"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Acción e efecto de apuntar.
-
-
Nota de pouca extensión feita con rapidez.
-
Notas máis ou menos sumarias tomadas ao ler un libro, escoitar unha explicación, un discurso, etc, para axudar a recordalo máis tarde.
-
-
Na lexislación española, resumo das actuacións dun proceso xudicial do que se servían os maxistrados das audiencias e do tribunal supremo para resolver recursos interpostos ante eles. Foi substituído por unha nota.
-
-
-
Que non ten quetas.
-
hirudíneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aquietar.
-
PERSOEIRO
Militar eunuco romano que, logo de se converter ao Cristianismo, desertou xunto co seu compañeiro san Nereo e a súa ama Domitila; por esta razón, foi condenado en tempos de Diocleciano e sufriu martirio na illa de Poncia. Sobre o seu sepulcro, na Ardeatina (Roma), construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Tomé de Aquino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ara romana dedicada aos deuses lares que chegou intacta ata o ano 1601, cando o arcebispo Xoán de San Clemente, quizais aconsellado por Ambrosio de Morales y Oliva, decidiu borrar a inscrición por considerala de orixe pagá. Segundo a tradición trátase da lápida que os discípulos do Apóstolo levantaron sobre o seu sepulcro. Foi descuberta polo bispo Teodomiro no s IX. En virtude da Concordia de Antealtares pasou a ser propiedade dos monxes dese mosteiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto que constitúe o núcleo da Península Arábiga; é unha das maiores rexións desérticas do mundo. Limita ao norte co deserto de Siria, ao oeste coas montañas de Al- Ḥ i ǧ āz, ao sur con parte da anterior rexión montañosa e coa costa do Océano Índico, e ao leste co Golfo Pérsico. Trátase dun altiplano que descende progresivamente do oeste ao leste ata o Golfo Pérsico. O deserto está formado por diversas partes: o deserto de Bādiyat al-Šām, ao N; máis ao S está o gran deserto de Al-Nafūd, e continúa cara ao SL pola grande extensión do deserto de Al-Rub’ al-Hālī. Ao O, entre Al-Nafūd e ‘Al-Rub’ al-Hālī, atópase a rexión montañosa de Na ǧ d. Os oasis son moi escasos e case toda a rexión está deshabitada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto situado en Exipto e Sudán, entre o val do Nilo e o Mar Vermello. É un territorio montañoso composto de rochas cristalinas que culminan en Exipto no Ǧ abal Šā’ib al-Banāt (2.187 m) e en Sudán no Ǧ abal ‘Ōda (2.259 m). Posúe importantes recursos minerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polialcohol obtido da redución da arabinosa, que se pode presentar en varias formas. A forma L, levoxira, obtense a partir da L-arabinosa; e a forma D, dextróxira, a partir da D-arabinosa e tamén pola fermentación de melazas con certas levaduras do xénero Saccharomyces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.
-
PERSOEIRO
Militar. En xullo de 1936 era xefe da gornición militar de Oviedo; logo de proclamarse leal ao Goberno Republicano, sumouse ao Alzamento militar. Foi xefe do corpo do exército de Galicia e, finalizada a Guerra Civil (1939), capitán xeneral de València. Entre 1940 e 1943 recibiu su-bornos dos gobernos do Reino Unido e dos EE UU a cambio de influír diante do xeneral Franco e evitar a participación de España na Segunda Guerra Mundial a favor do Eixe. Os seus intentos entre 1942 e 1944 de favorecer unha restauración monárquica enfrontaríano cos proxectos do ditador, que o relegou das súas responsabilidades ata pasalo á reserva (1949). Morto Franco, o Rei Xoán Carlos I rehabilitouno e ascendeuno a tenente xeneral (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Nogueira, no concello de Ribas de Sil. Ten 838 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘bacallao’.
-
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bacallao’.
-
santiaguiño.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial de Pamplona (Navarra) fundada en 1929 polo xurista Manuel de Aranzadi e Irujo (Lizarra 1882 - Pamplona 1942). Publica desde 1930 os repertorios de xurisprudencia e lexislación española: Repertorio cronológico de Legislación, Repertorio de Jurisprudencia, Índice progresivo de legislación e Índice progresivo de jurisprudencia, actualizados periodicamente. Nesa mesma liña, Estanislao de Aranzadi, fillo do fundador, publicou a primeira edición do Dicionario de legislación (1951).
-
PERSOEIRO
Poeta latino. Destaca o seu extenso poema De actibus apostolorum, versificación en hexámetros latinos dos Actos dos Apóstolos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que serve para arar.
-
Relativo ou pertencente á acción de arar.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e astrónomo grego. Discípulo de Zenón. O seu poema didascálico Fenómenos, recolle os coñecementos da época sobre meteoroloxía e astronomía (primeira recolleita sistemática das constelacións coñecida). Foi traducido numerosas veces, unha delas por Cicerón ao latín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estratega grego. No 251 a C liberou Sicione da tiranía de Nicocles e incorporouna á Liga Aquea, da cal foi nomeado estratega (245) e reelixido en anos alternos. Empeñado en converter a Liga nunha gran potencia, non conseguiu darlle a axeitada organización militar, tendo que recoñecer a hexemonía macedonia de feito (223). Morreu por orde de Filipo de Macedonia.
VER O DETALLE DO TERMO