"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cetona que se emprega para a análise cualitativa e cuantitativa de α-aminoácidos que proceden da hidrólise de proteínas e para a avaliación de aminoácidos en cantidades pequenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster trinítrico da glicerina que se obtén por reacción dunha mestura de ácido nítrico e de ácido sulfúrico sobre a glicerina. É o explosivo máis común pero, por mor da súa sensibilidade ao choque, emprégase máis ben sempre mesturada con outras substancias, como no caso da dinamita, que a fai menos perigosa na manipulación e no transporte. A nitroglicerina, descuberta por Ascano Sobrero en 1846, emprégase tamén na composición de propergois sólidos usados para a propulsión de foguetes, e como vasodilatador, en doses de 0,2 a 0,6 mg, en aplicación sublingual, e de forma específica na anxina de peito.
-
-
Relativo ou pertencente a Níxer ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Níxer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
noradrenalina.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. De novo emigrou a Cuba onde dirixiu o xornal Las Hijas de Eva e cando volveu a Galicia foi nomeado o primeiro director de El Correo Gallego. Foi deputado provincial pola Coruña e director do Gran Hospital de Compostela. Escribiu o prólogo de Poesías gallegas y castellanas, de Francisco Añón, El capricho de mi esposa (1875) e o poemario Romancero de Galicia (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Marín a partir de 1909, que cesou en 1912. Apareceu en 1897 coa cabeceira El Eco de Marín, fundado por Sabas B. Catá, e en épocas sucesivas denominouse El Marinense, Nuevo Marín e novamente El Eco de Marín.
-
GALICIA
Xurista e político. Foi secretario xeral de Caixa Rural de Ourense e de Coren-Uteco. Cofundou a Acción Política Orensana, integrada en UCD, e Centristas de Galicia (1985), que formou parte do PP a partir de 1991. Foi conselleiro sen carteira na Xunta Preautonómica de Galicia (1979-1981), presidente da Deputación Provincial de Ourense (1979-1990), senador electo por Ourense (1986-1990 e 1997-2000) e deputado por Ourense (1989-2000). Presidiu o Parlamento de Galicia (1990-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, profesor e escritor. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou habitualmente na prensa galega, especialmente en El Correo Gallego, con artigos marcados pola súa temática humanístico-filosófica. Das súas obras destacan Meditaciones de lo interior (1989) e Un ímpeto do tempo (Unha fixación deleitosa) (2002). É membro da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia intermedia na biosíntese da metionina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento aerófono, xeralmente de terra cocida en forma oval irregular, que posúe un número variable de buratos. Produce un son afrautado que se obtén soprando por unha embocadura en forma de bico. Emprégase habitualmente na música folclórica de distintos países, especialmente americanos. En Galicia tamén a utilizan distintos grupos de música folk para acompañar partes das súas pezas. O tamaño é variado. As máis pequenas, chamadas coloquialmente asubíos, posúen entre cinco e seis furados, e as máis grandes entre oito e dez. Este instrumento permite tamén distintas afinacións, aínda que a máis empregada é a de do.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca a ocarina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos murícidos, de menos de 10 mm e que presentan hábitos depredadores. Nas costas de Galicia atópanse dúas especies, O. aciculata e O. edwardsi, moi semellantes entre si, pero que se diferenzan na cor do corpo, xeralmente alaranxada no primeiro e abrancazada no segundo.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Realizouse en estilo barroco no s XVIII e reformouse durante o s XX. No seu interior destaca o retablo maior barroco, realizado polo mestre González (1735-1736).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido que se extrae das follas do loendro e posúe unha acción cardiotónica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto líquido que resulta de fundir sebo e deixalo arrefecer a 35°C. Emprégase para facer margarina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada na década de 1980, que introduciu novas técnicas e habilidades escénicas no panorama teatral galego. En 1993 fusionouse con Tranvía Teatro para dar lugar á compañía Ollomoltranvía. Da súa produción destacan Moleques (1991) ou Fas e Nefas, dirixida por Xan Cejudo (1991)
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudou a formación das primeiras moléculas orgánicas a partir dos compoñentes inorgánicos dunha atmosfera primixenia, baixo a influencia dos raios ultravioletas do Sol. Das súas obras destacan A orixe da vida (1924) e A orixe química da vida (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título e territorio creado como señorío no SE de Francia. Foi despois un condado, e converteuse en principado no s XII. A súa unión coa rama dos Nassau tivo lugar cando Enrique III de Nassau o Grande (1483-1558), gobernador de Países Baixos e stadhouder xeral, casou con Claudia de Chalon (1515), herdeira do principado de Orange. En 1518 herdouno o seu único fillo, Renato de Nassau e, ao morrer este sen herdeiros (1544), pasou a Guillerme I o Taciturno (1545), de quen partiu a orixe da rama Orange-Nassau ( Guillerme I de Orange-Nassau ). Dela formaron parte os seus fillos e sucesores, Mauricio I de Orange-Nassau (1585-1625) e Federico Enrique I de Orange-Nassau (1625-1647); o fillo deste Guillerme II de Orange-Nassau (1647-1650) e o neto, Guillerme III de Orange-Nassau (1650-1702), que ademais foi rei de Inglaterra. Tras a súa morte herdouno Xoán...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘regato’.