiago de La Iglesia ou Federico Barinaga, e coñecidos dirixentes socialistas, como os fundadores Emilio Ceniza e Saturnino Hermida; o deputado nas Cortes constituíntes da República, Afonso Quintana; e o seu último presidente, Antonio García. Con 600 traballadores asociados na Segunda República organizou conferencias, excursións, certames e, sobre todo, destaca a súa biblioteca, que chegou a ter consideración de “pública”, provista con máis de cinco mil volumes. Co golpe militar de xullo de 1936 interrompeuse o seu labor, clausurouse o local e expropiouse a biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultivo dos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte máis estreita do tronco do ser humano baixo a caixa torácica.

      2. cintura abdominal/cintura pelviana

        Arco óseo propio dos vertebrados, de estrutura moi simple nos peixes, nos que é libre; situado entre a musculatura ventral, está constituído por un óso de tipo endocondral e non está relacionado coa columna vertebral. Nos crosopterixios aparecen bosquexos do que ten que ser a cintura pelviana nos tetrápodos. Nos vertebrados superiores e, polo tanto, no ser humano, está formada polos ósos ilíacos e o sacro.

      3. cintura escapular/cintura torácica

        Anel óseo propio dos vertebrados constituído nos peixes por unha peza esquelética relacionada co cranio, formada por un óso de tipo endocondral e reforzada por un óso de membrana. Nos tetrápodos e, polo tanto, no ser humano, está formada por tres ósos pares: o torácico (que nos mamíferos se chama clavícula), a omoplata (escápula) e o óso coracoide (que nos mamíferos só subsiste como unha apófise da omoplata e serve de sostemento ás extremidades superiores).

    1. Parte dun vestido correpondente á cintura do corpo. Ex: O vestido aínda hai que axustalo máis na cintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Vigo o 12 de marzo de 1891 co nome de Centro de Instrución Mercantil. En 1904 tomou a denominación de Círculo Mercantil e Industrial; en 1951, a de Círculo Recreativo Mercantil e Industrial e en 1965, a de Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo. O seu primeiro presidente foi José A. Priegue e, dende 1996, ocupa a presidencia Manuel Vila Ruibal. Naceu como unha asociación que reunía os comerciantes da época. Os seus fins son a promoción de actividades culturais, recreativas e deportivas para os seus socios, sen ánimo de lucro. Agás un período no que se situou no desaparecido Teatro Rosalía Castro, dende o seu nacemento tivo a sede na rúa do Príncipe, inaugurada polos reis Afonso XIII e Victoria Uxía o 28 de setembro de 1927. Nestas instalacións están as oficinas, o salón rexio, a cafetería, a sala de xogos e billar, o ximnasio e a biblioteca, a primeira que se informatizou en Galicia e que conta con 30.000 volumes, ademais de revistas, xornais e servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de cultivo dos cítricos. As variedades máis cultivadas son a laranxeira (coas variedades do grupo navel), a laranxeira mandarina (coas variedades do grupo satsuma e clementina), o limoeiro e o pomelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cubrir ou de cubrirse.

      1. Cousa empregada para cubrir algo.

      2. Capa ou baño, xeralmente de xarope ou chocolate, co que se cobre un pastel.

      1. Alcance territorial dun determinado servizo ou medio de comunicación. Ex: Traballei un ano nun canal de cobertura local. O meu teléfono non ten cobertura no estranxeiro.

      2. Conxunto de prestacións que recolle o contrato dun seguro ou outro servicio. Ex: O seguro do meu coche non ten cobertura en caso de roubo.

      1. Metálico, divisas ou outros valores que serven como garantía para a emisión de billetes de banco ou outras operacións financeiras ou mercantís.

      2. cobertura de risco

        Relación entre o valor do que cobre o seguro e o valor da mercadoría ou operación da que é obxecto.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de adornos virtuosos sobre unha melodía. Típica do bel canto italiano e practicada desde as orixes da monodia florentina, chegou ao seu punto álxido no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de cultivo que se basea na existencia simultánea de plantas de diversos cultivos nun mesmo campo, de xeito que un deles sirva como apoio dos outros. É típico dos países mediterráneos e das áreas de solo húmido ou de regadío. Dáse normalmente en pequenas explotacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría de pombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Literatura escrita en lingua inglesa por autores dos países membros da Commonwealth of Nations. Orixinada nos sistemas educativo e administrativo impostos por Reino Unido nas súas colonias, alcanzou o seu recoñecemento cando estas recobraron a súa independencia, a partir dos anos cincuenta e sesenta do s XX. Está escrita, sobre todo, por autores indíxenas pertencentes ás elites occidentalizadas e ten un carácter híbrido, xa que emprega o inglés pero desenvolve temas tradicionais, históricos, sociais e culturais autóctonos, a miúdo críticos cos valores occidentais. Os países máis representativos pola importancia da súa cultura autóctona son: a India e algunhas nacións africanas como Nixeria, Ghana, Kenya, Uganda, Tanzania e Malawi. A diversidade do proceso colonial nos diferentes países africanos está patente na temática política, máis ou menos reivindicativa. Na India, o dualismo cultural do escritor indio en lingua inglesa plásmase na gran variedade de temas literarios empregados, situados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....

    VER O DETALLE DO TERMO