"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza resultante da unión de pequenos triángulos isósceles á maneira de dentes, de metal ou esmalte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dentelado.
-
-
Relativo ou pertencente a Dante Alighieri ou á súa obra.
-
Que lembra, pola súa grandiosidade e aspecto terrorífico, as descricións de Dante Alighieri.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía fundada na Coruña en 1983 por Carlos Clemente Martínez Gallego como Escola de Expresión Rítmica e Dramática. Algúns dos seus primeiros espectáculos foron A máis forte (1985), de Strindberg, e Sobre o tabaco (1985), de Čekhov. No ano 1989 representaron a súa primeira peza de monicreques, Peluquillas Mangariñas II, de Marcelino de Santiago, Kukas, e a partir dese momento realizaron tamén diversas adaptacións de contos, como A Casiña de Chocolate e O pequeno Frankenstein.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes, da familia das poáceas, coa lígula substituída por unha liña de pelos e cunha inflorescencia sinxela, con espiguiñas de glumas tan longas coma as flores, glumela inferior tridentada e glumela superior sen aresta. En Galicia está presente a especie D. decumbens, en terreos areosos e incultos.
-
FAMILIAS
Familia de artistas e científicos italianos. Giulio Danti (Perugia 1500 - 1575) arquitecto e ourive, traballou no palacio dos Priores en Foligno e, entre outras obras, realizou o tabernáculo da igrexa inferior de Asís. O seu fillo Vicenzo Danti (Perugia 1530 - 1576), arquitecto, escultor e tratadista, foi discípulo de Ammanti. Traballou en Florencia e Perugia, onde foi profesor na Accademia del Disegno e arquitecto municipal. Cultivou un manierismo estilizado, influenciado pola admiración á obra de Michelangelo. Entre as súas obras destacan o bronce Degolación de san Xoán Bautista (1571), na porta sur do baptisterio da catedral de Florencia, e a figura de bronce do Papa Xulio III, situado en Perugia. Escribiu o primeiro volume do Tratado das perfectas proporcións (1567). O seu irmán Ignazio Danti (Perugia 1536 - Alatri 1586), matemático e tratadista, foi matemático do Papa Gregorio XIII. Realizou mapas de Italia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo e naturalista. Foi catedrático de Agricultura no Instituto de San Isidro de Madrid. É un dos fundadores da moderna xeografía española. Destacan as súas obras Resumen fisiográfico de la Península Ibérica (1922) e Regiones naturales de España (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente literaria cultivada en España durante o s XV que se caracteriza pola imitación dos temas e das técnicas empregadas por Dante Alighieri e, en especial, da súa Divina Commedia. A tendencia perviviu ata o Renacemento, momento no que foi desprazada polo influxo predominante de Petrarca. Percíbese en certos poemas do Cancionero de Baena, como o “Dezyr a las siete virtudes”, de Micer Francisco Imperial, considerado o seu iniciador en España; en “Proceso entre dolencia, vejez, destierro y pobreza”, de Ruy Páez de Ribera; en Infierno de los enamorados e na Comedieta de Ponça, do Marqués de Santillana; e no Laberinto de Fortuna, de Juan de Mena.
-
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Foi procurador do Consello do Rei (1785-1791), pero dende 1789 participou nos movementos revolucionarios e alistouse dende o primeiro momento na Garda Nacional. Foi nomeado presidente do distrito de Cordeliers e fundou, xunto con Marat e Desmoulins, entre outros, a Sociedade dos Dereitos do Home e do Cidadán (1790), que se transformou posteriormente no Club dos Cordeliers. Formou parte da Comuna de París e do Directorio do departamento de París, desde o que encabezou a revolta republicana que se produciu despois da fuxida do monarca Luís XVI e culminou na matanza do Campo de Marte. Despois deste suceso exiliouse por pouco tempo no Reino Unido, pero ao seu regreso a París participou na revolución do 10 de agosto de 1792. A Asemblea decretou a suspensión do rei e nomeouse un Comité Executivo, en substitución do goberno, no que Danton foi nomeado ministro de Xustiza. Elixido deputado por París para a Convención Nacional, en setembro de 1792, foi un dos xefes do...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Danubio.
