"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago da costa pacífica de América do norte, Alasca, EE UU. Esténdese de N a S dende o Cross Sound ata a Dixon Entrance e está formado por unhas 1.000 illas, de relevo abrupto e costas moi recortadas. As illas principais son Baranof, Chicagof, Admiralty, Kupreanof, Prince of Wales e Revillagigedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Benedictino francés. É autor do Traité générale des horloges (Tratado xeral dos reloxos, 1734), primeiro tratado francés da especialidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista haitiano de lingua francesa. Seguidor da corrente indixenista. Autor, entre outras, das novelas Compère général soleil (1955), Les arbres musiciens (1956) e Romancero aux étoiles (1960) no que, cun estilo rico e poético, trata a situación social do home negro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Banco de terra ou de area que se forma no litoral, na desembocadura dun río ou preto dun porto e que posteriormente pode dar lugar a un cordón litoral e, ao longo do tempo, a unha albufeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intérprete e definidor do fiqh ou dereito canónico musulmán. Nos primeiros tempos do Islam, os alfaquís, denominados mu ǧ tahid, decidiron as cuestións do dereito baseándose na xara ou lei do Alcorán e na suna ou tradición. Os casos non previstos nestas dúas fontes resolveranse por medio do razoamento (ra’y), o consentemento da comunidade (i ǧ mã’) e a casuística (qiyãs). Aceptada a obra dos fundadores das catro escolas ortodoxas do Islam (hanbalita, xafeïta, hanafita, malikita), as disposicións comúns eran obrigatorias para todos os musulmáns, mentres que os privativos de cada escola habían de ser aceptadas polos seus seguidores. A partir do s XIX un grupo de alfaquís reformistas, encabezados polo muftí Mu ḥ ammad‘Abduh decidiron que había que volver ás fontes directas para chegar a novas solucións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
David Alfaro Siqueiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘ladrón’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘roubar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Vendiense (anteriormente Precámbrico) descrita no escudo canadiano e datada entre 800 e 500 M a. O Algonquino está constituído por xistos, cuarcitas, calcarias, ollo de sapo (gneis) e micas. Divídese en dous pisos, o Huroniano (inferior) e o Keweeneano (superior). En Galicia os xistos das series de Ordes e de Vilalba pertencen a esta unidade xeolóxica.
-
-
Relativo ou pertencente aos algonquinos.
-
Individuo dalgunha das diversas tribos algonquinas.
-
Conxunto de tribos amerindias que se espallaron, a partir da zona que circunda a baía de Hudson, por América do Norte; na actualidade localízanse ao L da cidade de Otawa (Canadá) e nalgúns territorios dispersos dos EE UU. O seu nome provén da familia lingüística algonquina, que comprendía as tribos dos cree, ojibwa, cheyenne, etc. A expansión dos iroqueses dividiu os grupos algonquinos, división que explica as variacións que se observan na súa cultura. Nunha primeira fase do seu desenvolvemento cultural e socioeconómico, baseaban a súa economía na recolección, a pesca e a caza (basicamente do reno). A segunda fase, notoria entre os delaware e os mohicanos, combinaba a caza coa agricultura. A terceira fase, que afectou fundamentalmente ás tribos cheyenne, blackfoot, arapaho e atsina, caracterizouse pola caza a grande escala do bisonte.
-
-
Relativo ou pertencente á lingua falada polos algonquinos.
-
Familia de linguas da zona do subártico americana, actualmente todas en vías de extinción, da que se descoñece a filiación con outros grupos lingüísticos (segundo diversas hipóteses non sería nin sequera amerindia). Está formada por un conxunto de dialectos entre os que cómpre destacar os seguintes: o cree, o ojibwa, o micmac e o malecite no leste subártico; o fox e o potawtomi nas Pradeiras Centrais; o blackfoot, o cheyenne e o arapaho nas Grandes Chairas; e o shawne e o delaware en Oklahoma. Con esta familia relaciónanse, de xeito indirecto, certas linguas faladas no sur e no leste de Norteamérica: choctaw-chickasaw e o creek-seminole da familia muskogean. Unha relación máis estreita establécese con algunhas linguas illadas da costa noroeste como o wiyot e o yurok (case extintas). As linguas algonquinas son linguas flexionais que distinguen...
-
Lingua da familia lingüística algonquina.
-
-
Relativo ou pertencente ao Algonquino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Huelva, Andalucía, na comarca da Tierra Llana (9.587 h [1996]). A súa proximidade á capital provincial (7 km) converteuno nunha área de expansión periurbana, experimentando un grande incremento demográfico nos últimos anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e notario de Lalín. Publicou Estudios elementales de Economía Política (1874), Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político (1875), Las huelgas de los obreros (1886), polo que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas, El Estado y las clases obreras (1894), galardoada co mesmo premio, e Las grandes propiedades rústicas en España (1912), que recibiu o Premio do Conde de Toreno.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Colchón feito con palla, herba seca ou semellante.
-
Manta dobrada en forma de almofada para deitarse enriba.
-
-
-
Conxunto de follas acompañado de datos astronómicos, prognósticos meteorolóxicos e datos das festas e feiras e, tamén, a miúdo de traballos de creación en prosa e en verso. Nos antigos almanaques, o comentario do paso das estacións orixinou consellos de agricultura, de medicina caseira, etc; por outra parte, o costume de incluír nel predicións deu lugar á sátira política. Chegou a dar, no s XVIII, por evolución, recompilacións estritamente literarias. A modalidade do almanaque literario xurdiu en Alemaña pola iniciativa de Goethe e Schiller. Coa difusión da imprenta, os almanaques foron calculados por períodos limitados, ata converterse en anuais. O máis coñecido foi o Lunario o repertorio de los tiempos, editado en castelán en 1553. Avanzado o s XIX proliferaron os almanaques literarios. Os actuais conteñen datos sobre os días e meses do ano, celebracións, festividades, sentencias, refráns, datos meteorolóxicos e agrícolas, etc. Popularizáronse coa invención da imprenta e a partir...
-
almanaque náutico
-
almanaque aéreo
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación gratuíta en galego aparecida en 1953, destinada aos labregos, con información e publicidade da empresa química Zeltia SA do Porriño. Contiña datos sobre predicións do tempo, fases da lúa, traballos agrícolas, enfermidades de plantas, medidas agrarias, emprego de insecticidas ZZ, e datas e lugares de feiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no Ferrol en 1905 e fundada por Leandro Saralegui e Medina. Cesou aproximadamente aos dez anos de saír. Colaboraron nela: Santiago da Iglesia, Rodrigo Sanz, Aurelio Ribalta e Andrés Martínez Salazar. No primeiro número, dedicado ao ano 1906, publicáronse artigos sobre a sociedade familiar galega, de Damián Isern, a pesca do congro, de Martínez Salazar, a figura de Vicetto segundo Aurelio Ribalta e outras informacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación cultural nada en 1858 editada por Manuel Soto Freire, continuación do Calendario de Galicia. En 1865 pasará a chamarse Almanaque de la juventud elegante y de buen tono para 1865. Colaboraron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e Clara Corral, xunto con Xoán Cuveiro, López de la Vega, Moreno Astray, Manuel Murguía, Villamil e Castro e outros. Apareceron publicadas El Cadiceño e Las Literatas de Rosalía, Saudades de X. B. Amado e outras obras onde a muller é a protagonista literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no Ferrol en 1891 que contiña poemas en castelán e contos populares en galego recollidos por Lisardo R. Barreiro na sección “Doce Contos”.
VER O DETALLE DO TERMO