"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

      1. Disolución dun matrimonio celebrado validamente, en vida dos cónxuxes, mediante unha resolución xudicial fundada nunha causa legal. No ordenamento civil español, o divorcio baséase nos principios da previa ruptura da convivencia conxugal inferida tralo transcurso dun prazo de separación legal ou de feito, e de disolución por mutuo acordo, condicionado a un prazo de reflexión ou espera. Nas sociedades primitivas o matrimonio non se consideraba indisoluble. A iniciativa da ruptura correspondíalle ao home que a exercía por causa da esterilidade da muller. En moitas civilizacións antigas, o divorcio estaba consentido: causas como a desatención do marido facultaban á muller para divorciarse e o marido podía deixar a súa muller se esta era estéril. Na cultura asiria, o home podía repudiar a muller e as esposas de guerreiros prisioneiros podían volver a casar. En Grecia, o divorcio estáballes permitido a ambos os sexos; sen embargo, en Roma o divorcio non chegou a xeneralizarse ata o s II. A difusión...

      2. divorcio vincular

        Disolución do vínculo matrimonial que ten efectos no matrimonio (incluso consumado) cando a fe católica dun dos cónxuxes determina dificultades graves na convivencia. Se un dos cónxuxes fai profesión de fe relixiosa, pódese conceder o divorcio vincular sempre que o matrimonio non estivese consumado.

    1. Separación ou desacordo entre dúas ou máis cousas ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Postura ideolóxica que defende a implantación do divorcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é partidario da lei do divorcio.

    2. Relativo ou pertencente ao divorcio.

    3. Aplícase ao avogado especialista en divorcios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal. Filla de Ramón Berenguer IV e de Petronila Ramírez de Aragón. Casou con Sancho I de Portugal en 1175.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, mestre e escritor. Xornalista político, defendeu o republicanismo federal e a xustiza social. Deputado a Cortes por Tortosa (1914), fundou, xunto con Layret, o Bloc Republicà Autonomista e presidiu o novo Partit Republicà Català (1917). Encarcerado pola súa participación nas folgas de Barcelona (1917), dende outubro do 1918 colaborou na campaña a favor da autonomía iniciada en Catalunya. Fundou o Partido Radical-Socialista, xunto con Álvaro de Albornoz e Ángel Galarza (1929). Interveu no Pacto de San Sebastián (1930) e, detido e procesado, exiliouse a Portugal e Francia. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya (1931) e durante a Segunda República foi ministro de Instrución Pública do goberno provisional (1931), ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1931), ministro de Agricultura (1933) e ministro de Instrución Pública (1936). Fundou, con Azaña, Izquierda Republicana e presidiu o Partit Catalá d’Esquerra (1933). Ao remate da Guerra Civil, exiliouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros da familia dos lucánidos ao que pertence a especie D. parallelepipedus, que na fase adulta se presentan como escaravellos de corpo groso, de ata 32 mm de lonxitude, de cor escura ou loura, cunhas antenas co extremo en abano de 4 artellos, ollos divididos en dúas partes por un saínte da cabeza e mandíbulas fortes de tamaño semellante nos dous sexos. Na fase de eiruga desenvólvense na madeira podre de carballos ou doutras frondosas. Recibe a denominación popular de carroucha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía aeronáutica estadounidense creada en 1920 por Donald Wills Douglas, É coñecida non só polos seus avións militares, senón tamén polos avións de transporte de pasaxeiros, designados coas iniciais DC (Douglas Comercial). A produción comezou en 1933 co DC-1 por encargo da TWA, da que o modelo máis famoso foi o DC-3 (1935), coñecido como Dakota. A partir de 1957, coincidindo co lanzamento do Sputnik por parte da Unión Soviética, a Douglas Aircarft Co Missiles and Space Division desenvolveu unha serie de lanzadores Delta para poñer en órbita numerosos satélites. En 1967 a compañía foi absorbida pola McDonnell Company e creouse a McDonnell-Douglas Corporation.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de edificios dedicados á construción de barcos situado ao pé de Montjuïc. É o estaleiro máis grande e máis completo, de tipo medieval, que se conserva no mundo e unha boa mostra da arquitectura gótica civil catalana. A súa construción iniciouna posiblemente Xaime I, pero o pulo decisivo deullo Pedro IV coa colaboración da cidade e da Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Foi nomeado tribuno da plebe no 122 a C para contrarrestar a popularidade de Caio Graco. Presentou unha serie de reformas, entre as que destaca a rogatio livia que concedía aos itálicos a cidadanía romana. Estas reformas provocaron unha serie de tumultos en Roma. Nomeado cónsul no 112 a C, gobernou Macedonia, onde derrotou o pobo dos escordiscos. Morreu exercendo o cargo de censor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano, fillo de Marco Livio Druso. Foi tribuno da plebe no 91 a C. Impulsou a reforma agraria e defendeu a concesión da cidadanía aos itálicos. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), ampliou estudios en Florencia, Boloña e París, e doutourouse en 1990 coa tese Estrutura y comportamientos familiares en la Galicia de fines del Antiguo Régimen. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela ata 1993 e profesor titular de historia moderna da Universidad de Oviedo ata 1995, data en que se reincorporou á Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións centráronse no eido da demografía histórica, da historia da familia e da análise historiográfica. Colaborou, entre outras publicacións, en Annales de Démographie Historique, Continuity and Change, Boletín de la Asociación de Demografía Histórica Española e Grial. Tamén colaborou en distintas obras, como El Reino de Galicia en la Monarquía de Felipe II (1998) e El reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V (2000). Cómpre destacar as súas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés, irmán de Gaston, Raymond e Suzanne Duchamp. En 1904 trasladouse a París, onde traballou como tipógrafo e fixo caricaturas para xornais. Dende 1908 dedicouse á pintura e nun primeiro momento estivo influenciado polo impresionismo. Participou no Salon d’Automne e no Salon des Indépendants, e dende 1911 interesouse polo cubismo. En 1912 realizou Nu descendant un escalier nº 2 (Nu baixando unha escaleira nº 2) que causou rexeitamento entre os seus compañeiros da Section d’Or e na Armory Show de 1913, pois nela combinou os principios do cubismo e do futurismo. Instalouse en Nova York e, xunto con Picabia, foi o representante do movemento dadaísta. Con Roue de bicyclette (Roda de bicicleta, 1913), creou os ready-made. A obra Fontaine (Fonte,1917), urinario que comprara en París e que asinou como R. Mutt, rexeitárona no salón da Society of Independent Artists. Entre 1915 e 1923 traballou na súa obra máis representativa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Activo en Murcia (1719-1730), traballou como tallista e influíu en Francisco Salzillo. Cómpre destacar a súa obra San Juan Bautista (1718?) e as inmaculadas feitas en barro cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora, filla de Antoine Duparc. Discípula de Van Loo, especializouse na realización de retratos realistas. Cómpre destacar a súa obra A muller que calceta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de C. Franck, recibiu a influencia de R. Wagner. Cómpre destacar o seu poema sinfónico Lénore (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista francés. Estudiou no Conservatorio de París e foi organista de Saint-Sulpice. Discípulo de Ch. Widor, A. Guilmant e L. Vierne, foi profesor de órgano. Especializouse no repertorio organístico de J. S. Bach e compuxo pezas para este instrumento. En 1914 recibiu o Gran Prix de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nos contrafortes occidentais de Sierra Nevada e drenada polo río Dúrcal (6.062 h [1996]). A agricultura (cereais e árbores froiteiras), a cría de gando lanar e as industrias alimentarias, son as principais fontes económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO