"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
GALICIA
Gravador. Iniciouse no campo da pintura para logo centrarse no gravado, campo no que actuou como difusor e docente. Presidiu a Agrupación Española de Artistas Grabadores e foi un dos impulsores da creación do Museo Nacional de Grabado Contemporáneo y Sistemas de Estampación, que dirixiu entre 1967 e 1968. A súa evolución artística pode dividirse en varias etapas. Desde 1921 a 1925 cultivou o figurativismo, co predominio da técnica do linóleo e a augaforte, así como da figura humana e a temática social. Entre 1925 e 1950 dominou a augaforte e cultivou representacións realistas e temas costumistas de estilo tradicional e influencia rexionalista. A época de plenitude acadouna entre 1950 e 1960, nunha etapa non imitativa con ensaios de nova figuración e cubismo, onde abandonou a reprodución realista de paisaxes e monumentos. Desde 1960 a 1962 as súas obras caracterizáronse polo expresionismo, para logo evolucionar cara á abstracción cun novo pulo vangardista. Da súa produción destacan...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar duns 320 km de longo e 96 km de ancho, situado ao L do Ártico, entre o arquipélago de Parry, ao S, a illa Ellef Ringnes, ao L e a de Borden, ao O.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa situado no Canal de Berdún (2.412 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro con industria diversificada. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, onde conflúen os camiños aragonés e navarro. No s XII tiña un barrio de francos e dous hospitais para peregrinos. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santiago, que garda a imaxe de Santiago beltza (‘negro’) e a ponte románica sobre o río Arga, construída pola Raíña Maior, dona de Sancho Garcés II, para dar servizo aos peregrinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo e farmacéutico. Doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1982), especializouse en farmacia industrial e galénica, e en análise e control de medicamentos e drogas. En 1975 comezou a súa actividade investigadora no departamento de edafoloxía da Facultade de Farmacia (USC) e no Instituto Universitario de Estudios y Desarrollo de Galicia. En 1981 incorporouse aos laboratorios farmacéuticos ICI Farma, SA -posteriormente ASTRAZENECA Farmacéutica Spain-, onde ocupou os cargos de director técnico e director da fábrica do Porriño.
VER O DETALLE DO TERMO
Presidente da Fundación Galicia-Empresa desde 2002, escribiu Ernestina Otero Sestelo: Pedagoga (1992) e Redondela (1995). En 1978 recibiu o premio Federico Maciñeira da Deputación Provincial da Coruña como coautor do traballo “Contribución al estudo de las condiciones naturales de San Andrés... -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (4.188 h [2001]). A maior parte dos cultivos son de secaño, como cereais, forraxe e vide. A principal fonte económica é a industria téxtil, aínda que destacan outras complementarias como a alimentaria, a da madeira e a de construcións metálicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estancia destinada no ximnasio aos baños de suor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de orixe creada pola Orde de 5 de marzo de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Esta variedade de queixo elabórase nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Caurel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O leite que se emprega procede do gando vacún aínda que tamén se elaboran queixos con leite de gando caprino. Ten un aspecto funxiforme que se consegue atando un pano na base e deixando que a parte superior caia arredor. A súa codia é branca ou amarelada dependendo do punto de maduración e a súa pasta é abrancazada, branda e cun certo sabor ácido. Contén entre un 45% e un 60% de materia graxa que procede de leite enteiro pasteurizado e callado.
-
PERSOEIRO
Poeta. Figura destacada do movemento representado pola academia literaria Arcadia Lusitana (1756), escribiu sobre todo églogas e elexías, en que se manifesta a tradición clásica de Ribeiro e Camões.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político palestino. Coñecido como Abu Ala, ingresou en Al Fatah na década de 1960 e encargouse da dirección económica da Organización para a Liberación de Palestina (OLP). Foi presidente do Consello Nacional Palestino (2000-2003) e en 2003 sucedeu a Ma ḥ mūd Abbas como primeiro ministro, cargo que mantivo tras a morte de Arafat (2004) e a elección de M. Abbas como presidente da ANP.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Coñecida como María do Cebreiro, foi profesora de literatura occidental e comparada na Universidade de Porto, colabora en diversas revistas, como Boletín Galego de Literatura, Dorna e Grial. Coordinadora das antoloxías A poesía é o gran milagre do mundo (2001) e Damas Negras (2002), escribiu os poemarios O estadio do espello (1998), Nós as inadaptadas (2002) e Non queres que o poema te coñeza (2004, II Premio Caixanova de Poesía).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia dos Vilares (Guitiriz). O seu cumio acada os 587 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador e guionista cinematográfico. Despois de realizar estudos de física electrónica na Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse á Coruña para formarse na escola de Imaxe e Son. A súa andaina profesional ten como punto de partida o centro territorial de Televisión Española en Galicia, onde traballou como operador de cámara. O seu primeiro éxito veulle en 1996 coa curtametraxe Coruña imposible, coa que obtivo varios premios en certames nacionais e internacionais. Paralelamente á estrea desta obra, gañou unha praza como profesor, labor que compaxina coa súa actividade como director e guionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso marítimo entre as beiras S e N da ría de Vigo que se estende entre punta Aradoiro (Moaña) e Cabanas (Redondela).
-
-
Que se move ou medra ao pé do chan.
-
Que para conseguir os seus propósitos actúa de maneira vil e desprezable.
-
Que vai ou pasa a pouca altura.
-
-
ENTRADA LARGA
Órgano creado polos Reis Católicos, pola provisión do 3 de agosto de 1480 ditada en Toledo que se encarga da administración de xustiza no Reino de Galicia. Nesta data nomeouse un xustiza maior e un oidor para exercer a xurisdición civil e criminal en primeira instancia, en grao de apelación e en casos de corte, admitindo apelacións das súas sentenzas nos casos en que houbera lugar en dereito e exclusivamente diante o rei. Posteriormente nomeáronse alcaldes maiores.
VER O DETALLE DO TERMO
Regulamento e composición
Ademais da cédula fundacional, regularon a Audiencia as pragmáticas de Salamanca do 7 de decembro de 1486 e as de Madrid de 1494 e do 27 de novembro de 1504. En 1679 imprimíronse as Ordenanzas de la Real Audiencia del Reyno de Galicia que tentaron sistematizar a organización e funcionamento da institución. A Audiencia estaba composta polo gobernador, inicialmente xustiza maior, e polos alcaldes maiores, que pertencían á nobreza. O gobernador era presidente da Audiencia e capitán xeneral... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Curantes (A Estrada). Trátase dun conxunto de varias edificacións situadas ao redor dun patio central. O edificio principal ten planta rectangular con planta baixa e un andar en que se abre un amplo balcón. No tellado localízase unha figura de pedra dun busto dun home nu coas mans sobre a cabeza, onde se sitúa unha cruz coñecida como A Nugalla de Recarei, e que lle dá nome á casa. Conta con cheminea e cortes, e cunha capela de planta rectangular nun dos ángulos do conxunto.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cortegada. Dependeu do mosteiro de Celanova e está arrimada á casa prioral do s XVIII, formando un só corpo con ela. O seu muro frontal común caracterízase pola pureza de liñas, a sobriedade e a elegancia. O seu oratorio converteuse no s XIX no templo parroquial, cunha nave de tres tramos e cuberta de madeira, imitando un teito abovedado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou a súa primeira novela en 1977 co título Dos anxos e dos mortos. Das súas obras tamén destacan o conto Querido Brais (1977), premiado no concurso do Pedrón de Ouro; o drama Xogos de Damas (1988), estreado polo grupo teatral Malbarate en 1987; e as obras narrativas Loaira (1992, Premio Losada Diéguez) e Talego (1993, Premio Manuel García Barros), xunto ao libro de relatos A Sombra dos teus soños (1998). Tamén realizou incursións no ensaio con Tempo de vinganza: ensaio sobre Hamlet, de William Shakespeare (2003, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Alcalde de Redondela durante tres lexislaturas (1979-1991) e desde 1999, e senador electo por Pontevedra na V lexislatura (1993-1996), foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, secretario xeral da agrupación local do PSdeG-PSOE de Redondela e presidente da agrupación comarcal de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO