"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

    1. Sacar os parafusos do lugar no que están colocados facéndoos xirar.

    2. Quitar os parafusos dun obxecto que estaba suxeito con eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha persoa deixe de crerse superior aos demais.

    2. Deixar alguén de crerse superior aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar as lousas dun lousado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar as lousas dun lousado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desusar ou desusarse.

    2. Que é raro ou pouco frecuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar de utilizar unha cousa.

    2. Caer algo en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeiro xornal editado en Barcelona. Fundado por Pedro Ángel Tarazona, publicouse nunha primeira etapa entre o 7 de xaneiro e o 30 de abril de 1762, e presentaba unha estrutura semellante á do Diario de Madrid. Reapareceu o 2 de xuño de 1772 e desapareceu definitivamente o 30 de maio de 1773. Coñeceuse popularmente co nome de Diari d’En Tarassona. Dos seus obradoiros tipográficos saíron un total de 53 números.

    2. Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto. As deidades máis salientables do hinduísmo son as śakti -potencia divina ou poder inmanente, a miúdo identificado coa deusa suprema ou Gran Deusa-, relacionadas con Śiva -un dos deuses da trindade posvédica, xunto con Vishnu e Brahmā-, entre as que destacan Kālī e Durgâ. As diversas denominacións das divindades femininas da Antigüidade son: a boa deusa, como caracterización de Cibeles; a deusa nai, como representación, moi estendida no Mediterráneo Oriental (Exipto, Fenicia, Frixia e Grecia), da fecundidade vexetal, animal e humana (Isis, Cibeles, Rea, etc); e a gran deusa, como cualificación de pertenza ao grupo dos deuses de máis alta categoría (Afrodita, Hera, Atenea, Ártemis, Deméter, etc). En numerosas mitoloxías, principalmente a grega e a romana, permitíaselles aos deuses casar con mortais -aínda que estes se visen obrigados por isto a vivir menos tempo-...

    3. Ser supremo. OBS: Escríbese en maiúscula cando se emprega como nome propio.
      Concepto de Deus
      O concepto de Deus, nacido como resposta ao misterio da existencia (percibido con inquietude polo home), pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou pola contra, pode atribuírse ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo). Esta variedade de posibilidades de aplicación do termo faino susceptible de recibir as máis diversas significacións que, incluso, poden contrapoñerse unhas ás outras, feito que implica a imposibilidade de definilo segundo unha expresión única, clara e determinada. Non obstante , o deus das relixións monoteístas, creador do universo, independentemente da tradición cultural na que se enuncie, reúne na súa natureza algunhas características ineludibles: infinidade, unidade e simplicidade. Escolas filosóficas como a de Viena afirman a existencia inicial dun monoteísmo moi rudimentario que derivaría en...

    4. Persoa ou cousa pola que se sente especial admiración e veneración. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “O deus do usureiro é o diñeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto. As deidades máis salientables do hinduísmo son as śakti -potencia divina ou poder inmanente, a miúdo identificado coa deusa suprema ou Gran Deusa-, relacionadas con Śiva -un dos deuses da trindade posvédica, xunto con Vishnu e Brahmā-, entre as que destacan Kālī e Durgâ. As diversas denominacións das divindades femininas da Antigüidade son: a boa deusa, como caracterización de Cibeles; a deusa nai, como representación, moi estendida no Mediterráneo Oriental (Exipto, Fenicia, Frixia e Grecia), da fecundidade vexetal, animal e humana (Isis, Cibeles, Rea, etc); e a gran deusa, como cualificación de pertenza ao grupo dos deuses de máis alta categoría (Afrodita, Hera, Atenea, Ártemis, Deméter, etc). En numerosas mitoloxías, principalmente a grega e a romana, permitíaselles aos deuses casar con mortais -aínda que estes se visen obrigados por isto a vivir menos tempo-...

    2. Ser supremo. OBS: Escríbese en maiúscula cando se emprega como nome propio.
      Concepto de Deus
      O concepto de Deus, nacido como resposta ao misterio da existencia (percibido con inquietude polo home), pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou pola contra, pode atribuírse ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo). Esta variedade de posibilidades de aplicación do termo faino susceptible de recibir as máis diversas significacións que, incluso, poden contrapoñerse unhas ás outras, feito que implica a imposibilidade de definilo segundo unha expresión única, clara e determinada. Non obstante , o deus das relixións monoteístas, creador do universo, independentemente da tradición cultural na que se enuncie, reúne na súa natureza algunhas características ineludibles: infinidade, unidade e simplicidade. Escolas filosóficas como a de Viena afirman a existencia inicial dun monoteísmo moi rudimentario que derivaría en...

