"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cervantes. Ten planta rectangular con tres naves: a central, sostida por dúas columnas octogonais e piares cadrados, e cun coro de madeira aos pés, e dúas laterais. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón elevada. No interior destaca o retablo maior renacentista, con dous corpos con imaxes da Piedade (s XVI), san Xoán e a Virxe. Nunha das capelas laterais consérvanse algúns sepulcros. No exterior destaca no lado S a torre de planta cadrada e dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de J. Simon Mayr en Bergamo, posteriormente trasladouse a Nápoles onde compuxo óperas, exerceu a docencia e dedicouse á dirección para logo marchar a París e á corte austríaca. A estrea de Anna Bolena (1830) supuxo o seu lanzamento internacional. Nas súas óperas mesturou o dramático e o cómico, e cultivou nalgunha delas un estilo próximo á ópera bufa rossiniana, como en L’elisir d’amore (O elixir de amor,1832) e Don Pasquale (1843), e outro tipicamente romántico, con temas históricos e novelescos, onde empregou técnicas do bel canto, como Lucrezia Borgia (1833), Maria Stuarda (1835) e Lucia di Lammermoor (1835). En París acadou grande éxito con La Favorite (A favorita, 1840) e La fille du régiment (A filla do rexemento, 1840), e despois en Viena con Linda di Chamonix (1842), onde foi mestre da capela imperial. Ademais, compuxo pezas de cámara, cancións, cantatas e música...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, político e diplomático, marqués de Valdegamas. Deuse a coñecer politicamente en 1832 con Memoria sobre la situación actual de la monarquía, na que propugnaba un institucionalismo moderado. Elixido deputado por Cádiz (1837), antes da caída da Raíña María Cristina marchou a Francia, onde redactou o manifesto da rexente á nación (1840). Regresou a España en 1843 e foi deputado por Badajoz. Os intentos revolucionarios de 1848 provocaron a súa renuncia pública ao liberalismo e a proclamación da necesidade de opoñerse á revolución coa ditadura. En contacto co pensamento de Bonald e De Maistre, escribiu Ensayo sobre el catolicismo, el liberalismo y el socialismo (1851), onde avogou pola submisión, incluso política, ao cristianismo e á Igrexa católica como defensa contra o liberalismo e a revolución. A obra influíu na dereita española posterior e foi eloxiada polos pensadores políticos alemáns precursores do nazismo. Dende 1851 foi embaixador en París. Oposto ás ideas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou no Grange School, no Instituto Pedagógico da Universidad de Chile e literatura na Universidade de Princeton. Obtivo a bolsa Guggenheim e foi conferenciante e profesor visitante, sobre todo en universidades dos EE UU. Despois dunha época na que residiu en España, regresou ao seu país e dirixiu un taller literario de grande importancia para o desenvolvemento da nova narrativa chilena. Colaborador nas revistas Ercilla, Siempre e no periódico El País, da súa produción narrativa destacan Veraneo y otros cuentos (1955), Dos cuentos (1956), Coronación (1957), El charlestón (1960), Este domingo (1966), El lugar sin límites (1967), El obsceno pájaro de la noche (1970), Tres novelitas burguesas (1973), Casa de campo (1978), La misteriosa desaparición de la marquesita de Loria (1980), El jardín de al lado (1981), La desesperanza (1986), Donde van a morir los elefantes (1995), Conjeturas sobre la memoria de mi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo de periodicidade anual editado pola Casa de Galicia de Donostia a principios de 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Gonzalo Zulaica Arregui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico anual que se celebra na cidade de Donostia desde 1953. A súa organización está a cargo dunha sociedade integrada a partes iguais polo Eusko Jaurlaritza (Gobierno Vasco) a Gipuzkoako Foru Aldundia (Diputación Foral de Guipúzcoa), o Donostiako Udala (Ayuntamiento de San Sebastián), e o Ministerio de Educación e Cultura, e preside esta sociedade o alcalde de Donostia-San Sebastián. Ata mediados da década dos 50 non se consolidou como festival de categoría internacional. Moitas son as categorías que se premian, aínda que destacan os premios da Concha de Oro, Concha de Plata, Premio Donostia e Premio de la Crítica Internacional. Ao longo dos anos premiáronse coa Concha de Oro e coa Concha de Plata distintas producións, entre as que cómpre salientar Vertigo (1958), de Alfred Hitchcock; One-Eyed Jacks (1961), de Marlon Brando; America, America (1964), de Elia Kazan; The Rain People (1969), de Francis Ford Coppola; Paper Moon...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Donovan Leitch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, reformouse no 1654. No 1119 Xoán Díaz e María Luci, a súa dona, doáronlla á Igrexa de Lugo. Ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais aos lados da nave. O primeiro tramo da nave pertence á primitiva igrexa e a cabeceira e as capelas laterais son barrocas. No interior, conserva restos dun baldaquino de pedra e un arcosolio cun sepulcro que se identificou co do conde Ramiro, aínda que a vestimenta do xacente é a propia dun eclesiástico que pode ser o fundador do templo barroco ou un párroco da igrexa. Conserva a fachada da primitiva construción románica. A portada está formada por dous pares de columnas acobadeladas, con capiteis e bases engadidos posteriormente, que sustentan o tímpano, formado por unha dobre arquivolta tórica e enmarcado por un arco carpanel que se apoia nas xambas. Sobre os ábacos das columnas interiores sitúase unha lousa que pertenceu ao primitivo tímpano; este ten esculpido dúas rosetas con cruces no centro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. A primitiva igrexa substituíuse no s XVIII baixo o mecenado de Cayetano Gil Taboada, arcebispo de Sevilla. No seu interior destaca o panteón dos Gil Taboada: na capela maior están os sepulcros de Gómez Gil Taboada, señor de Bergazos, e Beatriz Fernández de Gudín, pais do fundador da igrexa e, pegados ás paredes do templo, localízanse outros sepulcros coas armas da familia. Os retablos realizounos o mestre local Silvestre Colmeiro. Na fachada destaca a porta barroca e o frontón triangular partido sobre o que se situou o campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home que é un sedutor e un conquistador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio dun donxoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de características e calidades dun donxoán.

    2. Condición de donxóan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto motociclista de velocidade. Debutou no Mundial no ano 1989. Ao longo da súa carreira proclamouse vencedor dun total de 54 grandes premios nos 500 cc e conquistou, en cinco ocasións consecutivas, o título de Campión do Mundo desa categoría entre os anos 1994 e 1998. En decembro de 1999 anunciou a súa retirada da competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gaiteiro. Aos dez anos acadou o primeiro premio nun concurso celebrado en Santiago de Compostela e en 1903 emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu un grupo de gaiteiros. Actuou, entre outros teatros, no Teatro Colón de Bos Aires e gravou varios discos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre gaiteiro. Estudiou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Compoñente de diversas formacións musicais tradicionais e folks, integrou o grupo Baila na criba (1992-1997) co que acadou diversos premios. Mestre gaiteiro do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, foi director entre 1992 e 1999 das súas seccións instrumentais, da Escola de Instrumentos Tradicionais e da Banda de Gaitas Terra de Trasancos, que fundou en 1994. Así mesmo, foi presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas (1994-2000) e director dende 1998 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión e da Banda de Gaitas do Concello de Xinzo de Limia e da Banda de Gaitas do Concello de Celanova. En 1999 fundou a Asociación Cultural Ardóbriga e a Banda de Gaitas Cidade de Ferrol, da que é director; colaborou co gaiteiro José Ángel Hevia en dous traballos discográficos; e dende xaneiro de 2002 dirixe a Banda de Gaitas de Candás. Escribiu diversos traballos sobre música popular, etnografía e historia, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. Vinculado á Federación Local Obrera (FLO) e á Sociedad de Carpinteros La Emancipación, en 1911 participou na constitución da frustrada federación sindical Solidaridad Obrera de Galicia, xunto co vigués Luís Plaza e os coruñeses Xoán No, Enrique Taboada e Xermán Barreiro, entre outros. En 1920 asumiu a secretaría da FLO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático austríaco. Foi profesor de física e matemáticas nas escolas técnicas de Praga e Chemnitz, e profesor de física experimental na Universidade de Viena. No seu traballo Über das farbige Licht der Doppelsterne (Sobre a coloración da luz das estrelas dobres, 1842) incluíu o fundamento teórico do efecto que leva o seu nome. En 1848 descubriu o efecto de perturbación que nas ondas sonoras e lumínicas produce a rotación do medio de propagación. Tamén inventou varios aparatos de medición, como o diastimómetro óptico e a sirena para a determinación das presións dos vapores ou do aire comprimido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Gardamariña en Ferrol (1803), acadou o rango de alférez de fragata en 1804. Participou na Batalla de Trafalgar e durante a Guerra da Independencia tomou parte nas contendas de Orrantia, Espinosa de los Monteros, Lugo e Astorga. Tenente de navío dende a toma de Donostia (1814), sumouse ao pronunciamento liberal de Díaz Porlier (1815), polo que permaneceu arrestado no castelo de Santo Antón ata 1819. Marchou a Cuba e participou no levantamento do bloqueo do Callao (1824). No 1826 percorreu a costa galega como capitán de fragata para elaborar o mapa cartográfico das rías de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Muros. En 1830 foi nomeado capitán de navío e desempeñou, como interino, o cargo de ministro de Marina (1851) no goberno de Bravo Murillo. No 1853, durante o goberno de F. Lersundi, foi titular do ministerio de Marina, pero tivo que dimitir a causa de certas irregularidades nun contrato. Publicou Círculo de marcar para perfeccionar la aguja de la bitácora (1848),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor. Foi discípulo de B. Bártok e Z. Kodály, e realizou estudios musicais en Budapest, onde dirixiu a Ópera. En 1940 emigrou aos EE UU onde se nacionalizou. Foi director, entre outras, da Orquestra Sinfónica de Minneapolis, da Orquestra Sinfónica de Dallas, da Orquestra Sinfónica da BBC e da Orquestra Sinfónica de Detroit. Como compositor escribiu Concerto for Cello and Orchestra (Concerto para violoncello e orquestra), a cantiga dramática The Way (O camiño) e obras orquestrais.

    VER O DETALLE DO TERMO