"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Venceslau III de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrópole de túmulos situada en Macedonia (Grecia), na localidade homónima. En 1977 descubriuse un importante monumento funerario, de finais do s IV a C, que se considerou a tumba do Rei Filipe II de Macedonia e da súa derradeira esposa, Cleopatra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Instalado en Bretoña (A Pastoriza), creou o Museo Pedagóxico-Etnográfico Villapol. Das súas obras destacan a Homenaxe a un bretón desaparecido (Bretoña) e Contemplade (A Fonsagrada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro. Escribiu o tratado De Architectura, en dez libros, entre o 27 e o 23 a C. Conservado durante a Idade Media en bibliotecas monacais e redescuberto en 1414, no Renacemento converteuse no prototipo de toda a tratadística arquitectónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Múnic 1880 - Washington 1962) Romanista alemán. Especializouse en estudos sardos e interesouse por toda a pan-Romania. Colaborou no atlas lingüístico de Italia e publicou La lingua sarda (1951) e o Dizionario etimologico sardo (1957-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, conde de Oxford, fillo de Robert Warpole. Membro do parlamento, destaca a súa obra The Castle of Otranto (1765), a primeira novela gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista británico. Da súa obra destaca unha serie de novelas autobiográficas The Dark Forest (1916) e a saga dos Herries, Rogue Herries (1930), Judith Paris (1931), The Fortress (1932) e Vanessa (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, I conde de Oxford. Foi deputado, líder dos whigs, ministro da Guerra (1708-1710) e tesoureiro da frota (1710-1711). Como chanceler do Exchequer (1720-1740) dirixiu a política do país. Partidario do liberalismo económico, impulsou a expansión económica, favoreceu o desenvolvemento industrial e financeiro, a agricultura, o comercio e a explotación colonial, e sentou as bases da hexemonía económica británica. Declarou a guerra contra a monarquía hispánica (1738-1739) en América, onde non obtivo resultados positivos. Ante a inminente intervención británica na Guerra de Sucesión de Austria, perdeu a maioría parlamentaria e dimitiu (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte colectivo de pelota disputado nunha superficie limitada de piscina (30 por 20 m). Cada equipo está formado por sete xogadores: un porteiro, dous defensas, un medio, tres dianteiros e catro suplentes. Os partidos dispútanse en catro períodos de cinco minutos de xogo real. Orixinario de Gran Bretaña, remóntase á primeira metade do s XIX. É olímpico desde as Olimpíadas de París en 1900. A selección española conseguiu o cuarto lugar nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980), a medalla de prata nos de Barcelona (1992) e o ouro en Atlanta (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo alemán. Realizou estudos sobre a herdanza e expuxo nas súas obras a teoría da continuidade do plasma xerminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (29.826 km2; 3.360.899 h [estim 2000]). A súa capital é Poznań.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. Misioneiro en Polonia e Rusia, segundo a tradición tivo a protección da Virxe María que o axudou a liberar Kiev dos tártaros. Represéntase cun manto dominicano cuberto de estrelas, camiñando sobre as augas e levando unha custodia. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da relación que existe entre o medio xeográfico e a estrutura socioeconómica e a evolución política dun país. Malia que o termo foi introducido polo sueco Kjellén, considerouse a F. Ratzel como o fundador da disciplina. K. Haushofer e os seus seguidores elaboraron unha serie de teorías fundamentadas no espazo vital, na superioridade da raza e a expansión natural duns pobos en detrimento doutros, que foron aproveitadas e adoptadas polo réxime nazi. Ao final da Segunda Guerra Mundial esta disciplina caeu en descrédito e posteriormente, Y. Lacoste demostrou que podía constituír unha disciplina crítica. A escola inglesa preferiu modificar esta denominación pola de xeografía política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeopolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1648-1668), fillo de Sexismundo III. Sucedeu o seu irmán Ladislau IV. Asinou as paces de Oliva (1660) e Andrusovo (1667), polas que cedeu a Prusia oriental ao elector de Brandenburgo, Ucraína e a Rusia Branca ao tsar e Livonia a Suecia. Abdicou en 1668, e retirouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1674-1696). Proclamado voivoda de Cracovia (1667), despois de vencer os turcos na Batalla de Khotin (1673) sucedeu o Rei Miguel I. En 1683 volveu derrotar os turcos en Kahlenberg, e así contribuíu á liberación de Viena. Abandonado polos seus aliados austríacos, cedeu ás pretensións de Rusia co Tratado de Moscova (1686).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles e condesa de Provenza (1343-1381), filla de Carlos de Nápoles, duque de Calabria, e María Valois. Sucedeu o seu avó Roberto I. Co seu segundo home, Luís de Anjou, tratou de conquistar Sicilia pero renunciou á illa en 1372. Casou con Xaime de Mallorca e implicado este na guerra de Castela e preso por Enrique de Trastámara rescatouno (1370). Ocupado o reino por Carlos de Durazzo, conde de Gravina, este prendeuna e fixo asasinala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles (1414-1435), filla de Carlos III e Margarida de Durazzo. Sucedeu o seu irmán Ladislau I. Casou con Xaime II de Borbón, conde da Marca, que eliminou os seus adversarios, outorgou cargos a franceses e tivo a raíña case prisioneira. Liberada polos patricios napolitanos, o Papa Martiño V declarou en 1420 como o seu herdeiro a Luís de Anjou. Apoiou sucesivamente como o seu herdeiro a Luís de Anjou e a Afonso V de Aragón, e ao morrer o primeiro en 1434 nomeou como sucesor ao seu irmán Renato, duque de Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Dirixente da Unión Cívica Radical, foi presidente da república (1916-1922 e 1928-1930). Impulsou unha política conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO