"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Movemento relixioso dos mormóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coexistencia nun individuo de dúas ou máis liñas celulares con dotación cromosómica diferente, a causa dun fallo nas divisións mitóticas do embrión. Ás veces, orixina liñas celulares anormais que formarán parte dos diversos órganos do individuo segundo a súa diferenciación posterior, despois do fallo nas primeiras divisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de leis, de ritos e de institucións que Deus revelou ao profeta Moisés para o pobo de Israel e a súa lexislación. Estas atribucións literarias a Moisés están nos libros do Pentateuco e na autenticidade histórica dos primeiros capítulos da Xénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte que se practica coa motocicleta. O motociclismo tivo as súas primeiras manifestacións en Francia e en Inglaterra, a finais do s XIX. A primeira carreira celebrouse en Francia (1896), cando oito competidores cubriron a distancia de ida e volta entre París e Nantes. Unha das primeiras competicións reguladas pola Federación Internacional Motociclista (FIM), creada en 1904, foi o Tourist Trophy, na illa de Man (1907). Pódense clasificar as diferentes probas motociclistas seguindo variados parámetros, se ben os máis utilizados son fundamentalmente catro: o tipo de pilotaxe, o lugar onde se desenvolve a proba, as características da moto e a cilindrada da mesma. Así, distinguimos entre carreiras de velocidade (xeralmente en circuíto), probas de resistencia, de regularidade e competición sobre terreo accidentado, na dobre posiblidade de velocidade (motocróss) e habilidade (trial). A principal competición de velocidade é o campionato do mundo de pilotos e de marcas, organizado pola FIM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte en que se emprega un vehículo de motor, xeralmente unha motocicleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xente moura, especialmente en multitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trazo lingüístico propio da lingua mozárabe.

    2. Elemento artístico propio da arte mozárabe.

    3. Conxunto de características socioculturais dos mozárabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • plurilingüismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pluripartidismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de multivoltino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema político que pretende a maior autonomía posible para os municipios.

    2. Descentralización da administración pública en favor dos municipios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de técnicas pitóricas de decoración desenvolvidas sobre o propio muro ou sobre un soporte de lenzo, táboa ou papel, empregado para a decoración mural.

    2. Movemento artístico xurdido en México en 1910, como defensor dunha arte pública, popular e revolucionaria. Impulsado polo secretario de Educación, José Vasconcelos, foi apoiado polo Sindicato de Trabajadores Técnicos, Pintores y Escultores (1922). Rexeitaba a dependencia artística de Europa e o emprego do cabalete e caracterizouse pola produción de obras monumentais que retratasen a realidade do país, revalorizando o seu pasado aborixe, as loitas sociais e os aspectos característicos da súa historia. Empregouse como decoración en hospitais, bibliotecas e edificios gobernamentais, especialmente durante a Revolución Mexicana. Desde 1930, estendeuse a outros países de América. Os representates máis destacados foron Diego Rivera, José Clemente Orozco e David Alfaro Siqueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo numismático inaugurado en 1996 no salón de Cultura do Concello de Lobios. A súa colección, composta por máis de 300 pezas arqueolóxicas e numismáticas, pertencen integramente á colección privada de Jaime Paz Bernardo. Na mesma sala da exposición tamén se expoñen un gran número de cadros baixo o tema “Lobios y sus pueblos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da evolución formulada por Hugo de Vries en 1900, que expresa que os seres vivos evolucionaron mediante unhas grandes mutacións inesperadas aparecidas en liñas puras, sen intervención da selección natural nin da herdanza dos caracteres adquiridos. A teoría do mutacionismo foi reforzada polas leis de Mendel, que explican o mecanismo mediante o que as mutacións se poden combinar e transmitir á seguinte xeneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude adoptada, por motivos éticos ou por causas patolóxicas, que consiste en non falar nin responder a ningunha pregunta.

    2. Feito ou actitude de estar calado, xa sexa de modo voluntario ou imposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de prestacións mutuas que é a base da mutualidade. Tras a disolución oficial dos gremios do Antigo Réxime en 1834, as clases obreiras quedaron desprotexidas nos casos de enfermidade, morte ou inutilidade laboral. No seo destas capas sociais xurdiron, durante o mandato da Raíña Isabel II, unhas sociedades de socorro mutuo, instrución e recreo. En Galicia, entre outras, creáronse a Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos da Coruña (1841), o Círculo das Artes de Lugo (1855) e o Liceo Recreo de Artesanos de Ourense (1850). No Sexenio Revolucionario (1868-1874), os republicanos das diversas cidades galegas reformularon e ampliaron aquelas reivindicacións populares nas chamadas cooperativas de base múltiple, que atendían tanto as necesidades de socorro mutuo coma as educativas, e o cooperativismo de consumo e produción. En 1870 apareceu en Ferrol a Asociación de Trabajadores e, un ano máis tarde, rexistráronse colectivos semellantes en Santiago de Compostela e Vigo, que abranguían...

    2. Asociación entre individuos de dúas especies distintas de xeito que se beneficien ambas as dúas. Esta unión non é imprescindible para a supervivencia das dúas especies, de tal xeito que se esta unión se rompe, os dous individuos sobreviven.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideoloxía político-relixiosa que existiu en España durante o Franquismo, mediante a que a Igrexa admitía como lexítimo o réxime do xeneral F. Franco a cambio de que este acollera a doutrina católica como identificadora da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude política que deriva directamente do feito de atribuír, nun terreo ético-político, un valor moi alto ao feito nacional e á nación. As manifestacións variadas que esta actitude política tivo obrigan a falar de nacionalismos, e non de nacionalismo. Non ten o mesmo contido o nacionalismo que se pode detectar na Revolución Francesa ca o que existe nos países pouco avanzados sometidos a dominación colonial. Tampouco é o mesmo nacionalismo que manifesta e estimula o estado nación que aquel que, no interior do mesmo estado, poden manifestar nacións que foron sometidas e que se senten oprimidas. Nun primeiro momento, que se orixina no s XVIII, o nacionalismo tendía, basicamente, á construción de novos estados ou á loita pola independencia diante dos ataques exteriores. Aquí, o nacionalismo é xa máis ca un puro sentimento nacional, e non é tampouco reducible a un mero patriotismo. A Guerra da Independencia en España a comezos do s XIX fixo nacer un moderno nacionalismo español que se mantivo...

    2. Movemento de carácter literario xurdido en Europa ao redor do s XIX. Intimamente ligado ás cuestións políticas, contribuíu a forxar a idea de nación naquelas zonas do continente que aínda non contaban cunhas fronteiras perfectamente definidas. En plena crise das revolucións burguesas e coa aparición da industrialización e o triunfo dunha nova burguesía, xurdiu o movemento romántico, relacionado co ideario nacionalista e defensor da liberdade do individuo e da súa comunidade. Un dos principais expoñentes literarios foi o escritor inglés Lord Byron, quen morreu en Grecia en 1824 loitando contra os turcos pola independencia dun país que non era o seu. Outros escritores, como o francés J. A. Gobineau, quen vinculaba a idea de raza coa de nación, ou mesmo G. Mazzini e V. Gioberti en Italia, José de Espronceda en España, e J. A. Mieckiewicz en Polonia, tamén lideraron o movemento cultural e literario romántico e nacionalista nos seus respectivos países. Relacionado tamén co nacionalismo, cómpre...

    3. Movemento que xurdiu na música culta europea no s XIX que prescribía a inclusión nas obras musicais de elementos do folclore de cada país. Tivo unha especial forza en Rusia, co Grupo dos Cinco en Bohemia con B. Smetana, A. Dvořák e L. Janáček, en Hungría con B. Bartók e Z. Kodály, en Romanía con G. Enesco, en Polonia con F. F. Chopin, en Noruega con Greçieg, en Finlandia con J. Sibelius e en España con M. de Falla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías que foron propugnadas pola Falange Española e adaptadas polo réxime político rexido polo xeneral Franco. Implantou o totalitarismo estatal, o partido único e o sindicato vertical, unificando empresarios e traballadores, de afiliación obrigatoria e que formaba parte do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán, NSDAP) que, dirixido por Adolf Hitler, dominou Alemaña desde 1933 ata 1945. Creado a partir do Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Alemán, DAP), fundouno en xaneiro de 1919 Anton Drexler, e tomou un ano despois o nome de Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, coñecido como Partido Nazi. Na ideoloxía nazi manifestábase a influencia de autores e de correntes de pensamento heteroxéneas e a miúdo contraditorias: o racismo que deriva de Joseph-Arthur Gobineau e de Houston Stewart Chamberlain; a idea dun Terceiro Reich de A. Moeller van den Bruck; o comezo da apoloxía da violencia da guerra e da concepción do estado co estado maior do exército prusiano de Maquiavelo, Hegel, Johann G. Fichte, Schopenhauer e Nietzsche; e o antisemitismo que se fundamentaba en Die Protokolle der Weisen von Zion (Protocolos dos sabios de Sión). Hitler, na procura dun responsable...

    VER O DETALLE DO TERMO