"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Publicou en Santiago Pronósticos y observaciones astrológicas perpetuas de Thomas José Moult, astrólogo y filósofo, traducidas del francés al español por Francisco Alonso y Álvarez. Que tendrán su principio en el año 1773 y seguirán hasta el de 2376, y después siguiendo los números solares (como se explicarán) hasta el fin de los siglos (1768). O volume reeditouse na Coruña en 1812.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizou o sagrario da capela do Hostal dos Reis Católicos e o Santiago Peregrino de San Bieito do Campo (Santiago).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor castelán. Viviu en Madrid dende 1910 e cultivou a zarzuela con pezas como La Bejarana, composta en colaboración co mestre Serrano, La calesera e La Parranda. Posteriormente, tamén se dedicou ao mundo da revista, onde destaca a súa Las Leandras (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Avogado e notario de Ribadavia. Nos Xogos Florais de Pontevedra do 1905 resultou premiado o seu estudo Ventajas e inconvenientes de los foros gallegos. Publicou, así mesmo, La prescripción de los foros después de promulgado el Código Civil (1899) e na Revista Jurídica (1914) “Redención de foros”.
-
PERSOEIRO
Avogado. Estudiou Filosofía e Dereito na Universidade de Salamanca. Foi subsecretario da Gobernación e, despois da revolución do 1868, Presidente do Consello de Estado. En Madrid fundou o xornal El Guirigay e colaborou no Semanario Pintoresco. Ademais de numerosos traballos xurídicos, no 1834 publica o libro Poesías (1834), onde recolle composicións en castelán de estética neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e pintor. Aos 13 anos emigrou á Arxentina e instalouse en Bos Aires. Alí comezou a colaborar na revista Caras y Caretas da que chegou a ser caricaturista, faceta na que acadou éxito, sendo recoñecido como un dos principais debuxantes políticos de Bos Aires. No 1919 pasou a dirixir a revista e máis tarde foi fundador e director de Plus Ultra. Ademais de prestixiado pintor, pertenceu á Academia Real, foi Membro Correspondente da Real Academia Galega e Presidente da Comisión de Escuelas de la Provincia de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo saturado isómero xeométrico do pregnano. Íllase principalmente da zona cortical das glándulas suprarrenais, da placenta ou dos ouriños de mamíferos preñados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transplante entre dous individuos da mesma especie, pero de dotación xenética diferente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico, obtido por oxidación do ácido úrico. As solucións acuosas son ácidas e dan á pel unha coloración vermella. Utilízase na investigación bioquímica, para producir diabete en animais experimentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que resulta da redución e a dimerización da aloxana. Dá solucións acuosas ácidas. Provoca diabete por destrución selectiva das células β dos illotes de Langerhans, por alteración da permeabilidade da membrana celular.
-
PERSOEIRO
Segundo Sultán selxúcida, elixido polos Emires turcos ao morrer sen fillos Tu ḡ rīl Beg (1063). Comeza a conquista da Armenia (tomas de Kars e Ānī, 1064). Tomou as terras de Alepo, ata chegar preto de Damasco, aos fatimitas (1070). No 1071 apresa o Emperador bizantino Romano IV Dióxenes, para pasar a mans selxúcidas Armenia e Xeorxia. O seu Visir foi Ni ẓ ām al-Mulk.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena capela rural que debeu ser construída nos primeiros anos do s XIII. O arco triunfal responde a unha tipoloxía que é bastante abundante na zona interior de Galicia (comarcas do Deza e da Ulloa), coas columnas dispostas ante o arco.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira situada ao N de Albania. Presenta unha dirección xeral L-O, paralela ao curso inferior do río Drin. Están constituídos principalmente por rochas calcarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado á parte meridional da Great Dividing Range, área que comprende o L do estado de Victoria e o SL do de Nova Gales do Sur, nunha lonxitude duns 320 km. É unha cadea herciniana, que discorre en dirección NL-SO. Inclúe os cumios da Great Dividing Range (Kosciusko, de 2.230 m, e Bogong, de 1.986 m). Os principais ríos do país nacen nesta serra (Murray, Murrumbidgee e Snowy).
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira accidentada ao S de Romanía, tamén denominada Cárpatos Meridionais. A súa dirección xeral é L-O. Enlaza cos Cárpatos por levante e cos Balcáns por poñente. Macizos cristalinos compostos principalmente de granito e de xistos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Alpes Meridionais Serra que constitúe a espiña dorsal de Nova Zelanda e ocupa maioritariamente a Illa do Sur. Culmina no pico de Cook (3.760 m de alt), o máis alto do país. Forma unha crista situada entre a gran fosa oceánica de Tonga-Kermadec e o escudo australiano occidental. É un arco con dúas inflexións ou convexidades: a do NL, cara ao Pacífico occidental, e a do SO, cara á Cunca Oriental Australiana.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario holandés. Seguidor das correntes literarias da época. Escribiu cancións populares, himnos relixiosos e contos para nenos (Kleine gedichten voor kinderen, 1778-1782).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piso do Namuriano en Inglaterra que ten enriba o Chokeriano e debaixo o Kinderscoutiano. O estratotipo está no val de Alport (Derbyshire, Inglaterra).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Alportiano.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi profesor de Montpellier e da Sorbona. Publica Le désir d´eternité (O desexo de eternidade, 1943), La découverte métaphysique de l´homme chez Descartes (A descuberta da metafísica do home en Descartes, 1950) e La philosophie du surréalisme (A filosofía do surrealismo, 1955), obras nas que propugna unha metafísica espiritualista.
VER O DETALLE DO TERMO