"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Dor localizada na cabeza. Aplícase a calquera dor cranial sen incluír as da cara, a farinxe ou a rexión cervical. Caracterízase por unha sensación de peso, golpes repetidos e violentos, pulsacións, ardor e picaduras, entre outros síntomas. Trátase dun síntoma moi común, ocasionado por trastornos moi diversos, aínda que con frecuencia de pouca gravidade. Os tipos máis importantes son: a xaqueca, a cefalea histamínica de Horton, a cefalea de tensión e a cefalea que aparece como consecuencia de enfermidades neurolóxicas ou doutras enfermidades como sinusite, trastornos oculares, febre, insuficiencia respiratoria hipercápnica, hipertensión arterial e arterite temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral fundado na Universidade Laboral de Ourense pola profesora Ánxeles Cuña no ano 1977. Unha das maiores novidades deste grupo foi a integración do traballo de alumnos e profesores que participaban por igual en labores técnicos, de produción ou de interpretación. Ata o ano 1989 denominouse Escolásticos Feroches e, a partir de 1990, adoptou o nome de Tarumba. Entre as montaxes realizadas destacan Asamblea xeral, de P. Enciso e Lauro Olmo (1978); O principiño, de S. Exupéry (1979); A cantante calva, de E. Ionesco (1990); Exercicios de estilo, de R. Queneau (1994); e O maleficio da bolboreta e Así que pasen cinco anos, ambas de F. García Lorca (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ruído coa choca. Ex: A vaca ía choqueleando e movendo o rabo.

    2. Facer ruído algunha cousa que se move cando debería estar axustada. Ex: As chancas choqueleábanlle nos pés.

    3. Tocar un instrumento de música que está desafinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta do xénero Centaurium da familia das xencianáceas, de ata 30 cm de altura, de flores pentámeras xeralmente de cor rosácea, cos estames insertos preto do ápice dos pétalos. En Galicia están presentes as especies: C. chloodes, en terreos areosos do litoral; C. erythraea, en pastos secos e matogueiras; C. maritimum, en lugares areosos e de flores amarelas; C. pulchellum, en lugares enchoupados temporalmente e prados húmidos; C. scilloides, en lugares húmidos; C. spicatum, en prados húmidos do litoral; e C. tenuiflorum, en lugares areosos.