    3. Persoa ou cousa pola que se sente especial admiración e veneración. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “O deus do usureiro é o diñeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Letargo ou parada no desenvolvemento dun organismo durante a estación fría, as máis das veces, produto dunha adaptación da especie a condicións de alimentación ou temperatura adversas. Tamén pode constituír nalgúns insectos, de producirse unha vez completado o desenvolvemento larvario, unha adaptación para sincronizar a aparición dos adultos de toda a poboación, o que favorece a coincidencia dos sexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de información xeral editado a partir do 24 de febreiro de 2001 en Vilagarcía de Arousa. Forma parte do grupo editorial La Capital S L, integrado ademais por El Ideal Gallego, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixido por Antón Xil Alcántara, como diario que inclúe tamén información comarcal, abrangue unha área que comprende as comarcas e concellos de Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, O Grove, O Salnés, Caldas-Umia, Pontevedra e O Barbanza. Das 64 páxinas que contén, 48 delas inseren novas de carácter comarcal. Ten unha tiraxe media de 7.500 exemplares e unha estimación aproximada de 30.000 lectores diarios. Ademais do suplemento deportivo dos martes, dedicado a equipos xuvenís e infantís da comarca, edita todos os domingos “O Salnés Siradella”, onde inclúe información de carácter social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Siracusa 409? a C - 354 a C) Tirano de Siracusa (357-354 a C). Discípulo de Platón, contou coa confianza de Dionisio I o Vello, pero foi desterrado ao Peloponeso por Dionisio II o Novo, quen estableceu un réxime autocrático. Regresou, e coa axuda de mercenarios gregos ocupou Siracusa (357 a C) e destronou a Dionisio II o Novo. Tropezou coa hostilidade dos poderosos e do pobo a causa dos impostos. Morreu asasinado por Calipo, xefe do partido popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Siracusa (405 a C-367 a C). Coñecido como Dionisio o Vello, foi membro do estado maior nunha campaña contra os cartaxineses e, nomeado xeneral, estableceu a tiranía. Gobernou de xeito autocrático e centralista, liberou a numerosos escravos e reorganizou o exército e a flota. Impulsou as obras urbanas e de fortificación da cidade. Integrou no seu exército a mercenarios de diversas orixes (galos, cámpanos e iberos) e derrotou os cartaxineses no 397 a C e no 393 a C. Conquistou e destruíu as cidades gregas da Liga Italiota, agás Tarento, e fundou colonias no Adriático. Derrotado polos cartaxineses no 370 a C, perdeu boa parte dos seus territorios. Protexeu tamén a vida cultural e escribiu traxedias. Probablemente morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Siracusa, fillo de Dionisio I o Vello. Coñecido como Dioniso o Novo, deixou o goberno en mans do seu cuñado Dión de Siracusa, pero máis tarde enfrontouse con el e obrigouno a exiliarse (360 a C). Dión conquistou Siracusa (357 a C) pero foi asasinado e Dionisio recuperou o poder ata que foi destronado por Timoleón, que tiña a axuda das cidades gregas de Sicilia. Retirouse a Corinto. Escribiu poemas e obras filosóficas e foi un mecenas das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cristais que recobren a superficie plana ou convexa dalgúns materiais xeolóxicos.

    2. Conxunto arredondado de cristais microscópicos, as máis das veces de oxalato cálcico, que aparecen nalgunhas células.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar checheno. Foi deportado moi novo a Kazakhstán coa súa familia. Capitán na Alta Escola Militar de Aviación, serviu como oficial do Exército do Aire ruso e posteriormente á fronte dunha división de bombardeiros aéreos en Estonia, onde acadou o grao de xeneral de división. En 1990 abandonou o exército soviético e fundou o partido Congreso Nacional do Pobo Checheno (CNPCh). Despois de gañar as eleccións de outubro de 1991, co 85% dos votos, o 1 de novembro proclamou a independencia da República dos Chechenos e dos Inguxos. Cando en novembro de 1994 as tropas rusas invadiron o país, converteuse en xefe da resistencia chechena e no obxectivo principal do exército ruso. Morreu víctima dun mísil ruso, lanzado trala súa localización física a través dunha chamada telefónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República de Taxikistán (524.000 h [1994]). É un importante núcleo industrial, onde destacan as industrias mecánicas e o sector téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Discípulo de Adriaen van Ostade, realizou escenas campesiñas cunha tendencia á caricatura. Entre as súas obras destacan O fumador e O charlatán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado belga. Foi burgomestre da súa cidade natal (1927-1947), conselleiro provincial (1933-1936), deputado (1944-1949) e senador (1949-1965). Designado ministro de Economía (1947-1950), foi primeiro ministro (8.6.1950-16.8.1950) e constituíu un goberno socialcristián que preparou o retorno do Rei Leopoldo III. Volveu ao goberno como ministro de Economía (1952-1954). Contribuíu á creación do Benelux e foi vicepresidente do Parlamento Europeo (1964-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Somozas baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de endeusar ou endeusarse.

    2. Que ten ou implica endeusamento.

    VER O DETALLE DO TERMO