-
Que está bañado ou atravesado polo Danubio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron no s XIX os principados de Moldavia e Valaquia no Congreso de París (1856). Na Conferencia de París (1858), aceptouse o nome de Principados Unidos de Moldavia e Valaquia e, coa subida ao trono dos dous principados de Alexandru Ion Cuza (1859), produciuse a fusión que orixinou a creación do novo estado de Romanía (1861).
-
RIOS
Río de Europa Central que nace no macizo montañoso da Selva Negra (Alemaña) a 1.078 m de altitude, preto de Donaueschingen, e desemboca no Mar Negro despois dun percorrido de 2.860 km. No seu curso presenta aspectos diferentes segundo atravesa a Selva Negra. O curso alto encaixa na plataforma calcaria de Suabia e na zona rochosa da selva de Baviera; augas abaixo o río discorre en dirección NO e atravesa o antigo macizo cristalino de Bohemia; é amplo nas zonas aluviais e estreito e profundo nas zonas de rocha máis dura, nas que aparecen grandes depresións, como a de Ulm e Ingolstadt. No curso medio, o Danubio convértese nun río de chaira, forma a liña divisoria entre Eslovaquia e Hungría, atravesa a conca de Panonia e recibe as augas do seu grande afluente, o Tisza; cando retoma a súa dirección xeral O-L, o curso do río forma grandes meandros. Máis adiante pasa polo extremo meridional dos Cárpatos, onde serve de fronteira entre Romanía e Iugoslavia. Finalmente, na conca de Valaquia, onde...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alse op 314 da autoría de Johann Strauss II composto en 1867 a petición do mestre de coro Herbeck. Escribiuse para ser un valse coreado, pero inicialmente a peza non tivo boa aceptación entre o público vienés debido á mediocridade dos seus versos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chaira de Europa Central, ao S de Romanía, que se estende desde os Alpes de Transilvania ata o Mar Negro, pola marxe esquerda do Danubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional destinado a regular a navegación polo Danubio, creado en 1856 por Alemaña, Francia, Italia, Romanía e Turquía. Despois da Primeira Guerra Mundial, o Tratado de Versailles (1919) confirmou a súa existencia e creou unha nova Comisión Internacional encargada de controlar o curso do Danubio augas arriba do delta; a súa sede estableceuse en Viena (1921). Durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña aboliu as comisións. En 1948, os estados ribeiregos celebraron, por iniciativa soviética, a Conferencia do Danubio, na que se creou de novo a Comisión, con sede en Budapest. Austria incorporouse á Comisión en 1960 e a República Federal Alemana en 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de pintores xurdido a principios do s XVI en Austria e Baviera. Caracterizáronse por ter unha nova valoración da natureza e da paisaxe ao interpretalas como xénero independente. Os seus principais representantes foron Albrecht Altdorfer e Lucas Kronach nas súas primeiras obras, e Wolf Huber.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto e economista. Estudiou na Universitat de València, na que posteriormente foi profesor. Publicou Lecciones de economía civil o del comercio (1779), libro no que deu a coñecer as doutrinas económicas francesas (fisiócratas e Condillac) e británicas (Hume e Cantillon). Foi membro da Academia da Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura típica dos filamentos dicarióticos do micelio da subdivisión ascomicotina e da basidiomicotina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á danxeardia.
-
-
Acción de danzar.
-
-
Composición musical e serie de movementos que se realizan seguindo os pasos do baile ou o ritmo da música. En Grecia e Roma formaba parte das representacións dramáticas. Os primeiros textos que fan referencia ás danzas son do s XII e apenas deixan constancia das características musicais ou coreográficas. No s XV apareceron en Italia as primeiras escolas de danza que uniron música e coreografía. Nesta época destacaban danzas como a calata, o branle, a moresca e a striana. Dos anos 1550 e 1630 hai documentación sobre a danza cortesá, moi popular nos espectáculos teatrais e na sociedade da época. No s XVI, os mestres italianos dominaron o terreo da danza e levaron as súas ensinanzas ao longo de toda Europa. As danzas máis habituais eran, entre outras, a pavana, a allemande, o branle, a gallarda, o passamezzo e a sarabanda. Ao redor do ano 1630, a influencia francesa estendeuse no norte de Europa e chegou...
