"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión cutánea que presenta unha mancha pigmentada que vai acompañada dun engrosamento da pel. Pode aparecer despois dunha longa exposición á radiación solar, e pode dar lugar á aparición de cancro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Queratite profunda, propia dos neonatos, caracterizada por un abrandamento da córnea, que remata perforándose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medición da curvatura anterior da córnea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para medir a curvatura da córnea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección da córnea debida ao ataque dun fungo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica que se realiza na córnea para reparar unha perda de substancia corneal ou para practicar un enxerto.
-
-
Relativo ou pertencente á queratoplastia.
-
Que favorece a queratinización das células epidérmicas.
-
Axente que favorece a cicatrización tras unha intervención de queratoplastia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento óptico que se emprega para o exame da córnea.
-
-
Lesión da pel caracterizada por unha hipertrofia considerable da capa córnea da epiderme, acompañada ou non de hipertrofia das papilas da derme.
-
Lesión verrugosa, con hipertrofia da capa córnea epidérmica, que se presenta a partir dos 40 ou 50 anos de idade en zonas expostas excesivamente á luz solar, especialmente na cara e no dorso das mans. É unha lesión que se considera precancerosa.
-
verruga seborreica.
-
-
-
Incisión cirúrxica que se realiza na córnea.
-
Intervención cirúrxica que consiste en practicar unha serie de incisións corneais coa intención de corrixir un defecto ou unha malformación ocular. Denomínase queratotomía radial cando se practican incisións radiais na córnea, nun número e a unha profundidade que cómpre determinar con exactitude. Foi realizada por primeira vez por Sviatoslav Fiodorov en 1974.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcohol polihidroxílico derivado do ciclohexano, do que poden existir diversos estereoisómeros.
-
GALICIA
Pintor. Destinado como funcionario de Facenda en Zamora (1953), nesta cidade comezou a súa carreira como pintor e a súa loita polas liberdades políticas. Durante a súa estancia formou parte da Asociación Zamorana de Bellas Artes e presentouse coa obra Enreixados á Exposición Nacional de Bellas Artes. A comezos da década de 1960 instalouse definitivamente en Vigo. Seguiu mantendo contacto coa súa cidade natal e formou parte dos Artistiñas que se reunían nunha taberna que foi coñecida como O Volter. Con eles realizou viaxes aos países nórdicos e a París, onde difundiu a súa obra. Relacionouse tamén con R. Otero Pedrayo e E. Blanco Amor. En Vigo, participou na Xunta Democrática e nas folgas obreiras e, coa chegada da democracia, abandonou a actividade política. Foi un dos fundadores do Ateneo de Vigo, asesor artístico de Caixanova e membro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, gravador, debuxante, caricaturista e ilustrador. Publicou caricaturas en distintos xornais, como La Voz de Galicia, onde tivo unha sección fixa, e La Región, con temas de Ourense antigo, ademais de revistas como Leer. Cultivou a pintura ao óleo, esencialmente abstracta ou surrealista, e o retrato. Participou en diversas mostras colectivas, realizou tamén gravados e augafortes, pergameos para organizacións oficiais e ilustracións para libros, como Viaxe ao país dos contos e da poesía (1985), de Pura e Dora Vázquez; Oráculos para Cavalinhos-do-demo (1986), de Manuel María; e La obra narrativa de Vicente Risco (1987), de Antón Risco. Director da obra social de Caixa Ourense, foi o creador da Bienal Internacional de Gravado Julio Prieto Nespereira. A segunda edición da Bienal da Caricatura (1994) dedicoulle unha mostra antolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e caricaturista. Coñecido como Quesada, traballou como inspector xefe do servizo de vixilancia fiscal do Ministerio de Economía e Facenda de Vigo. Dedicouse principalmente ao caricaturismo político, comezando na revista Club Deportivo Orense, de cuxo equipo formou parte durante varios anos. Desde entón colaborou en xornais como Faro de Vigo (desde 1961), Arriba ou Pueblo, e en revistas como La Codorniz, La Actualidad Española, Cambio 16, Blanco y Negro ou Interviú. Como pintor cultivou o expresionismo, reflectindo sempre na súa obra a visión irónica da vida. Das súas obras destacan Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998). Publicou os libros de humor Xente a esgalla (1981) e Quesadas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e empresario. Formado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, traballou en La Región (1956) e Garbo (1958), e logo instalouse en Madrid, onde cofundou as axencias Radial Press (1962) e Delfos (1968), xunto con Alfonso S. Palomares. Director de Cambio 16 (1971), Ciudadano (1974-1978 e 1986-87), Posible (1974) ou Interviu (1979-1982), de novo con Palomares fundou (1985) e dirixiu (1986-1996) a revista Leer. En 1993 fundou Turismo y Aventura, que tamén dirixiu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xaime Quessada.
-
-
Relativo ou pertencente aos quetognatos.
-
Metazoo do filo dos quetognatos.
-
Filo de metazoos triploblásticos con especies de corpo alongado, transparentes, fusiformes e divididos en tres rexións: cabeza, tronco e cola. Na cabeza, esférica, está a boca, e teñen o tronco alongado e envolto por dúas aletas laterais, coa cola apuntada e rematada nunha aleta horizontal. Son mariños, peláxicos e planctónicos. O xénero máis coñecido é Sagitta, que ten diversas especies.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos quetópodos.
-
Animal do grupo dos quetópodos.
-
Grupo de anélidos ao que pertencen os poliquetos e os oligoquetos, e que se caracterizan por presentar quetas ou sedas, dispostas sobre os parapodios, no caso dos poliquetos, ou directamente sobre cada segmento, no caso dos oligoquetos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Villanueva del Fresno, Badajoz 12.1.1736 - Ourense 28.3.1818) Relixioso. Bispo de Ourense (1776-1818), Napoleón I Bonaparte convocouno á Asemblea de Baiona (1808) pero negouse a acudir e, iniciada a Guerra da Independencia (1808-1814), formou parte do primeiro Consello de Rexencia española (1810). Polas súas crenzas e actitudes desamigouse dalgúns membros do mesmo e foi desterrado polas Cortes de Cádiz (1812) e privado dos seus cargos e dignidades ata 1814. En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal. Rexeitou os cargos de arcebispo de Sevilla e inquisidor xeral. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de andalusita con inclusións de carbón situadas de maneira que responden á simetría do mineral. Atópase en lousas afectadas por intrusións graníticas, presente nalgunhas zonas de Galicia, como no val do Louro ou San Mamede.