"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo membro do Comité Olímpico Internacional que ten a responsabilidade de seleccionar os integrantes dos equipos que acoden aos Xogos Olímpicos en representación do territorio sobre o que exercen a súa xurisdición. Ademais, encárganse de velar pola difusión e observancia dos principios éticos e filosóficos do olimpismo no seu país. Os comités olímpicos nacionais deben ser admitidos pola Asemblea do COI e representar a estados plenamente soberanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión, producida no ano 1921, da Xuntanza Nazonalista da Habana liderada por Francisco Gómez. Caracterizouse polo seu carácter separatista, que o aproximou aos comités separatistas cataláns de Cuba e que o afastou doutros movementos galeguistas da illa.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (180-192), fillo de Marco Aurelio. En 176-177 foi proclamado imperator e augusto, e converteuse desde este momento en correxente. Adoptou o nome imperial de Marco Aurelio Comodo e comezou o seu goberno asinando un acordo de paz, pouco favorable para os romanos, cos pobos dos marcomanos, os cuados e os buros. Exerceu o poder dun xeito despótico, sen contar co Senado e cos colaboradores do seu pai, e apoiouse no exército e na plebe. Atacou a nobreza senatorial, que tramou varias conspiracións na súa contra e tivo que someter dous levantamentos en África e Britania. Durante o seu goberno tentou equilibrar a situación económica con escasos resultados, preludio da situación de postración económica do Imperio no s III. Morreu asasinado a instancias da súa amante, Marcia, e dos seus servidores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político mexicano. Xunto con Juan Álvarez opúxose á ditadura do xeneral López de Santa Anna. Foi elixido presidente provisional da República de México en 1855, e constitucional en 1857. A tarefa lexislativa do seu goberno valeulle a oposición dos católicos, dos conservadores, do exército e dos liberais, feito que o obrigou a dimitir (1858) e a exiliarse nos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aglomeración dos pos por medio da presión a temperatura normal ou alta. Neste último caso provócase á vez a sinterización do material. É a operación máis importante en pulverimetalurxia.
-
Operación que consiste en aumentar a densidade dun terreo natural ou dun terraplén pola expulsión do aire que conteñen as capas superiores, mediante máquinas e aparellos para apisoar, comprimir ou vibrar. É o método máis empregado para o afianzamento das subbases de estradas e pistas de aterraxe, e para os cimentos de obras de fábrica.
-
Formación diaxenética dunha rocha coherente a partir de sedimentos soltos. Prodúcese, principalmente, pola eliminación dos espacios porosos e a expulsión da auga atrapada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Madrid en 1918 por Nicolás María Urgoiti, propietario de La Papelera Española. O 1 de xaneiro de 1926 fusionouse coa tamén editora Hijos de J. Espasa, de Barcelona, da que xurdiu a editorial Espasa-Calpe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada en 1985 no ámbito do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales, dependente do ministerio de Cultura e con sede en Madrid. Ideouse co obxectivo de manter a vixencia e a actualidade da literatura dramática clásica castelá. Adolfo Marsillach dirixiuna ata 1989, ano no que asumiu a dirección Rafael Pérez Sierra, quen ocupou o cargo ata 1992. Posteriormente, Marsillach volveu ocuparse da dirección ata 1996, función que logo pasou a exercer José Luís Alonso de Santos. Calderón de la Barca, Lope de Vega, Ruíz de Alarcón, Miguel de Cervantes, Tirso de Molina, Fernando de Rojas ou Agustín Moreto son algúns dos autores máis recorrentes nas realizacións escénicas da compañía, desde a que tamén se desenvolveron diversas actividades de promoción e divulgación dos clásicos, como o Festival de Teatro Clásico de Almagro.
-
-
Acción de comparar ou compararse.
-
Susceptibilidade de ser comparado.
-
Constatación das semellanzas, das diferencias ou das relacións que existen entre distintas entidades. Implica un acto de atención e ten un papel fundamental na lóxica do xuízo.
-
-
Procedemento lingüístico polo que se establece unha relación entre dous elementos na que se contrasta o grao de semellanza ou diferenza dunha determinada calidade, cantidade, intensidade, etc. Poden establecerse comparacións entre distintas unidades morfolóxicas, con funcións sintácticas diferentes: entre adxectivos ou frases adxectivas, entre substantivos ou frases nominais, entre adverbios ou frases adverbiais, entre frases preposicionais e entre verbos (
-
grao de comparación
Cada un dos graos de significación que pode ter o adxectivo: o comparativo, o positivo e o superlativo.
-
-
Figura retórica que establece unha relación de semellanza ou analoxía entre dous termos a partir dunha característica que ambos comparten en certo grao. A relación efectúase por medio de partículas comparativas (como, así, semellante a, tan, igual que, etc). Aparece por primeira vez como estratexia do discurso na Retórica de Aristóteles. Toda comparación implica dous termos, o primeiro ou comparado, fai referencia á realidade da que se fala, mentres que o segundo ou comparante designa aquilo co que se asocia. Tradicionalmente, considérase a metáfora como unha comparación na que se funden os dous termos nun. No que respecta ao símil, ás veces preséntase como sinónimo da comparación. Non obstante , a tendencia contemporánea reserva o nome de comparación para os exemplos nos que un dos termos se presenta como superior ou inferior ao outro a partir dalgunha calidade. Pola contra, cando a relación establecida é de igualdade,...
-
Diferencia entre a hora sinalada polo cronómetro maxistral e a sinalada polo acompañante.
-
Comparación que se establece entre as diferentes densidades ou graos de luz presentes nunha mesma imaxe.
-
Proceso co que os individuos comparan as súas actitudes e opinións coas dos outros individuos. Dentro dun grupo ten como efecto acentuar a uniformidade e eliminar as diferencias entre os suxeitos.
