"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Noal (Porto do Son). O seu cumio acada os 624 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos anátidos, ao que pertencen algunhas malvasías como a malvasía caribranca (O. leucocephala) e a malvasía carinegra (O. ferruginea).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pacer.

    2. Herba dun terreo que pace o gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural fundada en 1953 en México por exiliados galegos. O seu primeiro presidente foi Xesús Dopico. Foi un foco de promoción de iniciativas culturais e á súa imaxe naceron outras asociacións, como o Padroado de Monteveideo. Dos seus membros destacaron Roxelio Rodríguez Bertaña, Carlos Velo e Luís Soto. Contribuíu á creación da Irmandade da Fala e publicou o libro Presencia de Galicia en México, que recollía a participación de personalidades galegas, mexicanas e españolas na Emisión de Radio, patrocinada polo padroado. Ademais, editou as revistas Saudade e Vieiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Temperatura en que ocorreu un proceso xeolóxico do pasado, por exemplo, a temperatura dun metamorfismo rexional ou dunha cristalización.

    2. Temperatura media do clima ou do mar nun momento determinado da historia xeolóxica. Para determinala, hai que basearse na relación de isótopos de osíxeno O 18 /O 16 , que están contidos en determinados compostos como os carbonatos. Esta relación depende da temperatura de formación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1986. Editada polo servizo municipal de Educación da cidade, tratouse dunha publicación especializada en literatura infantil cunha periodicidade irregular. Coordinada por Mª Jesús Fernández, tivo como obxectivos a promoción da lectura e a dinamización cultural. Incluíu entrevistas, creacións literarias e traballos sobre coñecidos escritores estranxeiros de literatura infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura peruana que se desenvolveu na pequena península desértica de Paracas, ao S de Lima e a 18 km do actual porto de Pisco, no golfo homónimo. Tivo dúas fases de desenvolvemento: a primeira, Paracas Cavernas (300 a C-200), caracterizouse por enterramentos de tipo comunal que se realizaban no interior de cámaras escavadas na rocha, en que apareceu unha cerámica propia; a segunda fase, Paracas Necrópole, debe o seu nome a un gran cemiterio en que se encontraron 429 momias envoltas en teas únicas, feitas de algodón e la de alpaca e vicuña con gran riqueza de cores e debuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural protexido, cunha superficie de 9.393 ha, que se localiza nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume. Constitúe unha das fragas costeiras mellor conservadas de Europa, onde se poden atopar, preto das augas do río Eume, bosques de salgueiros e amieiros, que están rodeados de carballos, bidueiros, acivros, abeleiras, teixos, castiñeiros e loureiros. Tamén se poden observar sobreiras na súa vertente S. Unha importante riqueza florística da zona constitúea a flora de criptógamas e pteridófitos. En canto á flora de briófitas, están representadas 221 especies do total de 471 especies coas que conta a bioflora galega e a flora de liques conta con tres especies novas para Europa continental e 24 para a flora española. Destacan na flora a Woodwardia radicans, Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosus, Narcissus cyclamineus e Narcissus asturiensis. Na fauna existen especies de invertebrados endémicos de Galicia e de Europa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creba dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica do conxunto de partes musicais, vocais ou instrumentais, dunha composición. A partitura sinfónica ordénase de xeito que os instrumentos de madeira ocupen a parte superior, debaixo os de metal, baixo estes os de percusión e na parte inferior os de corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de patear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural creada en Montevideo o 8 de xuño de 1964, a iniciativa de Xosé Cancela Freixo. Tivo como finalidade o achegamento da colectividade galega ao pobo uruguaio e o espallamento da cultura galega en todas as súas expresións. Das súas iniciativas destacaron a creación da Escuela Galicia, a edición de libros e publicacións en galego -xunto a unha biblioteca con máis de 10.000 exemplares-, a creación do Día da Poesía Galega e o galardón Vieira de Prata, concedido cada ano a unha persoa ou institución que traballase a favor dos fins da agrupación. Tamén se fixeron cargo do programa radiofónico Sempre en Galicia e da publicación do boletín cultural Guieiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das afeccións cutáneas córneas propias dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 579 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en Aldemunde (Carballo). Está constituído por unha cámara poligonal, que presenta sete lousas chantadas de grandes dimensións, e por unha enorme tampa desprazada da súa disposición orixinaria, que mide 3,40 m de lonxitude e 2,20 m de anchura. Carece de mámoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en Carnés (Vimianzo). Sufriu importantes alteracións e está constituído por unha cámara poligonal de cinco lousas, que no seu interior conserva caídos dous dos ortóstatos da cuberta, e por un corredor curto, de aproximadamente 4 m de lonxitude. Moi preto deste monumento identificouse outra mámoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar de Fragoselo en Coruxo (Vigo). A rocha de 10,50 m por 4,70 m, presenta unha gran cantidade de combinacións circulares de diferentes tamaños, sucos, cazoletas, coviñas e pegadas zoomorfas. Destaca o gran suco que percorre a rocha en sentido norte a sur, á dereita do que aparece unha gran combinación circular de 124 cm de diámetro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pelar.

    2. queimadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá cun pelouro.

    VER O DETALLE DO TERMO