-
danza das espadas
Danza típica da festa do Corpus conservada en Galicia en poucos lugares a partir do s XIX. En Redondela, as primeiras novas que se teñen da danza datan do s XVI. A súa orixe remóntase á época clásica e algún estudoso pensa que se trata de restos de torneos guerreiros, xa que hai movementos propios de loita e está en relación co momento no que matan un dragón que ameazaba as mozas da vila. Ao dar o monstro as derradeiras boqueadas, os mozos colléronse as espadas uns aos outros e comezaron a bailar ao redor do morto. A indumentaria conserva a faixa atada ao van, co nó á esquerda, caéndolle as puntas ata a altura dos xeonllos; o resto da tradición perdeuse. Só o guía leva unha banda cruzada polo ombreiro dereito. Antano cubrían a cabeza cunha gorra de viseira de tipo mariño. As espadas son de madeira e átanse ao pulso cun cordel para poder tocar as castañolas, pero antano eran auténticas e gardábanse no Casa do Concello dun ano para o outro. A súa coreografía desenvólvese na procesión distribuídos...
-
danza das penlas
Danza documentada dende o s XVI. A orixe do termo penla é dubidosa. Algúns estudiosos cren que vén do étimo latino puella (‘nena, doncela’); outros, pensando na lixeireza das plumas, opinan que o seu étimo sería penna ou o diminutivo pennula. En Redondela realízase esta danza o día da Festa da Coca para conmemorar o desenvolvemento da captura dun dragón que saía da súa cova para levar as mozas da vila. Os mozos mariñeiros loitaron co monstro, matárono e trouxérono ao lugar. Logo, rodeárono e coas espadas bailaron ao redor. As rapazas que se salvaron, grazas á intervención dos mariñeiros, puxeron nos ombreiros unhas nenas pequenas e botáronse a danzar: estas nenas son as que representan as penlas. O baile desenvólvese na Festa de Corpus, acompañadas dos danzantes, que actúan con espadas e ao son da gaita, tamboril e castañolas. Forman un só conxunto coreográfico, aínda que parece ser que non sempre foi así, e poderían actuar soas. As mozas, chamadas...
-
danza de arcos
Danza na que os bailadores levan arcos ataviados con fitas de cores. Destacan, entre outras, as da Franqueira, Betanzos, Sada, Riofrío e Cambados.
-
danza de damas e galáns
Danza de estrutura e pasos complexos na que a música presenta ritmos contrastantes. Poden bailar catro mozos e oito homes vestidos coma unha muller, como acontece na de Lavadores ou San Roque de Vigo, ou ben cinco mulleres -acompañadas dunha guía de mulleres-, dez homes -acompañados de dous contraguías- e mais un guía, como acontece na de Darbo e outras vilas do Morrazo.
-
danza de fitas
Danza bailada por un grupo de seis a doce persoas na que cada unha delas colle unha fita de cor que está prendida nunha pértega, que ás veces leva enriba un boneco que se move ao ritmo da danza. Os bailadores xiran ao redor da pértega, primeiro trénzana coas fitas e logo destrénzana. Atópanse exemplos delas en Europa e América. En Galicia, destacan as de Fontefría, Guín, Betanzos e Vilanova dos Infantes.
-
danza de paos
Danza de orixe moi antiga que se documenta en toda a Península Ibérica. Nela participan entre oito e dezaseis bailaríns que danzan cun pau na man que se suxeita con fitas ao pulso e que levan un guía e, ás veces, van acompañados dun personaxe semellante ao rabelo. Destacan a de Xuvencos (Boborás), Taboexa e a de Vilanova dos Infantes.
-
-
Espectáculo de persoas que danzan.
-
...
-