    2. Herbácea anual de ata 40 cm de altura, de cor verde clara, follas triangulares opostas e soldadas na base e corola amarela de entre 6 e 12 lóbulos. Está presente en Galicia en rochedos e areias, principalmente costeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das asteráceas ao que pertencen as arzolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo sementado de centeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade métrica de superficie que equivale á centésima parte dunha área e, polo tanto, a un metro cuadrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en Ribadavia (1974-1976) que aglutinou o grupo Antroido, de Santiago de Compostela; Auriense, de Ourense; Avantar, do Carballiño; Candea, de Noia; O Facho e Teatro Circo, da Coruña; Francisco Lanza, de Ribadeo; Martin Codax e Rosalía de Castro, de Vigo; e Valle-Inclán, de Lugo. Entre os obxectivos desta iniciativa estaban, segundo M. Lourenzo e F. Pillado, un uso exclusivo do galego, o entendemento da función social do teatro, a consecución duns niveis artísticos dignos, a descentralización, a profesionalización e o desenvolvemento dunhas infraestruturas teatrais. Esta plataforma sería un dos alicerces para a formación en 1977 da efémera Asemblea do Teatro Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro fundado no ano 1997 e dirixido por Mar Nogueira. Ten como obxectivos a reconstrución histórica de todas as actividades e espectáculos que realiza o IGAEM, a conservación do material e a creación dunha base documental. Entre as súas actividades tamén está a formación dunha biblioteca especializada de teatro, música e danza, destinada a arquivar tanto material escrito como gráfico e mesmo elementos visuais, como maquetas ou carteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural situada en Santiago de Compostela. Dedicada ao mundo das artes plásticas e visuais, combina a súa actividade como centro de exposicións e sede dunha colección permanente. O seu primeiro director foi Antón Pulido, ao que sucederon Gloria Moure e Miguel Fernández-Cid. Ademais, o centro está rexido por un padroado presidido por José Luis Méndez López. Inagurouse en setembro de 1993 cunha mostra de Maruja Mallo. O edificio, obra de Álvaro Siza (1988-1993), sitúase nun enclave histórico significativo, próximo ao mosteiro de San Domingos de Bonaval e na entrada do Camiño Francés. O seu deseño está marcado por unha estética austera de liñas horizontais, nas que a presenza das placas de granito que cobren o exterior axudan a integrar a construción no contexto da cidade histórica de Santiago de Compostela. Desde o vestíbulo principal accédese ás salas de exposicións, ao auditorio e á biblioteca. Organízase en catro alturas: o soto onde se sitúa a colección permanente, a planta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha que acada os 25 mm de diámetro, de cor amarela, rosada, laranxa ou violácea, e que presenta ata cinco bandas espirais negras. A especie C. nemoralis vive en bosques, xardíns e áreas pedregosas de toda a Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e decoradores franceses. O iniciador da estirpe foi Jacques Androuet du Cerceau o Vello (París 1510?-Annecy 1585?). Da súa obra arquitectónica non se conserva nada. Realizou gravados nos que representou de forma compilada motivos decorativos, deseños de mobles, deseño de vivendas urbanas e planos arquitectónicos. Introdutor dun repertorio manierista, a súa obra teórica influíu notablemente nos modelos arquitectónicos da Francia do s XVII. Escribiu o Livre d’Architecture (Libro de arquitectura, 1559) e Les plus excellents bastiments de France (As construcións máis notables de Francia, 1576-1579). Jean Baptiste Androuet du Cerceau (París 1545?-1590?), fillo de Jacques o Vello, foi nomeado arquitecto ordinario do rei en 1584. Trazou o Hôtel Lamoignon (1584) e probablemente proxectou o Hôtel d’Angoulême de París (1584). Participou nos proxectos de renovación urbanística de París coordinados por Enrique IV, dirixiu a construción da Pont Neuf...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á deusa Ceres.

      2. Aplícase ás festas que se celebran en honor a Ceres.

      1. Planta pertencente, en xeral, ás familias das poáceas e poligonáceas, que produce sementes das que se poden obter fariñas panificables. A selección realizada por parte do home ao longo dos tempos fixo que estas herbáceas sexan todas anuais e ofrezan máis e maiores froitos, con espigas máis resistentes, o que facilita a súa recolleita. Os cereais constitúen o grupo máis importante de plantas cultivadas debido, sobre todo, ao seu rendemento e valor alimentario, así como á súa facilidade de almacenaxe. Os máis importantes son: a avea, o centeo, o orxo e o trigo (orixinarios do interior de Asia e do Mediterráneo); o arroz (orixinario do sudoeste de Asia), o millo miúdo e o sorgo (de rexións áridas de Asia oriental, India e África) e o millo (de América central e México). A parte máis importante da produción destínase á alimentación (consumo directo dos grans, de produtos elaborados ou de subprodutos). Interveñen nos procesos de transformación e elaboración as industrias fariñeiras e de pasta,...

      2. Semente dos cereais. Constitúe unha das bases da alimentación humana desde o Neolítico. Aínda que as substancias nutricias están tanto no tegumento coma no mesmo gran, adoitan consumirse descascados. Existen dúas formas de consumo que enriquecen o almorzo: os cereais para o almorzo, cocidos ao vapor, esmagados e torrados, ás veces con mel, azucre ou vitaminas, que facilitan a dixestión; e o müesli, que procede do norte e centro de Europa e que consiste nunha mestura de cereais cocidos, uvas pasas, abelás, améndoas, etc, á que se lle pode engadir froitas, azucre e mel. OBS: Emprégase habitualmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cereal ou aos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cultivo e á produción de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao cultivo de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO