"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Construción situada en Vilaza (Gondomar). Presenta planta en forma de L, cun corpo baixo engadido. Realizado con granito enfoscado nalgunhas partes, na fachada N ten unha escaleira que desemboca nun patín e se prolonga nunha balconada. Ten unha pequena solaina e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra atada a un cabo coa que se bate na auga para que os peixes vaian cara as redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Pantaión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paolo di Dono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caldo moi mesto de castañas cocidas.

    2. Masa semilíquida que procede das amoras ou outras froitas ao ser espremidas, que se emprega para facer doces.

    3. Caldo do día anterior, sen garula, sobre o que se facían as papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa carnosa e arredondada dalgunhas partes do corpo humano, como a das xemas dos dedos ou a da base do dedo polgar, na palma da man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao L da cidade de Madrid e regado polo Jarama (6.287 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e pequenas industrias químicas e metalúrxicas. En 1937, durante a Guerra Civil Española, produciuse o asasinato de presos nacionais por parte de milicianos repúblicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que garda semellanza con outra persoa ou cousa.

    2. Que está ao mesmo nivel ou que apenas presenta variacións con respecto a outra persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de parir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico situado en Gandía (València). A escavación demostra a presenza das industrias normais en Europa Occidental, do Paleolítico Superior, época en que foi intensamente habitada; cunha cronoloxía que abrangue desde o Gravetense ao Madalense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo valenciano de artistas de vangarda formado en 1957. Foi o primeiro foco de introdución do informalismo en València e, ao igual que os demais grupos artísticos da posguerra, naceu coa intención de conectar a creación artística valenciana co panorama internacional. Entre 1960 e 1964 o grupo perdeu a súa cohesión debido ás diferentes traxectorias artísticas dos seus integrantes. Dos seus membros destacaron Manuel Gil, Salvador Sòria, Monjalés, Eusebi Sempere, Isidoro Balaguer e Andreu Alfaro e o galego Xosé María de Labra. Editou a revista Arte Vivo (1957-1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Desde moi novo exerceu a docencia musical en Lugo, onde entrou en contacto co folclore galego. As súas composicións entraron no repertorio de moitas corais galegas. Das súas obras destacan diversas composicións para canto e piano e as cancións “Malpocadiño...!”, con letra do poeta Alfonso de Vega e premiada en Lugo en 1949; “Desafío”, sobre textos de Xosé Trapero Pardo e galardoada no Certame Rexional de Santiago de Compostela de 1977; “Consello”, con letra de C. Sanmartín; e “O Merlo”, a nana “Do colo ao berce” e “Canta laberca!”, tamén baseadas en versos de Alfonso de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Patiño Regueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tenda de campaña de forma cónica que está sostida interiormente por un pau cravado á terra con estacas e cordas.

      2. Conxunto de pezas de tea suxeitas a un punto central, á maneira de tenda ou dosel, destinado a cubrir unha cama ou un altar.

      1. Construción que se ergue por riba doutras contiguas, illada nun patio ou un xardín, e que depende a miúdo doutra máis grande.

      2. Cada unha das construcións ou dos edificios que forman parte dun conxunto, como os dunha exposición, cidade universitaria, hospital ou prisión.

      3. Cada unha das dependencias dun cuartel, onde se aloxan os xefes e oficiais.

    1. Conxunto de fusís apoiados en terra e inclinados de maneira que se sosteñen entre eles e non caen.

      1. Armamento exterior do escudo, xeralmente de cor púrpura, que consiste nunha especie de baldaquino que cobre os brasóns dos reis e príncipes soberanos.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Emilia Pardo Bazán en 1886. Claro exemplo da súa concepción naturalista da realidade, nela presenta un medio que condiciona o comportamento dos personaxes, onde aparece unha nobreza en plena decadencia económica e moral. A obra desenvólvese nos Pazos de Ulloa, situados nun recóndito lugar de Galicia, en 1880, onde a vida está marcada pola influencia da relixión, a bruxaría, a política e as paixóns. A chegada de Julián, un sacerdote delicado e sensible, a Ulloa terá imprevistas consecuencias. O marqués de Ulloa, rudo e paixonal, vese obrigado a contraer matrimonio con Nucha, unha rapaza de cidade, para quen o ambiente dos pazos é un pesadelo. O contrapunto de Nucha está representado por Sabela, a criada que tivo un fillo bastardo co marqués. Trátase dunha novela de aprendizaxe en que se amosa o tránsito da inocencia e do descoñecemento do mundo á dura madurez.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pedra pequena e miúda.

      2. Conxunto desas pedras.

    1. Lugar onde hai moita pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada entre a de Corna Becerra e a punta do Porto Quilmas, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO