"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Xornalista. Relacionado inicialmente co federalismo, dirixiu a partir de agosto de 1882 o semanario anarquista El Hijo del Trabajo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou, entre outras obras, a pintura do retablo maior da igrexa de San Mamede de Carnota (1791) e dos catro colaterais da igrexa de Bastavales (1795).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. De orixe galega, acompañou a expedición de Hernán Cortés en 1519 e foi o primeiro sacerdote que desempeñou o oficio de crego e pastor de almas en Nueva España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Publicou Novena a la Virgen de la Cela (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático español. Coñecido co pseudónimo de El Misántropo, escribiu traballos de ortografía e gramática. É autor de Primera Gramática española razonada (1884), Tratado elemental de gramática española razonada (1885) e Nomenclatura de la gramática española (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benzodiazepina clorosubstituída moi empregada en medicina como tranquilizante, ansiolítico, sedante e relaxante muscular. Coñécese co nome comercial de valium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas de color amarela, tóxico e irritante. Emprégase na metilación de ácidos e fenois e nalgunhas reaccións de cicloadición. As súas disolucións concentradas son moi explosivas, sobre todo en presenza de impurezas e metais alcalinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo holandés. Estudiou arte na Academia voor Beeldende en Bouwende Kunsten, Tilburg, onde tamén traballou como profesor. En 1967 trasladouse ao Reino Unido para estudar pintura e comezou a traballar no campo da fotografía. Coas súas imaxes conceptuais, ao igual que acontece nas súas obras pitóricas, procura deformar a xeometría dos obxectos; así mesmo, preocúpase polo fenómeno do movemento que tamén tenta plasmar nas súas creacións coa exposición de imaxes simultáneas. O seu recoñecemento internacional chegou cunha serie fotográfica realizada entre 1967 e 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario lexicográfico e etimolóxico elaborado por Joan Coromines, en colaboración con José Antonio Pascual, publicado en seis volumes (1980-1991). Este dicionario revisa, amplía e actualiza o anterior dicionario publicado por J. Coromines (Dicionario crítico etimológico de la lengua castellana, 1954-1957). Nel resólvense problemas etimolóxicos e estúdiase o léxico do castelán e do resto das linguas (galego, portugués, éuscaro e catalán) e dialectos hispánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e novelista. Comprometido coa reforma social do seu país, publicou, entre outras obras, Madre América (1935), Los frutos amargos (1941), Esta generación perdida (1945) e Los habitantes de la noche (Premio Sociedad Argentina de Escritores, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas incoloro, non corrosivo e ininflamable, de punto de ebulición -29,8°C, que se obtén xunto co triclorofluormetano. Emprégase moito como refrixerante e como propelente de aerosois. Tamén se coñece co nome de Freon 12.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido no que se substitúen dous átomos de hidróxeno do grupo metilo do ácido etanoico por dous átomos de cloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que presenta flores de dúas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Astorga, fillo do bispo galego Sinfosio. Consagrou á fronte da sé de Astorga. Defendeu a doutrina priscilianista despois da morte de Prisciliano (385), ata que no I Concilio de Toledo (397-400) abxurou dos seus erros e condenou as obras que publicara previamente. Continuou á fronte da súa sé ata a súa morte e dedicouse a reparar os danos que orixinaran os enfrontamentos relixiosos. Sucedeuno san Toribio. Escribiu diversas obras, entre as que destaca Libra, tratado doutrinario priscilianista no que defendeu a mentira por motivos relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano. Axudado nos inicios da súa carreira pola nai do Emperador Marco Aurelio, accedeu ao cargo de cuestor antes da idade legal. Foi edil, pretor, legado en Acaia e en África, dirixiu a Lexión XXI en Xermania e designárono gobernador da Bélxica, onde detivo a invasión dos xermanos. Nomeado cónsul, derrotou os catos, pero o Emperador Cómodo desterrouno a Mediolanum, acusado de participar nunha conspiración na súa contra. Absolto, exerceu o goberno da Bitinia, foi cónsul e procónsul en África e procónsul en Asia, entre 189 e 190, e de novo entre 192 e 193. Despois da morte de Pertinax (193), accedeu ao trono logo de subornar a garda pretoriana, poxando contra Flavio Sulpiciano, e emprendeu numerosas disposicións que xa foran promulgadas por Cómodo, ao tempo que tentou achegarse á orde ecuestre. O pobo rexeitouno como emperador e producíronse disturbios en Roma. A revolta propagouse ás provincias trala proclamación de Pescennio Nigro, gobernador de Siria, como emperador. Pola súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e guionista estadounidense. Estudiou na Universidade de Berkeley e foi cronista de Vogue Magazine e columnista en diversas publicacións como Saturday Evening Post, Life ou Esquire. A súa obra explora a psicoloxía feminina, as formas de vida na costa oeste e a xeración hippy dos anos sesenta. É membro da American Academy of Arts and Letters e da American Academy of Arts and Sciences. Da súa produción destacan Run River (O río corre, 1963), Slouching towards Bethlehem (Camiñando cara a Belén, 1968), Play as it Lays (1970), A Book of Common Prayer (Libro de oracións comúns, 1977), The White Album (O álbum branco, 1979), Salvador (1983), Democracy (Democracia, 1984), After Henry (Despois de Henry, 1992) e The Last Thing He Wanted (O último que el quería, 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO