"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PUNTA

    Punta que constitúe o extremo setentrional da illa Onza, no arquipélago das Ons, no territorio da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. No ano 1940, como gobernador militar de París, entregoulles a cidade aos alemáns. Nomeado alto comisario francés en Siria, opúxose aos anglo-gaullistas. No ano 1945 foi xulgado e condenado a morte, pena que se lle conmutou pola de traballos forzados. Morreu en prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai unha denuncia ante un tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (615-618). Limitou os privilexios que posuían os monxes dende o pontificado de san Gregorio o Magno. O seu selo pontificio, coa inscrición Deusdedit papa (o seu nome en latín), é o máis antigo dos coñecidos. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Publicou unhas táboas de mortalidade e probabilidade de vida en Francia, recollidas na obra Essai sur les probabilités de la durée de la vie humaine (Ensaio sobre as probabilidades da duración da vida humana, 1746), que serviron para establecer as pensións vitalicias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen entrega unha cousa en depósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Manuel Outeiriño en 1994. Ábrese cunha ilustración de Orfeo morto a paos polas musas e dúas citas de Otero Pedrayo e dos Aeneidos, seguidas dun preámbulo autopoético titulado “Desvío”. O autor elabora unha linguaxe poética innovadora a través da combinación de diferentes niveis lingüísticos, idiomas, así como da alternancia de referencias cotiás con outras pertencentes á mitoloxía greco-romana. No copyright figuran conxuntamente Manuel Outeiriño e Rita la Cantaora. O libro constitúe unha rede multilingüística e multicultural que por medio da ironía e do humor abrangue un amplo abano de rexistros e referencias culturais. Certas expresións máis ou menos lexicalizadas, consolidadas polo uso diario, acadan un valor altamente poético ao inserirse en novos contextos. É unha obra integrada por múltiples discursos que hai que unir; concibido desde o fragmentarismo, parte da idea de que a realidade é unha construción que depende do que se le ou do que se di. Así,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión Meridiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia do Punjab, no centro de Paquistán, drenada polo río Indo (102.007 h [1990]). A base da súa economía é a agricultura, principalmente o cultivo do trigo. Está ben comunicada con outras cidades como Multān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Estudiou na Académie Carrière (1898-1899) e na Académie Julian (1904). Traballou con Vlaminck (1899), con quen descubriu a arte negra. Pintou con cores puras e vivas, con trazos fragmentarios e cunha composición monumental. No Salon d’Automne de 1905, onde se concretou o fauvismo, presentou obras como Vue de Collioure (Vista de Collioure, 1905). Influído por Cézanne e o cubismo (1907), abandonou o fauvismo; entre as obras deste período destacan Baigneuses (Bañistas, 1908) e Vue de Cadaqués (Vista de Cadaqués, 1910). Trala Primeira Guerra Mundial encamiñouse cara a unha figuración clásica e pintou paisaxes, retratos, bodegóns e nus como La beau modèle (A bela modelo, 1923). Realizou decoracións teatrais entre as que destacan as dos Ballets Russes (Ballets rusos, 1919) de D’agilev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político constituído en Madrid en maio de 1930 por Niceto Alcalá Zamora, Miguel Maura e Rafael Sánchez Guerra, entre outros, coa intención de incorporar a dereita española a un posible novo réxime republicano. A participación dos seus líderes principais no primeiro goberno republicano facilitou a expansión do partido, que, no caso galego, tivo especial incidencia na Coruña e Lugo, onde acadaron tres e dous deputados respectivamente nas eleccións de 1931. O grupo fraccionouse cando os seus líderes principais, Alcalá Zamora e Maura, fundaron novos partidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que deriva ou provén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ácaros ectoparasitos das aves, ao que pertence a especie D. gallinae, de ata 1 mm de lonxitude e de cor vermella. Durante o día permanecen agochados nas físgoas dos niños, galiñeiros ou pombais, e saen durante a noite, cando repousan as aves, para alimentarse do seu sangue. Poden completar o ciclo vital en 10 días en condicións ambientais favorables, e as femias poñen uns 10 ovos de cada vez. Os adultos poden resistir ata 5 meses sen alimentarse e poden afectarlle ao home se penetran nas vivendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Destacou polo seu labor en favor das mulleres. Compartiu as ideas de Saint-Simon, uniuse á escola de Fourier, foi membro da Liga dos Comunistas de Marx e Engels, e participou na Revolución de 1848. Fundou os xornais La Politique des Femmes e L’Opinion des Femmes e, xunto a Pauline Roland, o Club d’Emancipation des Femmes. Publicou Almanach des femmes (Almanaque das mulleres, 1851-1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado arxentino. Colaborou co xeneral Paz na organización dun exército de oposición a Rosas. Acudiu como representante de Córdoba á Asemblea Constituínte de Santa Fe (1852) e, pouco tempo despois, foi nomeado presidente ata a súa disolución (1854). Elixido presidente do Estado (1860), foi derrocado pola actitude secesionista de Bos Aires e polo estoupido do conflito civil (1861). A presidencia quedou nas mans do xeneral Mitre e Derqui retirouse da política activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saír un óso do seu sitio nunha articulación.

    2. Producir algo moito cansazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Dedicouse á carreira militar e á política. Entre as súas obras cómpre destacar Starina i novizna (O vello e o novo, 1773), Oda K Felica (1782), Bog (Deus, 1784) e Vodopad (Fervenza, 1791 -1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e tradutor ruso. Especialista na literatura española, especialmente do Século de Ouro, dedicouse tamén á literatura francesa do s XVIII e a outras literaturas eslavas. Publicou, entre outras obras, Servantes i Don Kikhot (Cervantes e Don Quixote, 1934), Servantes, žizn’i tvorčestro (Cervantes, vida e obra, 1946), Volter (Voltaire, 1946) e Bol’garskij teatr (Teatro búlgaro, 1950). Así mesmo, traduciu La vida del Lazarillo de Tormes e diversas obras de Quevedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado en San Cristovo de Arzón (Negreira). Noméase nun documento de 1138 polo que Afonso VII lle cedía ao prior Paio Pérez o privilexio de couto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desacompañar.

    VER O DETALLE DO TERMO