"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • DIARIOS

    Diario católico aparecido na Coruña a partir de 1904. Cesou a súa edición en agosto de 1916. Dirixido polo sacerdote Xosé Martínez Zenitram, trátase dunha publicación relacionada co arcebispado. En 1913 tiña unha tiraxe que superaba os 2.500 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade irregular editada en Montevideo entre xullo de 1925 e maio de 1933. Subtitulouse “Órgano oficial de Casa de Galicia. Defensor de los intereses de la colonia gallega del Uruguay”. Dirixida por Ricardo Nóvoa, puido ter a súa continuidade nunha publicación da mesma sociedade aparecida a partir de 1941. Tirou do prelo 32 números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1868. De tendencia liberal, estaba dirixido por Esteban Quet. Saía todos os domingos. Trátase dunha publicación de carácter político que inclúe información xeral sobre a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter infantil editada en Betanzos a partir de 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio polo que as empresas deben fusionar os beneficios da súa produtividade coa minimización dos refugallos e a prevención da contaminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico semanal de Radio Caracas. Emitíase todos os domingos entre as nove e nove e media da mañá, e anunciábase como un espazo informativo do Centro Galego de Caracas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1097-1107), fillo de Malcolm III e santa Margarida. Recibiu o reino de Guillerme II de Inglaterra (1094) e fíxose co poder logo de destronar o usurpador Donaldbane (1097).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez en Vigo no mes de outubro de 1979. Dedicada á edición de libros en lingua galega, pertence ao Grupo Anaya. Naceu coa vontade de abranguer todos os campos da comunicación impresa e para contribuír á normalización da lingua en Galicia. En 1980 creáronse as tres primeiras coleccións “Montes e Fontes”, “Ventobranco” e “Fonteliña”. A partir de 1981 comezou a edición de libros de texto para EXB. Nese mesmo ano incorporouse Luís Mariño Pampín á dirección editorial. O lanzamento dos libros de Bacharelato produciuse en 1982, coincidindo coa presentación de dúas novas coleccións “Extramuros”, para a edición de libros en castelán e “Arroás”, na que se incluíron libros ilustrados. Ao ano seguinte creáronse tres novas coleccións “Xabarín”, para a publicación de literatura xuvenil en galego, “Narrativa” e “Xerais Universitaria”. En 1984 convocouse a primeira edición do Premio Xerais de Novela, e resultou gañador Carlos G. Reigosa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao emprego de edil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada por un grupo de anarcosindicalistas galegos exiliados en Francia nos anos corenta do s XX, vencellados á Confederación Regional Galaica da CNT no exilio. Co seu selo publicouse o folleto do vigués Campio Carpio “Curros Enríquez: poeta épico de la España Heróica” (1949), cun prólogo de Miguel Vázquez Valiño, membro destacado do grupo editorial e da Confederación Regional Galaica no exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1988 e subtitulada “Revista mensual e de expresión monolingüe galega”. Cesou a súa edición en marzo de 1990. Tiña unha tiraxe media de vinte mil exemplares e foi dirixida por Antón López Galocha. Malia que a maior parte dos seus contidos estaban orientados ao sector educativo galego, incluíu tamén información relacionada coa historia, a psicoloxía, a pegadoxía e a arte, xunto con artigos sobre lingua e literatura galegas. Outro dos apartados da revista inseriu recensións sobre libros en galego ou escritos noutras linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Formación de burbullas gasosas no interior dun líquido que saen á superficie e estoupan sen necesidade de aplicación de calor. Este fenómeno prodúcese polo desprendemento de gas disolto no líquido ou ben pola formación deste por reacción química.

      2. Fenómeno que ten lugar na solidificación do aceiro por mor das burbullas de gas, sobre todo de dióxido de carbono, que quedan atrapadas en forma de poros.

    1. Estado de inquietude ou de grande exaltación ou excitación que presenta unha persoa ou colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de eficaz.

    2. Grao de adaptación dun organismo ao medio onde vive, adquirido ao longo da súa evolución, feito que lle permite aproveitar ao máximo os recursos dos que dispón. Unha medida de eficacia biolóxica dunha especie é o número de fillos que chegan a ter descendencia. Supón, xa que logo, a capacidade dun individuo de sobrevivir ata transmitir os seus xenes á seguinte xeración. Úsase tamén o termo eficiencia biolóxica ou adecuación.

    3. Relación entre a dose dunha radiación de referencia e a dose da radiación considerada, que produce o mesmo efecto biolóxico.

    4. Redución en tanto por cento da velocidade de corrosión dun metal nun medio corrosivo en presenza dun inhibidor.

    5. Cociente, nunha radiación, entre o fluxo luminoso e o fluxo enerxético radiante. No caso dunha fonte luminosa é o cociente entre o fluxo luminoso total e a potencia consumida. A unidade no SI é o lumen por watt (lm/W).

    6. Cociente, para unha radiación monocromática, entre o fluxo enerxético correspondente á radiación de máxima eficacia e o da radiación considerada nun caso particular, de maneira que nos dous casos haberá máis sensacións luminosas da mesma intensidade. A eficacia luminosa relativa varía segundo a lonxitude de onda e as condicións de visión, e tamén en cada individuo; por isto a CIE (Comisión Internacional para a Iluminación) normalizou unhas curvas para un ollo medio e cunhas condicións normais de luz (visión fotópica), ou ben con pouca luz (visión escotópica).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de eficiente.

    2. Cociente entre a varianza dun estimador non nesgado e a mínima varianza posible.

    3. Cociente entre o traballo efectuado por unha máquina e o traballo necesario para facela funcionar. Nunha máquina ideal ambas as dúas cantidades son iguais, para unha máquina real a eficiencia é sempre menor ca 1.

    4. Fracción da calor absorbida por unha máquina térmica que se converte en traballo. No caso dunha máquina reversible de Carnot, que absorbe a calor q 2 á temperatura T 2 , e cede calor á temperatura T 1 mentres realiza o traballo W, a eficiencia é η=W/q 2 =(T 2 -T 1 )/T 2 . Tamén se denomina rendemento.

    5. Número de parellas electrón-burato que se xeran por cada fotón incidente sobre un fotodetector.

    6. Relación entre o alimento asimilado e o inxerido.

    7. Cociente entre o alimento inxerido e o dispoñible nun nivel trófico.

    8. Relación, expresada en tanto por cento, entre a produción neta dun nivel trófico e a do nivel precedente.

    9. Relación entre a enerxía contida na materia vexetal e a enerxía solar que a produce por fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso mediante o que os sales hidratados perden a totalidade ou unha parte da súa auga de cristalización cando a súa presión de vapor é máis alta ca a do ambiente, nun intento de igualar as dúas. A perda das moléculas de auga provoca a ruptura do retículo cristalino.

    2. Formación dendrítica de pequenos cristais formados a rentes do chan pola evaporación de solucións salinas do solo.

    3. Calquera formación eruptiva da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de efluír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Coñecido como Xosé Manuel Eirís, colaborou co grupo Na Lúa e compartiu a súa actividade artística coa de animador cultural do concello de Carballo. Gravou o disco Ese lago inmenso (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e escritor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza coa tese Notas para un estudo de la Edad del bronce en Galicia. Foi profesor na Universidad de Zaragoza (1970-1982) e catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela (1983), e dende 1984 na Universidad de Murcia. No eido da arqueoloxía, dirixiu traballos de campo en Galicia, Castela e León, Aragón, Murcia e América Latina, entre os que destacan os realizados no castro de Borneiro (1968 e 1974). No eido da historia e da xeografía do urbanismo, destacan os proxectos de investigación “El impacto del urbanismo colonial en el valle de Moche (Perú)” e “Estudio histórico y geográfico para la recuperación de los cascos históricos del noroeste de la región de Murcia”. Colaborador en revistas especializadas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Caesaraugusta, etc), foi coautor, entre outras obras, de Nociones de tecnología y tipología en prehistoria (1999) e autor de Sobre la...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Fina Eiros, formouse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo e na Escola Superior de Disseny i Art Eina da Universitat Autónoma de Barcelona (1989-1997). Ampliou a súa formación coas bolsas da Fundación Unión Fenosa (1996 e 1998) e coa do Oxford Centre for Galician Studies (1994-1995). A súa obra evolucionou dende os modelos figurativos ata unha pintura paisaxística e experimental que a levou a unha abstracción formal e un colorido desbordante. Da súa produción destacan as series Terra Incógnita e Antártica. Participou, entre outras mostras colectivas, na Semana Blava. Eina (1993 e 1994), no XIII Certame de Pintura Concello de Cambre (1996), no IV Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (1998), na II Convocatoria de Pintura da Fundación Nelson Zumel (1998), no Certame de Pintura Galería Burela (1998-2000) e no X Concurso de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos, 2000). Realizou exposicións individuais na Coruña, Meira, Lugo,...

    VER O DETALLE DO TERMO