"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CIDADES
Cidade do estado de Karnātaka, India, situada ao N de Bangalore (265.971 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Reelaborou temas e formas tradicionais e imitou a Gittone d’ Arezzo e os poetas provenzais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Policromou unha imaxe de san Roque, obra de Francisco de Moure (1598).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo, poeta e produtor teatral inglés. Estudiou en Oxford, participou na Guerra Civil (1642-1648) e despois refuxiouse en Francia. De regreso a Inglaterra, Carlos I nomeouno cabaleiro, pero posteriormente encarcerárono na Torre de Londres a causa do poema Gondibert. Foi un dos principais animadores do Teatro da Restauración, gañou considerable crédito tanto nas salas privadas como nos teatros públicos. Despois dunha traxectoria como dramaturgo e empresario, creou a súa propia compañía, The Duke’s Company, coa que se estableceu no Lincoln’s Inn Fields, primeiro teatro en contar con maquinaria para cambios de escenografía. Foi un dos primeiros empresarios en potenciar a introdución de actrices nun teatro interpretado exclusivamente por homes. Entre as súas obras destacan The Wits (Os talentos, 1633), The Temple of Love (O templo do amor, 1634), Unfortunate Lovers (Amantes desafortunados, 1634), Love and Honour (Amor e honra, 1646), The...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. O seu pensamento, denominado davidismo, levouno a considerar o ser coma unha unidade indivisible e indiferenciada. Das súas obras Quaternuli e De Tomis só se conservan as citas de Alberte o Magno e san Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre-Jean David.
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Coñecido como David d’Angers, foi profesor de belas artes en París (1826). Gañou o Prix de Rome en 1811 e viaxou a Italia, onde coñeceu a Canova e a Thorvaldsen. Realizou medallóns-retratos de personaxes contemporáneos, a medio camiño entre a fogosidade do romanticismo francés e a suavidade do estilo xermánico. Relacionouse con intelectuais e artistas alemáns e retratou algúns deles, entre outros, Goethe, Schiller, Tieck e Friedrich.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á seita dos davidianos.
-
Secta fundada en 1943 polo búlgaro Vic22tor T. Houteff (1885-1955). Emigrado aos EE UU, Houteff uniuse aos adventistas, dos que foi líder en Los Angeles nos anos vinte. Entre 1930 e 1932 publicou os dous volumes de The Shepherd’s Rod (A vara do pastor), onde sostiña que só 144.000 persoas formarían parte do Reino de Xesús Cristo (teoría das testemuñas de Xeová, non dos adventistas) e que antes da segunda vida de Cristo os elixidos deberían reunirse en Palestina. En 1934 a Igrexa Adventista do Sétimo Día condenou a súa obra. En 1935 Houteff fundou a editorial Shepherd’s Rod Publishing Association, que máis tarde mudou o nome por Universal Publishing Association e se trasladou a Waco (Texas), onde estableceu a súa sede no rancho Mount Carmel. Houteff consideraba esta organización como un movemento interno dos adventistas. A ruptura consumouse a causa do pacifismo radical do grupo de Waco, oposto incluso ao servizo civil en tempo de guerra e á participación en servicios auxiliares, admitidos...
-
-
PERSOEIRO
Pintor e músico de jazz escocés. Formouse no Edinburg College of Art (1938-1940). Foi profesor de ourivería na Escola Central de Artes e Oficios de Londres (1953) e profesor na Escola Central de Londres. A súa pintura recibiu unha primeira influencia de Klee e Picasso e despois de J. Pollock. Participou na Documenta de Kassel (1959-1977) e recibiu unha homenaxe na Bienal de São Paulo (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista inglesa. Estudiou no Conservatorio de Leipzig e foi discípula de Clara Schumann. Promoveu o coñecemento e a introdución da obra de Debussy e Brahms no Reino Unido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, marqués de Velada e de San Román. Foi gobernador de Orán, dos Países Baixos e Milán, e embaixador en Londres. Volveu a España en 1646 e ocupou diversos cargos na corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Iniciou a súa formación no eido da ourivería no obradoiro de Anxo Mareque, a través de quen coñeceu a Mario Granell, quen o introduciu no ambiente artístico vigués. En 1946 ingresou na Escola de Artes e Oficios, onde estudiou ouriveiría con Mareque e debuxo con Maximiliano Vidales Espinosa. Trasladouse a Santander cunha bolsa de estudios para ampliar a súa formación escultórica con Andrés Novo Cuadrillero (1948-1950). Instalouse en Madrid e participou na IX Exposición Nacional de Arte de Educación y Descanso celebrada en 1951 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, na que obtivo o segundo Premio Nacional de Escultura e a primeira Medalla de Bronce. Regresou