"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Regatista. Proclamouse campión olímpico ao gañar a medalla de ouro da clase Finn nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988. Foi tres veces campión mundial e noutras tres ocasións campión de Europa. Ademais, acadou unha medalla de prata e outra de bronce en campionatos mundiais, e unha de prata en campionatos de Europa. Concedéuselle a Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Regatista. Foi o primeiro deportista español que se proclamou campión olímpico en dúas ocasións: nos Xogos de Los Angeles 1984 na clase 4.70 (en compaña de Roberto Molina) e nos de Barcelona 1992 na clase Flyng Dutchman (con Domingo Manrique). Nos campionatos do Mundo acadou dúas medallas de ouro (en Flyng Dutchman en 1987 e en Soling, con Manrique e Vera, en 1995) e unha medalla de bronce (en 1991 na clase 4.70). En campionatos de Europa conseguiu tres títulos de campión (en 4.70 en 1985 e en Flyng Dutchman en 1988 e 1990), tres medallas de prata (en 1976, 1991 e 1992) e unha de bronce (1987). Participou en catro edicións dos Xogos Olímpicos: Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992 e Atlanta 1996. Concedéuselle a Gran Cruz da Real Orden del Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Roland Lécavelé.
-
PERSOEIRO
Almirante. Condottiere ao servizo da Santa Sé e doutros príncipes, controlou o goberno de Xénova. Despois de someter a rebelión de Córsega (1503-1506), organizou a mariña xenovesa e obtivo importantes vitorias contra os corsarios africanos no Mediterráneo. Colaborou con Francisco I de Francia na defensa da cidade ante as tropas de Carlos V (1527), pero despois pasou ao servizo do emperador. Reorganizou a vida política xenovesa e instaurou un goberno oligárquico estable, pero conservou as institucións republicanas. Recibiu os títulos de príncipe de Melfi (1531), marqués de Tursi, gran protonotario hereditario do Reino de Nápoles (1555) e almirante da flota española no Mediterráneo. Dirixiu unha expedición a Tunes (1535) e outra a Alxer (1541). Consolidou o seu poder en Xénova e converteu os xenoveses nos principais banqueiros e comerciantes de España. Despois de reprimir unha nova rebelión, deixou os seus estados a Gian Andrea Doria.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Boimorto. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas fundado cara ao 1152 por Lupa Pérez de Traba, filla do conde Pedro Froilaz. Construída no primeiro cuarto do s XIII, ten unha soa nave e unha ábsida de planta rectangular que aumentou en altura e acadou a mesma ca a nave. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor descansa nun par de semicolumnas pegadas de fustes curtos sobre bases áticas e con capiteis vexetais formados por pequenas follas sen nervaturas con pomas ou volutas nas puntas. O arco faixón presenta unha organización e decoración similar. A fiestra que debeu existir no testeiro da ábsida desapareceu e no seu lugar situouse outra arquitrabada que non se ve dende o interior. Ao norte construíuse unha sancristía, que permitiu que no seu interior se conserven os canzorros cóncavos que se perderon no beiril meridional. Ao norte da nave...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. Foi unha doazón de Urraca á catedral de Santiago de Compostela. De estilo románico, a súa decoración permitiu datala ao redor de 1171 por unha inscrición do testeiro da nave. Ten unha soa nave e ábsida semicircular. A ábsida está abovedada e reforzada por un arco faixón de medio punto sobre columnas. O arco triunfal é dobrado e ten a mesma directriz ca o faixón, apóiase nun par de columnas entregadas, con capiteis de follas planas e volutas no extremo, aínda que no setentrional aparece unha cabeza e as patas dun ser monstruoso. No exterior, a capela compartiméntase en cinco panos por medio de catro columnas entregadas, a setentrional tapada por unha sancristía moderna. Os capiteis que as coroan son vexetais, de dúas ordes de follas e algún con figuras, aínda que a súa deterioración impide precisar o seu tema. No lenzo central, ábrese unha ventá de medio punto sobre dúas columnas, con chambrana de tres filas de escaques. A portada occidental flanquéana...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilarmaior. De estilo románico, unha inscrición no tímpano da fachada principal dátaa no 1162. No 1185 Fernando III doou os seus beneficios a San Xoán de Caaveiro. Ten unha soa nave e unha ábsida semicircular precedida dun curto tramo recto. O arco triunfal é de medio punto, peraltado e dobrado, e está moi elevado. A rosca menor descansa sobre dúas semicolumnas pegadas que non teñen bases e con capiteis con decoración vexetal moi sinxela que non cobre toda a súa superficie. No exterior da capela maior destaca unha colección de canzorros con decoración xeométrica; as metopas que están entre eles adórnanse con grandes flores de botón central en resalte. A nave sufriu algunhas modificacións que afectaron ás partes altas e os canzorros están colocados a distancias desiguais. A porta norte, tapiada, remata nun tímpano semicircular liso, mentres que a meridional presenta ademais un lintel. A portada principal protéxese cun pórtico de madeira con apoios de pedra e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Santa mártir. De familia patricia, era filla dun senador da Capadocia. Morreu decapitada baixo o mandato de Diocleciano no 304. É patroa de floristas e xardineiros. Na iconografía viste túnica e palio coma as doncelas romanas, ás veces cunha coroa de flores, e leva como atributo unha cesta de flores e froitas. Santa Dorotea é titular da parroquia de Folgoso, concello de Abegondo. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Segundo o testamento de Odoario foi un antigo arciprestado. Rui Fernández de Noguerol doou o terreo ao mosteiro de Vilar de Donas en 1324. O templo reedificouse no s XVIII. Ten unha nave, con cuberta de madeira a dúas augas, e unha ábsida rectangular de maior altura ca a nave e con cuberta a catro augas. O arco triunfal é semicircular. