"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Poema longo épico-heroico, obra de Eduardo Pondal, no que pretendeu relatar as grandes fazañas da historia centrándose na aventura de Cristovo Colón. Publicouno postumamente en 1992 Amado Rincón Virulegio, tras un proceso exhaustivo de transcrición, selección e ordenación das case 4.000 oitavas que Pondal lle legou á Academia Galega nunha maleta. Os intentos anteriores a cargo de Carré Aldao e Lugrís Freire, que recibiron en 1920 o encargo da Academia de estudar o estado do poema, da comisión de académicos nomeada en 1954 co mesmo obxectivo, e de Fermín Bouza-Brey, quen só puido transcribir corenta e tres estrofas, non tiveron éxito. Esta tardanza debeuse en parte ao estado do manuscrito que Pondal pulía continuamente na busca da maior perfección, refundindo as estrofas e variando os seus contidos, e tamén á estrutura inacabada do poema. Os diversos borradores manuscritos de Os Eoas conteñen diversidade de opcións, tanto nas estrofas e versos coma nos cantos, amais de estaren desordenados....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda época do Terciario Inferior, entre o Paleoceno e o Oligoceno. Prolongouse durante uns 16,5 M a, dende hai 54 M a ata hai 37,5 M a. O Eoceno Inferior correspóndese co piso Ypresiano, o Eoceno Medio co Luteciano e o Eoceno Superior co Bartoniano e o Lattorfiano. O seu clima era cálido. A zona tropical estendíase desde a conca de París ata África do Sur, e desde Xapón ata Nova Zelanda. Os foraminíferos desenvolvéronse nos mares cálidos, sobre todo os miliólidos, alveolinos, nummulitos e orbitolinos, que chegaron a acadar dimensións xigantes, formando grandes masas rochosas. Os xéneros de moluscos eran os mesmos que apareceron no Cretáceo. A maior parte dos xéneros de moluscos xa existían nesta época, na que apareceu o xénero sepia, que aínda existe, e desapareceron os amónidos. As anxiospermas dominaron todos os ecosistemas posibles e fixeron retroceder as ximnospermas. A flora tropical variou segundo a zona, xa que en Europa floreceron as palmeiras (Saballites e Nipalites), e en Groenlandia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que se empregaba para designar o Cretáceo Inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Eocretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie que corresponde ao Devónico Inferior e que comprende os períodos Xediniano, Siexeniano e Emsiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Eodevónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do voivodato de èódzkie, Polonia (793.217 h [estim 2000]). É o primeiro núcleo industrial téxtil de Polonia e un dos máis importantes de Europa en algodón, seda, la e fibras artificiais. Esta especialización estivo favorecida pola influencia de obreiros téxtiles expulsados da industria pesada alemana. É o centro da industria cinematográfica polaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (18.219 km2; 2.643.385 h [estim 2000]). A súa capital é èódź.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península ao N do condado de Dún na nGall, Irlanda. Está rodeada polo loch Súilighe no O e o Lough Foyle no L (3.000 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Nacional para a Liberación de Chipre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión grega situada na costa do NO de Asia Menor, entre Troade e Xonia, que foi poboada dende Tesalia cara ao s XII a C. Os seus habitantes dedicábanse á agricultura. As súas cidades máis importantes foron Cimé, Larisa, Tenos, Mirina, Mitilente, Metimma (Lesbos), Pítane e Esmirna. Sometida sucesivamente polos lidios e os persas, integrouse no Reino de Pérgamo e foi anexionada polo Imperio Romano (133 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de orixe volcánica do Mar Tirreno, nas costas do NL de Sicilia (10.375 h [1991]). As illas máis estensas son Vulcano, Stromboli, Salina, Lipari e Panarea. En Lipari concéntrase a maior parte da poboación, onde a agricultura é a principal actividade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Eolo, deus do vento.

    2. Aplícase aos procesos de erosión e depósito nos que o axente é o vento. A acción erosiva que produce o vento débese ás partículas que transporta en suspensión. Se as partículas finas proveñen do solo, o proceso chámase deflación. A corrasión é a acción producida por estas partículas sobre as rochas. As partículas deposítanse cando o vento diminúe e deste xeito fórmanse as dunas, os ergs e a acumulación de loes.

    3. Aplícase á máquina ou mecanismo que se move pola forza do vento.

    4. Aplícase aos instrumentos, especialmente á arpa, que posúen unhas cordas que pode mover o vento.

    5. Enerxía do vento que se transforma en traballo ou electricidade, utilizando un aeroxerador. É unha das fontes de enerxía máis antiga explotada polo home. Os persas xa utilizaban os muíños de eixe vertical, 200 anos a C, para mover as moas de pedra que empregaban á súa vez para moer o trigo. En Inglaterra, a partir do s XVI, utilizaron muíños de vento para mover máquinas industriais, ata a chegada da máquina de vapor. Os Países Baixos servíronse destes muíños, ata principios do s XX, para drenar os terreos gañados ao mar. Ata que chegaron as redes mecánicas e os xeradores Diesel, o muíño de vento foi o que máis se utilizou na agricultura para bombear auga dos pozos. As rexións costeiras e as grandes chairas onde sopran os ventos con regularidade, son as zonas máis favorables para a instalación dos muíños. Nos chamados parques eólicos alcánzanse potencias eólicas importantes coa conexión de pequenos aeroxeradores agrupados, e isto permite producir, con aparatos de pequena potencia, grandes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical que imita o son do vento; empregouse nalgunhas obras sinfónicas, como Don Quixote de Richard Strauss.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Eolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo eolio.

    3. Pobo que chegou a Grecia dende Tesalia e se estableceu en Beocia e Etolia ao redor do 2000 a C. Estendeuse polo Peloponeso, onde permaneceu ata que, coa chegada de grupos de orixe doria (s XII a C), emigrou cara a Asia Menor e se instalou na costa, desde o Helesponto ata o río Hermes e a illa de Lesbos, que pasou a coñecerse como Eolia (s IX a C). Entre as numerosas cidades que se constituíron na rexión destacaron Cimé, Larisa, Tenos, Mirina, Mitilente, Metimma (Lesbos), Pítane e Esmirna, preto da desembocadura do Hermes. Sometido polos lidios e os persas, integrouse no Reino de Pérgamo. Reuníase anualmente ao redor do santuario de Apolo Pornopios.

    4. Dialecto do grego que se divide en tres subdialectos: o tesalio, o beocio e o lesbio.

    5. Modo grego tardío, orixinario de Eolia, introducido no continente por Terpandro. Foi a orixe do modo menor.

    6. Capitel grego arcaico, de orixe oriental, composto de dúas volutas simétricas grandes, ligadas por unha palmela ensanchada ou por un triángulo. Apareceron por primeira vez en Larissa e Neandria no 570 a C, e localizáronse exemplos en Chipre, Frixia e Paflagonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Turbina primitiva de reacción, descuberta por Herón de Alexandría. Consistía nunha esfera oca que podía xirar ao redor do seu eixe vertical e que se soportaba por un tubo que a comunicaba cun recipiente, onde se producía vapor de auga. A esfera estaba provista de dúas biquelas situadas nos extremos do diámetro, perpendicular ao eixo de rotación en direccións tanxenciais opostas. A presión do vapor ao saír polas biquelas facía xirar a esfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra de sílex ou doutro material, froito dun tallado casual que lembra as ferramentas realizadas polo home no Paleolítico. Pode localizarse en terreos do Terciario, feito que permitiu que no s XIX algúns estudiosos a considerasen froito da actividade humana e situasen nese período a orixe da especie. Posteriormente, os traballos de G. d’Ault du Mesnil e Louis Capitan demostraron que se debían a fenómenos naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Melanipe (ou Arne) e Posidón. Cando Melanipe deu a luz xemelgos, Eolo e Beoto, seu pai mandou cegala e prendela nun calabozo; os naipelos, pola súa banda, foron abandonados nun monte, onde os aleitaría unha vaca ata seren recollidos por uns pastores. Teano, esposa de Metaponto, rei da Icaria, ameazada de abandono por mor da súa esterilidade, acolleu os cativos como fillos seus; pero, pouco despois, deu tamén a luz xemelgos. Como os adoptivos eran os preferidos do esposo, suxeriulles aos seus fillos lexítimos que matasen a Eolo e Beoto nunha cacería, mais estes saíron vitoriosos ao seren apoiados polo seu propio pai. Logo refuxiáronse na casa dos pastores que os recolleran de cativos e alí Posidón confirmoulles que era seu pai e que a súa nai seguía encarcerada. Finalmente lograron liberala e Posidón devolveulle a vista. Cando o rei soubo da verdadeira historia, mandou matar a Teano e casou con Melanipe. Posteriormente, Beoto fundaría a cidade de Beocia e Eolo a illa de Eolia.

    VER O DETALLE DO TERMO