"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra reflicte unha profunda compaixón pola humanidade e unha gran severidade contra aquilo que pode alterar a esencia da creación. Publicou, entre outras obras, Vie et aventures de Salavin (Vida e aventuras de Salavin, 1920-1932) e La chronique des Pasquier (Crónica dos Pasquier, 1933-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘azucre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e historiador das relixións. Investigou a mitoloxía indoeuropea utilizando o método comparativo para conciliar a actitude estruturalista coa aproximación histórica. Entre as súas obras destacan Le festin de l’immortalité. Étude de mythologie comparée indo-européenne (O festín da inmortalidade. Estudio de mitoloxía comparada indoeuropea, 1924), Mythe et épopée (Mito e epopea 1968-1973) e Les dieux souverains des indo-européens (Os deuses soberanos dos indoeuropeos, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da clase dos placodermos, de ata 3,5 m de lonxitude. Caracterizábanse por presentar unha coiraza ósea que lles cubría a cabeza e o corpo ata as aletas pectorais, ademais dunha cola longa rematada en punta. Propios de finais do Devónico, os xacementos máis importantes están en Marrocos, Bélxica, Polonia e América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor cinematográfico de debuxos animados. Traballou na National Film Board de Canadá. Instalado en Londres, en 1956 fundou unha produtora de debuxos animados e realizou algúns filmes breves, como The Apple (A mazá, 1961) ou The Flying Man (O home voador, 1962). En 1968 dirixiu Yellow Submarine (O submarino amarelo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e escritor. Formouse no seminario de San Pablo de Cuenca e ordenouse sacerdote en 1943. Doutorouse en Teoloxía en Roma coa tese Miguel de Palacios, un gran teólogo desconocido, e en Filosofía e Letras na Universidad Complutense de Madrid coa tese El sustrato teológico en los escritos de Graham Greene. Foi profesor de teoloxía en Cuenca e Londres, e dende 1973 profesor de literatura inglesa na Universidad Complutense. Entre as súas obras destacan La crisis del sacerdote en Graham Greene (1974), Estudios sobre “El poder y la gloria” de Graham Greene (1981) e Graham Greene: amigo y hermano (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte francés. Malia que inicialmente foi un dos detractores do impresionismo, cos anos converteuse nun dos seus defensores e nun dos seus primeiros coleccionistas. Escribiu Les peintres impressionistes (Os pintores impresionistas, 1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz italiana. Comezou a súa traxectoria profesional cando aínda era unha nena, nas actuacións que realizaban seus pais. Despois do seu primeiro grande éxito, co espectáculo Cavalleria Rusticana (Cabalería rústica, 1884), e dunha longa serie de actuacións por América do Sur, fundou, co primeiro actor, Flavio Andò, a compañía Città di Roma, que se especializou nun repertorio creado a partir de textos de Alexandre Dumas (fillo), Victorien Sardou, Giuseppe Giacosa e Carlo Goldoni. O seu recoñecemento internacional chegou a partir da súa relación co compositor e libretista Arrigo Boito, que lle propuxo un cambio de repertorio, no que hai que destacar os espectáculos Antonio e Cleopatra (1888) ou La dame aux camélies (A dama das camelias, 1891), estreado en San Petersburgo, que a levarían a percorrer os máis importantes teatros de Europa e América. Co dramaturgo Gabrielle d’Annunzio, traballou os seus dramas líricos e creou diversos espectáculos con eles, como La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. É autor de Duma pro Opanasa (Canción de Opanás, 1926), sobre a Guerra Civil de Ucraína, e da escolma de poemas Posledn’aja noc (A última noite,1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor e industrial fotográfico. Fundador da Eastman Kodak Company, en 1878 comezou a preparar as primeiras placas de bromuro de prata e en 1880 comezou a súa fabricación industrial. A partir de 1881 substituíu as placas de cristal por papel. En 1888 introduciu a primeira cámara Kodak no mercado, preparada cun rolo de película para cen tomas en papel coa que contribuíu á difusión da fotografía no público xeral. Ao ano seguinte inventou unha película transparente de nitrocelulosa que empregou T. A. Edison no seu cinematógrafo. Xa en 1890 sacou ao mercado a Kodak nº 2, que permitía obter 150 imaxes en papel. Cinco anos despois inventou un sistema para cargar e descargar á luz un carrete de doce imaxes coa coñecida Kodak Pocket, un aparato de reducidas dimensións. Posteriormente, inventou a Kodak de tres diafragmas, provista de varias velocidades, e unha cámara para nenos coñecida como Kodak Brownie, cun rolo para seis imaxes. Dedicou unha parte dos seus recursos económicos, obtidos coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das ebenáceas.

    2. Planta da familia das ebenáceas.

    3. Familia de árbores, da orde das ebenais, que engloba unhas 450 especies propias das zonas tropicais, entre as que destacan os caquis e os ébanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo e escritor. Estudiou leis na Universidade de Göttingen e exiptología en Berlín con Lepsius. Dende 1875 ensinou exiptoloxía en Leipzig. Escribiu novelas de tema histórico sobre Exipto, entre as que destaca Serapis, Der Kaiser. En Tebas descubriu un papiro da dinastía XVIII, coñecido como Papiro de Ebers, no que se compilan diversos textos médicos de períodos anteriores que se remontan ata o 3500 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao marfil.

    2. Que é semellante ao marfil.

    3. Relativo ou pertencente a Costa de Marfil ou aos seus habitantes.

    4. Natural ou habitante de Costa de Marfil.

    5. Arte desenvolvida en Costa de Marfil. As diversas culturas establecidas no seu territorio desenvolveron unha tradición artística baseada na talla en madeira. Os baulé realizaron figuras esveltas dos seus antepasados, femininas e masculinas, caracterizadas polo seu modelado e a súa pátina. Os senufa do interior realizaron unha estatuaria máis basta e máscaras decorativas que, ás veces, rematan cunha figura de paxaro cun gran peteiro. Os dan produciron máscaras de carácter realista que empregaban nas cerimonias relixiosas e outras cos rostros deformados que representaban os diferentes espíritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual aparecida en Bos Aires a partir do 10 de marzo de 1916. Dirixida por Manuel Oliveira, contou coa colaboración de J. Buela, Luis Sánchez, A. Zapata, Felipe Abeleira e Xulio Díaz Miranda, entre outros. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Iberia. Esta publicación xurdiu a partir dunha escisión na Federación de Residentes de Teo, editora da revista Teo. Incluíu información semellante á que ofrecía esta última pero cunha maior tendencia galeguista, acompañada de fotografías da sociedade e ilustracións de Lourido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter liberal aparecida en Ourense o 1 de abril de 1870 e que cesou a súa edición o 8 de outubro do mesmo ano. Subtitulouse “Revista semanal de literatura y ciencias” e, a partir do nº 11, “Revista semanal de literatura, ciencias y política”. A dirección estaba a cargo da xunta directiva da Academia de Literatura e Ciencias, constituída no Liceo ourensán e presidida por Xoán Sieiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Agustín Moldes e, a partir do nº 11, nos de Francisco Paz. Entre os seus colaboradores figuraban Xoán Manuel Paz, Alejandro Quereizaeta, Xosé García Mosquera, Antonio Valcárcel, Cesáreo Fernández e Arturo Soria. A temática era variada, trataba temas de literatura, ciencia, filosofía, economía, relixión e incluía unha crónica política. No eido literario inseriu un poema en galego de Xosé García Mosquera no último número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Integración de conceptos xeográficos e ecolóxicos para o estudo das paisaxes ou de rexións naturais dende o punto de vista da súa orixinalidade, cando as características edáficas, climáticas, hidrolóxicas, zoolóxicas e botánicas son únicas sobre a superficie terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, segundo barón, e dende 1839 primeiro conde de Auckland. Primeiro lord do almirantado (1834-1846) e gobernador xeral da India (1836-1842), tivo unha destacada intervención nas guerras afganas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo británico. Estudiou nas universidades de Gales e Edimburgo, onde se doutorou en 1957. Pioneiro nas técnicas de fecundación externa, conseguiu transferir embrións de ratas dunha femia a outra, determinou o proceso de maduración dos óvulos humanos e en 1965 acadou a fecundación de óvulos humanos in vitro. Ao redor do 1968, en colaboración co xinecólogo Patrick Steptoe, realizou distintos intentos para implantar embrións humanos fecundados in vitro na matriz de mulleres infértiles. En 1977 o equipo formado por Edwards e Steptoe obtivo óvulos xa maduros que, logo de ser sometidos a fecundación externa, foron implantados de novo no útero dunha muller que deu a luz o 25 de xullo de 1978 o primeiro bebé probeta. É catedrático emérito da Cambridge University e editor xefe da revista Reprodutive BioMedicine Online.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás efedráceas.

    2. Planta da familia das efedráceas.

    3. Familia, da clase das gnetópsidas, integrada polo xénero único Ephedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade de Éfira e aos seus habitantes.

    2. Habitante da cidade de Éfira.

    3. aso micénico de pequenas proporcións. As copas amarelas por fóra e grises por dentro decorábanse con pinturas negras ou pardas; ou rosas, se se trataba de copas marróns por fóra e rosáceas por dentro. A decoración é floral.

    VER O DETALLE DO TERMO