"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á etnografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en etnografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en 1995 en Santiago de Compostela polo pintor Eugenio F. Granell e o concello da cidade. Ten a súa sede no pazo de Bendaña e está dirixida por Natalia Fernández Segarra, filla do pintor. Os seus obxectivos son a difusión, o fomento e o estudo da obra de E. Granell e do surrealismo e as correntes afíns. Conta cun museo que acolle unha colección de obras do artista e da súa colección particular de obras surrealistas, unha colección de arte étnica relacionada co interese dos surrealistas pola investigación antropolóxica, unha colección de arte ritual afrocubana e a colección de Philip West, formada polas obras doadas por este. Conta cun departamento pedagóxico e cun departamento de cultura. A biblioteca fórmana os fondos doados por Granell, referentes á arte, ao surrealismo, á literatura e libros sobre a guerra civil, e os procedentes da doazón de P. West.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica dun conxunto ou dunha operación entre conxuntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Epifanía de Siria 536 - Antioquía?) Historiador e político grego. Cuestor en Antioquía do emperador bizantino Tiberio II, escribiu unha Historia Eclesiástica, que permite o estudo dos ss VI e VII, e que continúa as historias de Sócrates, Sozómenes e Teodoreto.
-
PERSOEIRO
Arranxador, pianista e director de orquestra. Coñecido como Gil Evans, tivo unha formación autodidacta e debutou en Stockton como director de orquestra entre 1941 e 1949. Colaborou coa orquestra de Claude Thornhill e posteriormente traballou con Miles Davis, con quen gravou Birth of the Cool e Miles Ahead. Dende os anos setenta interesouse polos instrumentos acústicos e electrónicos con obras como There Comes a Time (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en León arredor de 1960. Conta con máis de 4.000 títulos publicados e está formada por 16 empresas do mundo do libro: Aizkorri, Edicións Cadí, Ediciones Gaviota, Editorial Everest, E. Everest Andalucía, Everdidac Internacional e E. Everest Galicia, con sede na Coruña. A súa liña de traballo está orientada fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil e ao material educativo. En lingua galega, as súas coleccións divídense en: “Montaña Encantada”, “Punto de Encontro”, “O meu mundo Disney”, “O Neno, a Nena e o Bau”, “Libros de texto” e “Material educativo”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Servicio de Extensión Agraria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extensómetro dotado dun aparato de rexistro.
-
PERSOEIRO
Poeta islandés. Escribiu Lilja (O lirio), poema dedicado á nai de Deus que reflicte a través da súa simboloxía a mentalidade medieval de Islandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo térmico que corresponde a cada unha das divisións da escala Fahrenheit.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regras cualitativas dadas por K. Fajans en 1923 que indican que, nun conxunto de substancias quimicamente semellantes con enlaces fundamentalmente iónicos, o carácter covalente aumenta nos seguintes casos: coa carga dos ións, cando o catión é pequeno e o anión é grande, e cando o catión ten unha configuración electrónica que non é a dun gas nobre. As regras de Fajans derivan da consideración da polarizabilidade e do poder polarizante dos ións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que rexistra, en forma de banda ampla, a forza necesaria para accionar as pas dunha amasadora que xira a unha velocidade constante a través dunha masa compacta de fariña e auga, dunha consistencia inicial fixa. O rexistro gráfico que se obtén é o farinograma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico obtido cun farinógrafo que dá idea da evolución das características reolóxicas da masa en función do tempo. Mediante este gráfico dedúcense as aptitudes e as aplicacións industriais de distintos tipos de fariña e completa os datos obtidos co alveógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de sindicatos agrícolas de inspiración católica que concentraron a súa maior actividade entre 1918 e mediados da década de 1920. Aínda que chegaron a existir sete federacións espalladas por toda Galicia, que englobaban a máis de 400 sindicatos agrarios (aínda que moitos deles tiveron escasa afiliación e vida efémera), contaban cunha maior implantación nas zonas gandeiras da Coruña e Lugo. Reunían asociacións profesionais, con fins técnicos e cooperativos, corporativas, interclasistas, paternalistas, apolíticas (aínda que en realidade tiñan un carácter defensivo e contrarrevolucionario), tradicionalistas e, polo tanto, antiliberais. A súa liña de actuación centrouse na defensa da propiedade campesiña, a divulgación de innovacións técnicas (como fertilizantes, insecticidas ou maquinaria industrial) e a difusión do cooperativismo. En 1930 fundouse a Unión Regional de las Federaciones Católico-Agrarias de Galicia, co fin de racionalizar os cometidos das tres federacións que aínda...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización pertencente á FAI constituída en Vigo no mes de xaneiro de 1936. Estivo composta por unha ducia de grupos afíns de Vigo, Tui, A Guarda, Chapela, O Porriño e Moaña que reunían a uns 70 militantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1932 para coordinar diversos colectivos anarquistas existentes na Coruña. Na súa constitución tivo un papel destacado o militante do cadro do Sindicato de Panaderos, José Moreno Torres. Dous anos máis tarde o agrupamento de varios grupos anarquistas coruñeses afiliados á FAI adoptou idéntica denominación, impulsada agora polo militante do Sindicato de Transportes, Luis Chamorro, e o anarquista de orixe grega Antonio Fournarakis. Desaparecida trala frustrada revolución de Asturias, reorganizouse a mediados de 1935, contando daquela coa axuda do director do periódico Brazo y Cerebro, Idelfonso González. Ao comezo da Guerra Civil, contaba cos grupos Nervio, Espartaco, Ideal, Los Intransigentes, Los Excomulgados, Sin Dios ni Patria e Ni Dios ni Fronteras, que integraban uns corenta militantes.
-
PERSOEIRO
Elector de Brandenburgo (1640-1688) e duque de Prusia (1657-1688), fillo do elector Xurxo Guillerme I. Trala fin da Guerra dos Trinta Anos (1618-1648) recibiu a Pomerania oriental. En 1656 rompeu a súa alianza con Polonia cando esta foi invadida por Suecia e Rusia, co que conseguiu o ducado de Prusia. Impulsou a unión administrativa e de tributos nos seus estados e iniciou o recrutamento regular para manter un exército permanente. Fundou varias colonias en África occidental e a Biblioteca Real de Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Prusia (1740-1786), fillo de Federico Guillerme I. Rebelouse contra a educación imposta polo seu pai e tentou fuxir a Inglaterra en 1730, pero foi descuberto e fixérono prisioneiro. En 1740 accedeu ao trono prusiano e iniciou unha política militar de carácter expansivo. Durante a Guerra de Sucesión austríaca (1740-1748) ocupou a rexión de Silesia, ao tempo que lle ofrecía a súa axuda a María Tareixa de Austria a cambio da propia Silesia. Na Guerra dos Sete Anos (1756-1763), malia as derrotas fronte aos exércitos austrorrusos, conseguiu asegurarse Silesia. En 1772 repartiuse Polonia con Catarina II de Rusia, polo que engadiu aos seus territorios a Prusia polaca, Gdańsk e Thorn, e en 1779 obtivo os principados franconios de Baviera. Durante a Guerra de Sucesión de Baviera constituíu o Fürstenbund, unha alianza cos principes alemáns co fin de frear os intentos de Austria por reconstituír o Sacro Imperio Romano Xermánico. Expoñente do despotismo ilustrado europeo, reorganizou a...
VER O DETALLE DO TERMO