"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade artística situada en Londres. A súa orixe está nas reunións que dende 1732 realizaban algúns mozos, pertencentes á burguesía e á nobreza, nunha taberna londinense para discutir e mostrar opinións sobre a arte antiga. Financiaron expedicións arqueolóxicas, axudaron a lord Elgin na compra dos mármores do Partenón e moitos dos seus membros doaron as súas coleccións arqueolóxicas ao British Museum. Dende a súa fundación, nomearon un pintor oficial encargado de realizar os retratos dos seus membros, o primeiro deles foi George Knapton; posteriormente, ocuparon o cargo, entre outros, sir Joshua Reynolds e sir Thomas Lawrence.
-
PERSOEIRO
Botánico alemán. Doutorouse en Giessen e despois emigrou a Inglaterra, onde foi director do xardín botánico de Eltham e profesor da Oxford University. Describiu diversos xéneros e especies, especialmente musgos e fungos. Foi autor de Catalogus plantarum circa Giessen sponte nascentium (1718), Hortus Elthamensis (1732) e Historia muscorum (1741).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor belga. Fundou o grupo L’Essor, co que organizou as primeiras exposición de belas artes, e a Académie de Saint-Gilles. Entre as súas obras destaca o monumento de Anspach (Bruxelas).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao diluvio.
-
PERSOEIRO
Crítico literario romanés. Escribiu, entre outras obras, Criza culturii românesti (A crise da cultura romanesa, 1932), Aspecte şi atitudini ideologice (1933), Conceptul de art ǎ popular ǎ (Concepto de arte popular, 1939) Studii de istorie a teoriei literare românesti (Estudios de historia e teoría literaria romanesa, 1962) e Desbateri critice (Debates críticos, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de dimanar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de dimanar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dimana.
-
-
Brotar auga dun manancial.
-
Ter a súa orixe unha cousa noutra que se expresa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rebelde celote crucificado a carón de Cristo no monte Calvario. Figura no martiroloxio o 10 de abril, co apelativo de “bo ladrón” (latro na xerga política latina significaba ‘membro dun grupo armado de resistencia á ocupación romana’), alcume que lle deu a tradición polo seu arrepentimento. É o patrón dos moribundos, condenados a morte, pecadores arrepentidos e ladróns, entre outros; e o seu culto aparece asociado ao doutros pecadores arrepentidos. Na iconografía aparece crucificado á dereita de Cristo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aminofenazona.
-
-
Obxectos de caldeirería, de cobre ou de latón, fabricados na cidade belga de Dinant-sur-Meuse (Namur).
-
Obxectos de caldeirería realizados con cobre batido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subperíodo do Carbonífero equivalente ao Mississipián. Está situado sobre o Famennián e baixo o Silesián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Dinantián.
-
-
oz onomatopeica que reproduce o son dos sinos.
-
Aparato para bambearse composto por un asento e suspendido por unhas cordas ou cadeas suxeitas a unha barra horizontal.
-
Calquera xoguete que bambea.
-
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Dirixiu o teatro municipal de Viena. Algúns dos seus poemas vinculárono á Nova Alemaña pola súa tendencia liberal. É autor de Lieder eines kosmopolitischen Nachtwächters (Contos dun vixilante cosmopolita, 1840) e do drama Das Haus der Barnefeldt (A casa dos Barnefeldt, 1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a unha diocese.
-
Aplícase ao bispo ou arcebispo que ten diocese.
-
Cada un dos fieis pertencentes a unha diocese.
-
-
PERSOEIRO
Emperador romano (284-305). Comandante da garda imperial e máis tarde cónsul, foi elixido emperador por un tribunal de xenerais á morte de Numeriano (284). Logo da desaparición de Carino (285), irmán de Numeriano e coemperador, o Senado recoñeceulle a dignidade imperial. Asociou ao poder a Maximiano, un oficial da súa confianza, e cedeulle o control da metade occidental do Imperio, mentres se reservou o goberno da metade oriental e a dignidade de Augusto Iovius. A bipolarización da autoridade imperial permitiu que Maximiano reprimise o movemento bagauda e que Diocleciano recuperase Armenia. Non obstante , os conflitos políticos e sociais medraban no Imperio, polo que en maio do 293 vinculou o poder a outros dous militares, en calidade de césares: Constancio Cloro para Occidente e Galerio para Oriente. Diocleciano controlaba Tracia, Exipto e Asia, o césar Galerio gobernaba as provincias danubianas, Maximiano administraba Italia e África, e o seu césar Constancio, Hispania, a Galia e Britania....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo palacio romano situado en Split (Croacia). Mandouno construír o Emperador Diocleciano e alí residiu dende a súa abdicación ata a súa morte. O conxunto, de planta trapezoidal, estaba rodeado por unha muralla, agás a fronte que dá ao mar, que tiña unha galería de columnas. Posuía tres portas de acceso: a porta de ferro, de ouro e de prata. As vías principais, que partían das portas, formaban unha T e dividían o palacio en tres sectores: os dous situados ao N dedicábanse a xardíns, dependencias e cuarteis, e o situado ao S iniciábase cun peristilo que daba acceso ao templo, ao mausoleo (convertido posteriormente en catedral) e á residencia. Xunto co núcleo histórico de Split foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baños públicos construídos polo Emperador Diocleciano en Roma entre o ano 298 e o 306. Foi o conxunto termal de maiores dimensións construído na antiga Roma. Formábano un corpo central que tiña arredor del as diversas dependencias: calidarium, tepidarium, frigidarium, basilica e natatio. A igrexa de Santa Maria degli Angeli de Michelangelo empregou as paredes do calidarium na súa fachada e o tepidarium converteuse no seu adro. Da basilica consérvase a planta e as columnas de granito.