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de Santiago Matamouros, san Isidro e a Inmaculada. No exterior destaca a espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Membro do Partido Carlista, despois do Convenio de Vergara integrouse no exército isabelino. Participou na Vicalvarada xunto con O’Donnell e integrouse de novo no exército carlista en 1868. Foi nomeado xeneral en xefe das forzas do País Vasco a finais de 1872 e sucedeu a Lizárraga como comandante das forzas do Centro. Despois da guerra trasladouse a Francia e ao Reino Unido ata que regresou a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Combateu contra os realistas (1810) e foi gobernador de Bos Aires (1820). Partidario do federalismo, foi desterrado polos unitarios, aos que se opuxo no congreso de 1826. Continuou a guerra contra Brasil, pero en 1828 asinou a paz e os dous países comprometéronse a respectar a independencia da Banda Oriental (Uruguay). Fusilárono na revolta do xeneral Lavalle.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sanxenxo. Construíuse en 1764 no terreo que ocupou unha antiga igrexa de posible orixe románica. Ten planta rectangular dividida en dous tramos: no primeiro destaca a bóveda de canón e no segundo un cun corpo pegado que funciona como sancristía. Na fachada sobresae a espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Iniciou a súa andaina no terreo literario escribindo pantomimas e pezas para títeres. Como dramaturgo experimentou con éxito as diversas técnicas teatrais, facendo tamén adaptacións de obras doutros autores. Escribiu Grosse Schmährede an der Stadtmauer (Grande imprecación diante das murallas da cidade, 1961); Toller (1968); Eiszeit (Tempo de xeo, 1973); Merlin oder das wüste Land (Merlín e a terra desolada, 1981); Der verbotene Garten. Fragmente über d’Annunzio (O xardín prohibido. Fragmentos sobre D’Annunzio, 1982); Parzival. Auf der andere Seite des Sees (Percival. Na outra marxe do lago, 1987); ou Die Legende vom armen Heinrich (A lenda do pobre Henrique, 1997); nas que reflicte a dimensión grotesca da condición humana e nas que tamén se deixa sentir o conflito entre o individuo e a sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Anxo Rei Ballesteros en 1977 que se centra na vida dun grupo de universitarios de Santiago de Compostela a través de tres personaxes principais: Luísa, Xoán e Atanís. Escrita desde unha actitude vital na que se mesturan a angustia, o medo, o caos ou o entusiasmo amoroso, ofrece a imaxe dunha mocidade marcada pola mediocridade e a falta de expectativas vitais. Conscientes de estar inmersos nunha sociedade hipócrita, insolidaria e egoísta, os protagonistas defínense por un sentimento de desorientación e de fracaso prematuro que tentan combater loitando por saír da súa incomunicación e asumindo a súa verdadeira personalidade nun mundo de aparencias, representado por personaxes secundarios como a nai de Luísa, Encarna e Manolo. A mensaxe última da novela é a impotencia fronte á nada, o baleiro vital que senten os personaxes, que non pode superar nin o mesmo amor. Tan só a literatura, simbolizada na novela que Atanís vai escribindo ao longo da trama, parece apuntar unha...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SL da capital, á beira do río Guadalquivir (91.138 h [1996]). Cabeza dunha fértil área agrícola, na que as oliveiras, laranxeiras e hortalizas son os principais produtos cultivados, no último cuarto do s XX, debido a un proceso de difusión a partir da capital, converteuse nun próspero núcleo industrial, no que destaca a elaboración de aceites, materiais de construción, mobles e o sector téxtil. Fundouna Fernando III o Santo despois da conquista de Sevilla. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as igrexas de Santa María Magdalena, a conventual de Santa Ana e a alquería de El Pilar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reynaldo dos Santos.
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto. Formouse con Raffaello de Montelupo en Roma, onde realizou monumentos fúnebres en San Pietro in Montorio e en San Lorenzo in Damaso. En Florencia construíu, entre outras, a capela Gaddi en Santa Maria Novella e o Palazzo Larderel, e en Nápoles, a igrexa de San Filippo Neri. Publicou o libro de debuxos Urbis Romae aedificiorum illustrium quae supersunt reliquiae.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e enxeñeiro. Realizou estudios de enxeñería técnica mecánica. No eido da pintura foi discípulo de Maximiliano Vidales Espinosa e Arturo Fernández Cersa. Estudiou na Escola de Traballo de Vigo (1939-1941) onde aprendeu as técnicas da augada e do lavado. En 1975 asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña baixo a dirección de Francisco Creo, Mariano García Patiño e Xosé Luís Rodríguez Sánchez. Traballou o óleo e a acuarela e cultivou a paisaxe. Realizou unha exposición na Alianza Francesa da Coruña (1978) e participou nunha colectiva celebrada no concello da Coruña (1984) e na sala municipal do 11º Arrondisement en París (1986). Acadou o primeiro premio do Concurso Infantil de Debuxo e Pintura da Sociedad de Amigos del Arte de Vigo (1930-1931). Foi presidente do consello de administración de ALUFLET, conselleiro delegado de Ponte Naya, vicepresidente do Banco del Noroeste, cónsul honorario de Francia na Coruña e decano do corpo consular da Coruña. Foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta belga. Membro do grupo surrealista belga, foi un dos teóricos do grupo COBRA. Realizou pinturas caligráficas e en 1962 ideou o logograma. Entre as súas obras destacan Logogram: space turning four forms to good account (Logograma: espazo ao redor de catro formas para unha boa conta, 1971) e Logbook (1974).
VER O DETALLE DO TERMO