-
...
-
-
-
Acción e efecto de compaxinar ou compaxinarse.
-
Combinación de todos os elementos constitutivos dun impreso (galeradas, espacios en branco, marxes, ilustracións, titulares, etc) para formar as páxinas. A miúdo, empréganse probas de deseño das páxinas materializadas nunha maqueta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de compenetrarse.
-
-
Acción e efecto de compensar.
-
-
Aquilo que se dá ou fai co fin de compensar a alguén.
-
Anuncio gratuíto que o medio lle regala ao anunciante pola incorrecta reprodución do anterior ou por non acadar os resultados previstos.
-
-
Redución do esforzo necesario para a corrección da posición de voo dunha aeronave, mediante a disposición dunha parte dos aleróns e dos temóns de dirección e de profundidade diante da liña de bisagras. Enriba desta liña actúa unha forza aerodinámica (a acción do aire) ou estática (contrapesos ou servomotores) que facilita o movemento dos aleróns e dos temóns.
-
Forma dos chanzos das escaleiras que teñen unha parte recta e outra curva que se fan oblicuos para presentar un ancho uniforme coa liña de mesa.
-
-
Forma de extinción das obrigas vencidas cando dúas ou máis persoas son por dereito propio, reciprocamente, acredoras e debedoras. As débedas consisten nunha cantidade específica de diñeiro ou nunha cousa funxible da mesma especie e calidade.
-
compensación oculta
Compensación que non se fai pública. O emprego deste método autorízase cando non se pode cumprir a débeda doutro xeito e para evitar o dano ao debedor.
-
-
-
...
-
-
-
-
Acción e efecto de competir.
-
-
Calidade da actividade deportiva referente á oposición dos participantes nun contexto de igualdade de oportunidades e de acordo cun conxunto de convencións e regras que dan valor preciso ao triunfo.
-
Manifestación deportiva consistente no enfrontamento, individual ou por equipos, de dous ou máis adversarios para determinar un gañador.
-
-
Rivalidade en vendas que practican algunhas empresas para motivar os seus vendedores que, coa mellora dos obxectivos marcados inicialmente, reciben incentivos económicos e ascensos.
-
-
-
Acción e efecto de compilar.
-
Obra que resulta da selección e ordenación de diversos textos, en función do criterio escollido polo autor, como, por exemplo, os refraneiros, romanceiros, cancioneiros, etc. Pode incluír escritos íntegros ou fragmentarios. Reciben igualmente este nome as obras eruditas que agrupan e sintetizan obras anteriores.
-
Colección de leis, doutras disposicións normativas e, ás veces, de costumes, catalogadas cronoloxicamente ou por materias, que se transforma nunha orde xurídica con capacidade para obrigar no momento en que a promulga oficialmente o poder lexislativo. En caso contrario, constitúe unha simple colección privada na que as disposicións contidas teñen capacidade de seu para producir obrigas segundo o seu rango xurídico e o seu ámbito de aplicación. A tradición das compilacións é moi antiga e desenvolveuse extraordinariamente no mundo romano, en especial con Xustiniano, quen realizou unha codificación das normas do Dereito Romano entre os anos 529 e 534, co título de Codex Repetitae Praelectionis. Esta técnica lexislativa adoptouna o ordenamento xurídico español para recoller e sistematizar as normas de dereito propias das comunidades autónomas nas que o Código Civil constitúe unha fonte supletoria.
-
-
-
Acción e efecto de completar.
-
Calidade de completo.
-
-
Complemento dunha parte dun conxunto.
-
compleción dunha parte dun conxunto
Inclusión nun conxunto dos elementos que lle faltan para completalo.
-
-
-
-
Acción e efecto de complicar ou complicarse.
-
Calidade do que é complicado.
-
-
Circunstancia que complica unha situación.
-
Aparición, durante o curso normal dunha enfermidade, dunha afección ou unha síndrome que a agrava.
-
-
Situación que presenta dificultades.
-
Momento da obra dramática, en especial na tradición clásica, no que o conflito se intrica con novas peripecias, de xeito que o heroe ve desaparecer, sucesivamente, posibilidades de solucionalo e a tensión dramática é cada vez maior. No curso da representación, cada episodio incrementa a súa complicación ata o remate, que pode adoptar a forma dun conflito aberto ou ben resolverse na catástrofe ou momento no que o heroe paga o seu erro tráxico.
-
-
-
Acción, efecto ou xeito de compoñer ou de compoñerse.
-
-
Aquilo que se compón.
-
Obra artística musical ou literaria.
-
Redacción escolar sobre un tema concreto ou libre.
-
Construción dun texto con fins publicitarios.
-
-
Proporción dos distintos elementos que forman parte dun composto. Un composto puro caracterízase polo feito de ter unha composición química definida e constante, de acordo coas leis ponderais da química. A composición dalgúns materiais complexos, como minerais e cementos, ás veces expresase mediante as proporcións dos seus compoñentes molecularmente máis simples.
-
Proporción dos distintos elementos que forman parte dunha mestura.
-
Disposición, nunha determinada obra, de figuras, cores, volumes, formas ou outros elementos.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Santiago de Compostela en 1997 por Gerardo Conde Roa. Ten por finalidade promover e desenvolver a cultura, especialmente os valores culturais da cidade de Santiago de Compostela en relación coa configuración da identidade europea.
-
-
Acción e efecto de comprobar.
-
Testemuño do notario que asegura que comprobou a transcrición dun documento.
-
CRC.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de compulsar.
-
-
Acción e efecto de compunxirse.
-
Dor na conciencia producido pola sensación de ter cometido un pecado, ou causado un dano.
-