a Vigo en 1952 e comezou a traballar como técnico modelista en cerámica en Manuel Álvarez e Hijos, S A. Dende 1955 dedicouse de xeito máis intensivo á escultura e realizou a súa primeira mostra na sala Foto Club con 25 pezas en granito. En 1958 trasladouse a México onde se interesou polas culturas precolombinas, especialmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Remigio, iniciou a súa formación artística en 1964. Foi profesor de debuxo e pintura e auxiliar de modelado e talla en pedra na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1975-1977). Empregou, entre outros materiais, a pedra, o bronce, o ferro, o cobre, o aceiro inoxidable, as resinas de poliéster e as mallas de aceiro refractario; e empregou pátinas, oxidacións, texturas e pulidos na busca dunha valoración da materia sobre a forma. Traballou con formas obxectuais máis ou menos figurativas, nas que prevaleceu máis o escultórico ca o obxecto. Realizou series temáticas que parten de materiais industriais. Entre outras destacan Moda Gallega, Complementos, Eros, Mitologías, Herramientas, Las formas del sonido e Reconversión industrial. Realizou, entre outras obras, o monumento ao músico Andrés Gaos en Vigo (1994). En 1999 coordinou o I Simposium Internacional de Escultura Monte Alba (Vigo). Participou, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático e xornalista. Pertenceu á Compañía de Xesús e foi director do seminario de Tui. Propietario e redactor, xunto con Manuel Lago González e Victoriano Paradís, do periódico La Integridad, afiliouse ao partido integrista. A súa militancia política levouno a se enfrontar co bispo Menéndez Conde e a renunciar á cátedra do seminario.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, escritor e xornalista. Emigrou a Arxentina moi novo, e colaborou asiduamente co xornal La Capital de Rosario. É autor de varios libros de poesías publicados entre 1886 e 1888 co título de Impresiones, La Babel argentina e Ecos de mi laúd. Tamén tirou do prelo varias pezas teatrais como Esdrújula (1894) e Mieles y amarguras (1894), e unha recompilación de diversos artigos humorísticos titulada Rasgos de pluma (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Na capital cubana fundou e dirixiu, xunto con Francisco Montaos, o periódico La Prensa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. De posible orixe tudense ou valisoletana, recibiu a influencia de Juan de Juni, Berruguete e Esteban Jordán. Situado na transición do manierismo ao barroco, as súas obras caracterizáronse pola estilización das figuras que adoitan posturas complicadas, con pezas de roupa apegadas ao corpo de xeito que permiten descubrir a súa anatomía. En 1593 contratou con Francisco de Madrid e Esteban Jordán o retablo do altar maior da igrexa da Mare de Déu de Montserrat. En 1596, xunto co pintor Cosme de Azcuita, traballou no retablo maior de Santa María de Castrobeza e en 1597 realizou o retablo de San Miguel para San Nicolás de Valladolid. En 1599 o cabido compostelán chamouno para facerse cargo da realización do cadeirado do coro da catedral de Santiago en colaboración con Gregorio Español. En 1602 estableceu as directrices da nova capela maior da igrexa de Santa Susana e en 1603 asinou de novo con Gregorio Español a realización do retablo do colexio de Fonseca. Entre 1603 e 1610 traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Serviu a Carlos V e a Filipe II. Foi un dos xefes dos tercios de Flandres e tivo un papel destacado na campaña de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. As súas primeiras obras foron neoclásicas, como o Ithiel Town de New Haven, despois realizou construcións historicistas gregas e góticas. Introduciu o uso do ferro na arquitectura estadounidense coa construción dunha tenda en Nova York en 1835.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política norteamericana. Estudiou con T. Adorno en Alemaña (1960) e, posteriormente, nas universidades de París (1963-1964) e Brandeis (1965). Dende 1968 militou no Communist Party of United States of America (CP-USA, Partido Comunista dos EE UU) e foi membro dos Black Panthers. Traballou como profesora asistente de filosofía na Universidade de California, pero a súa defensa das reivindicacións dos afroamericanos e a súa detención en agosto do 1970 polo FBI, acusada de colaborar no intento de fuxida dos irmáns Soledad, provocou a súa expulsión da Universidade; nese momento xurdiu o movemento Free Angela Davis que, trala súa absolución por un xurado composto integramente por brancos en 1972, se converteu no National Alliance Against Racist and Political Repression (Alianza nacional contra o racismo e a represión política), dirixido por Davis. No 1982 reanudou o seu traballo como profesora na San Francisco State University, onde permaneceu doce anos. Como membro destacado do CP-USA concorreu...
VER O DETALLE DO TERMO