"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira literaria e teatral na súa cidade natal. Creador de sainetes, comedias e dramas de carácter costumista como Entre el hierro (1910), tamén explorou as posibilidades do drama grotesco, como medio para retratar a frustración e o patetismo dunha sociedade que sufría unha fonda transformación. Entre esas pezas, cunha dimensión crítica, hai que salientar Mateo (1923), Stefano (1928), Cremona (1933), ou El relojero (1934). A partir de 1934 abandonou a escrita dramática e iniciou unha carreira como tradutor e director de escena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Penitente que se azouta coa disciplina, normalmente en Semana Santa. Esta forma de penitencia multitudinaria data do s XV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reprodutor portátil de discos compactos.
-
-
Falta de acordo en algo.
-
-
Relación entre os estratos superpostos e os sedimentados, cun intervalo de tempo de separación no que hai movementos oroxénicos, epiroxénicos, unha forte erosión ou descontinuidade na sedimentación das capas. Hai diversas clases: aconformidade, se as rochas da base non están estratificadas, como as cristalinas; discordancia angular, chamada tamén desconformidade, e pseudoconformidade, se os grupos de estratos forman un ángulo entre eles, e por último paraconformidade, se ambas series son paralelas pero a superficie que as separa é difícil de ver.
-
Superficie que separa os sedimentos discordantes.
-
-
Fenómeno da métrica francesa que se refire aos desaxustes que existen entre os versos e as estruturas gramaticais. Pode ser interna, se se produce nunha cesura que divide o verso en dous, ou externa, se aparece entre dous versos. Dependendo do tipo de desaxuste, prodúcese o rejet, ou atraso do período -por exemplo, dunha frase con respecto ao verso-; o contre-rejet, se a frase se adianta ao verso; e o encabalgamento, se a frase se divide entre dous versos, comezando nun e rematando no seguinte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que discorda.
-
-
Feito de discrepar. OBS: Xeralmente emprégase en plural.
-
Cousa, punto ou aspecto sobre o que se discrepa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que discrepa.
-
-
Que discrimina.
-
Invariante funcional que establece unha relación entre os coeficientes dun polinomio, e permite estudar as súas raíces e outras propiedades. No caso dun polinomio de grao n cunha soa variable, a0xn+a1xn-1+...+an, o discriminante é a expresión
FORMULA
En particular, o discriminante dunha ecuación cuadrática ax2+bx+c=0 ten como expresión D=b2 - 4ac.
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Iniciou as súas creacións fotográficas retratando imaxes de xogos infantís en Nîmes. Posteriormente trasladouse a Brest, onde abriu un estudo de daguerrotipos. A partir de 1854 instalou en París o seu estudio, onde se especializou nos retratos da burguesía. Rapidamente, comezou a expansión comercial de Disdéri, quen a finais dese mesmo ano fundaba a sociedade Disdéri et Cie e adquiría a concesión oficial para fotografar os obxectos da Exposición Universal de París de 1855. Entre 1865 e 1868 abriu dous estudios en Londres e outro,posiblemente, en Madrid. Retratista de Napoleón III, as súas creacións caracterizáronse polo coidado do enfoque, o encadramento, a luz e a profundidade de campo. Entre as innovacións que achegou ao mundo da fotografía destacan unha fórmula para a exposición instantánea do colodión, un método para a preparación dun papel especial que axudaba á fixación da imaxe, unha caixa para a fotografía “instantánea” e unha fotomecánica para un proceso semellante...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que disgrega.
