"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Que constitúe unha carga, unha molestia ou un desgusto.

    2. Aplícase á persoa que resulta molesta polo seu comportamento caprichoso, esixente ou meticuloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco destinado ao transporte de mercadorías. Coa aplicación da propulsión mecánica á navegación, comezaron a construírse barcos de maior velocidade especializados no transporte de pasaxeiros mentres os máis lentos se destinaban á carga. Máis tarde dotáronse dunha marcha máis rápida e camarotes para pasaxeiros, xeralmente dunha soa clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do SO de Asia Menor, á beira do Mar Exeo. Limitaba ao N por Lidia e ao L por Licia e Frixia. Os montes máis importantes eran o Laturo ao O e o Fénix ao SL. O río Meandro servía de fronteira natural con Lidia e xunto cos seus afluentes, Marsias e Harsapo, formaba un val fértil con abundantes pastos nos que se centraba a produción. A rexión presenta costas moi recortadas con diversos accidentes xeográficos como o cabo Posidio, o golfo de Jaso, a península de Halicarnaso e o cabo Artemiso, e fronte a elas situábanse diversas illas, como Pátmos, Leros, Kálimnos e Rodas. Aínda que a orixe do pobo cario non está clara, sábese que utilizaban unha lingua propia, o cario, e que se relacionaban cos fenicios e exipcios. As súas cidades principais eran Mileto, Halicarnaso e Cnido. No s VI a C Caria estivo baixo o poder de Lidia e posteriormente de Persia, mentres que as comunidades independentes da costa formaron parte da confederación de Delos. No s IV a C, a satrapía de Caria, gobernada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Espírito Santo, no Brasil (302.073 h [1995]). Situada preto do litoral, nunha das primeiras rexións colonizadas do Brasil, é un importante centro mercantil cunha área agrícola na que destacan os cultivos tropicais de plantación como café, cana de azucre e algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de cariar ou cariarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ollo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atacar a carie unha peza dentaria ou un óso.

    2. Sofrer carie un óso ou unha peza dentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político hondureño. Estudiou dereito na Universidade Central e, logo de exercer a avogacía, ingresou na Academia Militar de Tegucigalpa. Participou na guerra contra Nicaragua en 1907 e ao ano seguinte foi elixido xefe militar da zona norte do país. Participou na fundación do Partido Nacional en 1923 e desempeñou o cargo de presidente da República (1932-1949), dende o que exerceu unha ditadura co apoio do exército. Sufocou revoltas liberais (1936-1937) e en 1941 declarou a guerra ao Eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatua feminina que substitúe o fuste dunha columna ou pilastra, do mesmo xeito ca o atlante. Aínda que se coñecen exemplos moi antigos como o pórtico do templo-palacio de Tall-Halaf (s XI? a C), o seu uso estendeuse fundamentalmente na antiga Grecia co tesouro de Delfos (s VI a C) e o Erecteion de Atenas (s V a C). O seu uso perdurarou en época helenística e romana, e utilizouse de novo na arquitectura renacentista, barroca e neoclásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monstro da mitoloxía grega que, xunto con Escila, impedía o paso nun estreito que debía ser atravesado por Ulises, identificado posteriormente co estreito de Mesina, entre Sicilia e Italia. Disfrazado de figueira, absorbía tres veces ao día a auga do mar e todo o que flotaba nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou ás linguas caribes.

    2. Individuo do grupo étnico dos caribes.

    3. Tribos amerindias que desde pouco antes do descubrimento de América ocupaban as Pequenas Antillas e parte das terras veciñas do continente, anteriormente poboadas polos arauacos. Os primitivos caribes insulares, que posuían trazos característicos da cultura amazónica, destacaron polo seu canibalismo e pola súa belicosidade nos primeiros contactos cos europeos. Desapareceron case totalmente das Antillas e os superviventes foron relegados por Francia e Inglaterra á Dominica e á illa de Saint Vincent. Mesturados coa poboación negra da illa, os denominados caribes negros foron deportados a Honduras no 1795, onde hoxe habitan uns 30.000. Actualmente o núcleo principal dos caribes localízase nas zonas montañosas das Guaianas e de Venezuela, na súa fronteira con Brasil. Tamén habitan na beira dos ríos Negro e Amazonas e nos Andes colombianos.

    4. Familia de linguas pertencente ao grupo je-pano-caribe. O seu centro de dispersión foi a rexión comprendida entre a conca alta do río Xingu e o río Tapajós, desde onde se estendeu ata a costa nordés do continente e ás Antillas. Está constituída por un centenar ou máis de falas, entre vivas e extinguidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • As Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Caribe ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo das Montañas Rochosas (1.006 m), ao O do Canadá, atravesado polos ríos Peace e Hay. Posúe importantes xacementos de cobre e ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Rangifer caribou, Fam dos cérvidos]

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás caricáceas.

    2. Planta da familia das caricáceas.

    3. Familia de árbores da orde das violais, integrada por unhas cincuenta especies de tronco groso, propias da América tropical. Pertencen a esta familia o babaco e a papaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artista cómico que realiza imitacións.

    2. Cantante baixo que representa papeis de bufón na ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación plástica de persoas, feitos, costumes e hábitos sociais consistente na deformación grotesca dos seus trazos máis característicos para producir un efecto cómico ou crítico, acompañada habitualmente de texto. Nos ss XIX e XX, púxose ao servizo da política e tomou forza en Inglaterra e Francia, e estendeuse por toda Europa. Francia foi a vangarda con artistas como Daumier, Doré, Gavarni, Steinlen, Gill, Caran d’Ache, Sem e Forain, ao final do s XIX e ao principio do s XX e, posteriormente, con Chaval, Siné e Wolinski. As principais revistas foron L’Assiette au Beurre, Le Rire, Le Canard Enchainé e Crapouillot. Inglaterra contou con destacados caricaturistas, todos eles herdeiros de Thomas Rowlandson (1756-1827); Rops e Ensor sobresaíron en Bélxica na segunda metade do s XIX; e Alemaña deu no primeiro terzo do s XX a figura de Grosz e os debuxantes de Simplicissimus e Jugend. En España, Goya destacou como caricaturista e no...

      1. Imitación ou representación carente de valor que se fai dalgunha cousa.

      2. Texto que reflicte de forma degradada calquera realidade para ridiculizala.

    2. Persoa ou cousa que constitúe unha copia simple e degradada doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á caricatura ou feito amodo de caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO