"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa nobre rural situada en San Cristovo de Cerqueda. A súa fundación relaciónase coa familia Rodríguez de Arijón, aínda que tamén pertenceu noutros períodos aos Varela, da casa de Pernes, e aos Nóvoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, dous leóns de prata, enfrontados, o do lado destro rampante e o do sinistro sentado, postos ambos os dous sobre unha terraza de sinople. Outra variante leva, en campo de ouro, un oso de sable, de fronte, acompañado doutros dous osos de sable, tamén enfrontados, un a cada lado.
-
GALICIA
Poeta. Exerceu a docencia e publicou o libro de poemas Atruxos (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
carballo cerquiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín cerquariu ‘carballo cerquiño’. Documéntase no s XVII: “Pedro Serqueyro” (doc ano 1670 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 545).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar situado no límite entre as parroquias de San Salvador de Budiño (concello do Porriño) e Santo Estevo de Budiño (concello de Salceda de Caselas). A natureza arxilosa do rochedo e a súa topografía practicamente plana provocaron a formación dun complexo hidrolóxico turboso, que forma parte do espazo natural das Ribeiras do Louro. Os depósitos de arxilas e caolín foron obxecto de extraccións que deron lugar a lagoas artificiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
carballo cerquiño.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse nos obradoiros de Giuseppe Cesari, Il Cavaliére d’Arpino, e de Jacob de Haase, ata que entrou en contacto con Pieter van Laer, quen o introduciu nas propostas naturalistas do caravaggismo e na creación de bambochadas. Esa tendencia estivo patente nas súas primeiras obras: Cardadora de la e Saqueo dun burgo (1630). A súa obra evolucionou cara a unha profunda descrición da realidade: A revolta de Masaniello e O bebedoiro. Pola súa destreza na pintura de cadros de temática bélica asignáronlle o alcume do Michelangelo das Batallas. Foi o creador das bambochadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán Pacheco.
-
PERSOEIRO
Político e dirixente deportivo. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Encabezou a candidatura do Partido Popular á corporación municipal da Coruña nas eleccións de 1987, 1991 e 1995, polo que foi concelleiro dende 1987 ata 1999. Foi vicepresidente e responsable da área de Cultura e Deportes da Deputación da Coruña (1987-1989), senador (1989-1993), deputado no Congreso (1993-1996) e presidente da Deputación da Coruña (1995-1999). A súa andaina como dirixente deportivo comezou aos quince anos ao fundar o C. F. Ural. Presidiu a Federación Coruñesa de Balonmán e dirixiu o Colexio Liceo-La Paz. Foi tamén presidente do H. C. Liceo, club que acadaría todos os títulos de hóckey a patíns dende 1982 ata os anos noventa: 3 Copas de Europa, 2 Recopas, 2 Copas da CERS e 4 Supercopas de Europa, ademais de 6 Ligas españolas e 8 Copas do Rei. En 1988 accedeu á presidencia do Real Club Deportivo de La Coruña. En 1990 foi designado Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Trala ocupación alemá de Francia durante a Segunda Guerra Mundial foi nomeado xeneral de brigada polo Comité de Liberación e asumiu un papel destacado na Resistencia. En 1946, nas filas do partido Radical-Socialista, foi elixido alcalde de Bordeos. Ocupou este cargo ata 1947, ano no que ingresou no partido Social-Republicano, gaullista, refundado en 1953 como Unión para a Nova República. Durante a IV República foi ministro de Obras Públicas (1954-1955), de Estado (1956-1957) e de Defensa (1957-1958). En 1958 foi decisiva a súa actuación na fundación da V República. Foi presidente da Assemblée National (1958-1969), primeiro ministro no goberno de Georges Pompidou (1969-1972) e inspector xeral de finanzas en 1973. Un ano despois fracasou no intento de acadar a presidencia da República, pero volveu presidir a Assemblée National en dous períodos máis (1978-1981 e 1986-1988). Escribiu L’ardeur (O ardor, 1975), a biografía Charles de Gaulle (1980) e o ensaio histórico...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, militar e político. Foi ministro da Mariña e Ultramar, deputado e presidente da Junta do Crédito Público. Escribiu, entre outras obras, Poema da mocidade (1865), Tristezas à beira mar (1866), A mantilha de Beatriz (1878) e unha História de Portugal (1869-1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai chalecos.
-
PERSOEIRO
Compositor e clavecinista. Descendente dunha saga de coñecidos organistas, está considerado como o precursor dos grandes clavecinistas franceses. Foi primeiro clavecinista de cámara de Luís XIV e tivo numerosos discípulos, entre eles os Couperin, Robert Cambert e Jean-Henri d’Anglebert. Compuxo obras exclusivamente para clave dunha elaborada ornamentación, como a colección Pièces de clavecin (Pezas de clavecín, 1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo francés, irmán de Jean-François Champollion. Foi bibliotecario de diversas institucións e catedrático de Paleografía na École des Chartres. Estudiou os documentos gregos escritos en exipcio. Escribiu, entre outras obras, Annales des Lagides (1819), L’Egypte ancienne et moderne (O Exipto antigo e moderno, 1840) e L’écriture démotique égyptienne (A escritura demótica exipcia, 1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mámoa situada en Moaña e restaurada en 1953 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, quen realizara, xunto con Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real, as escavacións preliminares. Tipoloxicamente pertence ao grupo de mámoas de corredor, sen diferenciación neta entre cámara e corredor, e de forma xeral en V. A cámara, de planta poligonal, está formada por once chantas imbricadas; a tampa, que está partida, ten unhas dimensións aproximadas de 2 m no eixe maior. O corredor, orientado cara ao L, consta de cinco chantas e tres lousas que o cobren. A dimensión total é de 5,20 m no seu eixe maior, dos que 1,70 m son do corredor; a anchura da cámara é de 3,45 m e a do corredor diminúe a medida que se distancia da cámara. As catro lousas de cubrición están montadas de forma ascendente comezando polo extremo do corredor e a altura máxima, no interior da cámara, é de 1,70 m. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: unha machada, un microlito, restos de ocre e varios fragmentos cerámicos,...