-
Substancia que se engade a un comprimido co fin de que este se desfaga ao estar en contacto cun líquido. Trátase xeralmente de produtos que se humedecen facilmente e que, ao facelo, inchan e provocan a separación dos grans que, prensados, forman o comprimido. O máis corrente é o amidón do trigo. Actualmente, hai disgregantes sintéticos ou semisintéticos, como a celulosa microcristalina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de silicio e hidróxeno que se presenta en estado líquido a temperatura ambiente. Son compostos análogos aos alcanos, aínda que menos estables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e situado en Anaheim, California. Á súa inauguración, o 17 de xullo de 1955, acudiron máis de 33.000 persoas. Conta con trens, cadoiros, palacios, figuras animadas, zonas recreativas e espectáculos teatrais e musicais. No centenario do nacemento do seu creador, programáronse diversas actividades co título de “100 Anos de Maxia”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e establecido en Marné-la-Vallée, a 32 km de París, desde o 12 de abril de 1992. Forma parte dos proxectos de expansión da empresa Disney polo mundo. Conta con máis de 12.000 empregados repartidos entre as diversas atraccións e os hoteis. Ademais, está situado nun importante nó de comunicacións de autoestradas, unido a París mediante o tren de alta velocidade e a medio camiño dos aeroportos de Orly e Roissy-Charles-de-Gaulle.
-
-
-
Combinación de sons disonantes ou discordantes.
-
Calidade dalgúns intervalos ou acordes que producen un efecto de insatisfacción auditiva. Na harmonía tradicional tiña que ir seguida da súa resolución. Eran disonantes os intervalos que non formaban parte dos acordes perfectos ou das súas inversións, os intervalos de segunda, de sétima e todos os aumentados ou diminuídos. Na música moderna, a disonancia adquiriu valor por ela mesma.
-
-
Efecto de disharmonía que provocan certos elementos no esquema rítmico dunha composición. Por extensión, alude a todo formante que non concorda co sentido xeral dun poema. Na narratoloxía aplícase ao distanciamento do narrador con respecto á interioridade dos seus personaxes, fronte á consonancia que indica a coincidencia nos sentimentos de ambos. Emprégase tamén para rexistrar o uso irónico da linguaxe que se deriva do desaxuste entre a intrascendencia do contido dun discurso e a elevación da súa expresión ou ao revés.
-
Falta de acordo ou de harmonía que teñen algunhas cousas entre si.
-
Estado de tensión producido nun individuo cando dous elementos cognitivos son incompatibles entre eles. O individuo afánase en reducir este estado pouco cómodo, aínda que teña que unir cognicións compatibles ou cambiar unha das cognicións disonantes. Esta teoría foi exposta por primeira vez no ano 1957 por Leon Festinger.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que disona.
-
-
Que dispersa.
-
Aditivo alimentario que facilita a dispersión e a eventual disolución dun alimento sólido nun líquido. O dioctilsulfosucinato sódico é un dispersante aceptado na maioría dos códigos alimentarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen disputa.
-
-
-
Espacio existente entre unha persoa ou cousa e outra.
-
Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.
-
distancia directa
Distancia encontrada por cálculo entre dúas posicións do navío.
-
distancia estimada
Distancia obtida mediante o cálculo da estima.
-
distancia observada
Distancia conseguida resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.
-
-
Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.
-
-
Diferencia destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.
-
Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social existente.
-
-
...
-
-
-
-
Espacio existente entre unha persoa ou cousa e outra.
-
Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.
-
distancia directa
Distancia encontrada por cálculo entre dúas posicións do navío.
-
distancia estimada
Distancia obtida mediante o cálculo da estima.
-
distancia observada
Distancia conseguida resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.
-
-
Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.
-
-
Diferencia destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.
-
Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social existente.
-
-
...
-
-
-
-
Acción e efecto de distanciar ou distanciarse.
-
Situación de persoas que están distantes.
-
-
Concepto dramático proposto por Bertolt Brecht, que fai referencia a un efecto oposto á identificación emocional provocada pola ilusión teatral e pola escena naturalista e figurativa, que procura a desalienación do espectador respecto da escena e dos mundos nela reflectidos. Este feito provocaría, en principio, unha toma de conciencia e unha maior implicación real nunha realidade social sempre conflitiva. Co obxectivo de provocar esa distancia necesaria entre o espectador e o mundo da escena, Brecht aposta pola presentación fronte á representación, para o que establece pautas interpretativas que incidan na permanente ruptura das vellas convencións e na distancia entre o actor e o personaxe que interpreta, e estratexias dramatúrxicas como a construción da trama a partir de pequenas escenas, a incorporación dun narrador, o uso de cantigas, a proxección de imaxes ou os cambios de escenografía, coas que se pretende mostrar o carácter de ficción escénica, para que o espectador manteña sempre...
-