"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Bioquímico canadense. Estudiou na Universidade Católica de Louvain, onde se doutorou en Medicina en 1941 e se licenciou en Química en 1946. En 1947 entrou nesta mesma Universidade, traballo que compaxinou a partir de 1962 co que realizou na Universidade Rockefeller de Nova York, centros que o nomearon profesor emérito en 1985 e 1988, respectivamente. Descubriu a existencia dos lisosomas e dos peroxisomas e as súas funcións. Por este descubrimento outorgóuselle o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con A. Claude e G. E. Palade en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e pintor francés. Coñecido como o Mestre do unicornio polos gravados realizados sobre este tema na década de 1540, refuxiouse en Dijon e Xenebra despois de defender o protestantismo. Entre as súas obras destacan o relicario da catedral de Langres, destruído durante a Revolución Francesa, e a serie de gravados da Apocalipse (1561).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado belga. Foi burgomestre da súa cidade natal (1927-1947), conselleiro provincial (1933-1936), deputado (1944-1949) e senador (1949-1965). Designado ministro de Economía (1947-1950), foi primeiro ministro (8.6.1950-16.8.1950) e constituíu un goberno socialcristián que preparou o retorno do Rei Leopoldo III. Volveu ao goberno como ministro de Economía (1952-1954). Contribuíu á creación do Benelux e foi vicepresidente do Parlamento Europeo (1964-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Annam (1907-1916). Opúxose ao dominio francés durante a Primeira Guerra Mundial. En 1916 foi destituído e desterrado á illa da Reunión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor checo. Violinista destacado, estudiou con A. Liehmann na Escola de Órgano de Praga (1857-1859) e, posteriormente, ingresou na orquestra do Teatro Provisional baixo a dirección de Bedřich Smetana. Exerceu a docencia particular e na súa carreira musical contou co apoio de J. Brahms, quen en 1878 promoveu a publicación de varias das súas composicións na editorial alemá Simrock. Influído por Mozart, Beethoven, Schubert e Wagner, foi fiel ás correntes musicais nacionalistas e inspirouse no folclore eslavo. O seu primeiro éxito foi a cantata Hymnus: Os herdeiros da montaña Branca (1873). En Inglaterra acadou grandes éxitos, presentou varias das súas obras e compuxo outras, como o oratorio St. Ludmilla (1886) para o Leeds Musical Festival, e foi nomeado doutor honoris causa de Cambridge. En 1891 foi nomeado profesor de composición e instrumentación no Conservatorio de Praga. Posteriormente, durante a súa estancia nos EE UU interesouse polos ritmos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico canadense. Entre todas as películas que realizou cómpre salientar Robin Hood (1922), The Iron Mask (A máscara de ferro, 1929) e The Sands of Iwo Jima (As areas de Iwo Jima, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Anveres 1599 - Londres 1641) Pintor flamengo. Comezou a súa formación con H. van Balen, e en 1618 o gremio de pintores outorgoulle o rango de mestre. Despois pasou dous anos no obradoiro de Rubens. Realizou obras, entre as que destaca O prendemento (1618?), coa mesma técnica de pintura ca o seu mestre, pero nas que contrapuña un canon máis estilizado e unha gama cromática menos violenta. En 1620 viaxou a Londres, onde traballou ao servizo de Xacobe I, logo trasladouse a Italia (1621-1627) onde, influído pola escola veneciana e boloñesa, se dedicou ao retrato de medio corpo. Durante a súa estadía en Anveres (1627-1632) realizou retratos burgueses e pinturas de temática relixiosa, como Cristo morto e Descanso na fuxida a Exipto. En 1632 regresou a Inglaterra, onde se converteu en pintor da corte de Carlos I, quen o nomeou cabaleiro. Nos seus retratos da aristocracia inglesa reflectiu a condición de retratado. As súas obras volvéronse máis suaves...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Comezou a súa andaina literaria con narracións surrealistas influídas por W. Gombrowicz. A súa prosa rexistrou con humor e intelixencia diversos aspectos da sociedade polaca contemporánea. Escribiu Jezioro Bodeńskie (Lago Constanza, 1946), Poźegnaia (A despedida, 1948) e Podroz (A viaxe, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Robert Zimmerman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ajmag de Mongolia (82.000 km2; 107.600 h [estim 1997]). A capital é Uljasutaj (14.400 h [1979]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador da literatura. Foi profesor de literatura na Università di Pisa (1860), onde ensinou o método histórico e crítico. Escribiu, entre outras obras, Sacre rappresentazioni dei secoli XIV-XVI (Representacións sacras dos ss XIV-XVI, 1873), Le origini del teatro in Italia (A orixe do teatro en Italia, 1877) e Scritti danteschi (Escritos dantescos, 1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e restaurador. Comezou a súa andaina artística como pintor e, dende 1871, dedicouse á restauración de monumentos. O ministerio de Instrução Pública nomeouno en 1884 delegado rexio para a conservación dos monumentos do Piemonte e a Liguria. Para a exposición de Turín de 1884 proxectou o burgo medieval do Valentino, onde reproduciu os monumentos da rexión do Piemonte e do Val de Aosta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político italiano. Estudiou en Florencia e posteriormente na Universidade de Roma. Viviu en Roma dende 1881 e posteriormente trasladouse a Settignano. Foi elixido deputado en 1897 e logo dun período en Francia (1909-1915) regresou a Italia e tomou parte activa na Primeira Guerra Mundial. Gozou dun gran prestixio na época de Mussolini, xa que nos seus escritos defendía a política fascista. Representante do decadentismo, cultivou a poesía, o teatro e a novela. A súa obra divídese en tres períodos: ao primeiro (1882-1893) pertencen Canto novo (Canto novo, 1882), Intermezzo di rime (1884), Elegie romane (Elexía romana, 1893) e Poema paradisiaco (Poema paradisíaco, 1893), ademais de contos e novelas como Il piacere (O pracer, 1889); no segundo (1894-1910), influenciado por Nietzsche, escribiu novelas como Il trionfo della morte (O triunfo da morte, 1894) e Il fuoco (O lume, 1900); e no terceiro período (1921-1935), denominado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na University of Buffalo (1948-1953) e na New School for Social Research (1957). Continuou a súa formación en Ciudad de México con John Golding. Foi profesor na School of Visual Arts de Nova York (1957) e no Institute of Humanistic Studies de Aspen (1965). Dende 1963 realizou composicións sobre acrílico, inspiradas nos carteis publicitarios e nos letreiros da rúa que representan o estilo de vida norteamericano, encadradas na pop art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo do artista M. Barrias. Formouse en París (1947-1950), onde acudía á École du Louvre e onde entrou en contacto co estudo de Léger e Jean Cassou, con quen estudiou historia da arte. De regreso a Portugal, comezou a expoñer desde 1958 e converteuse nun dos representantes do movemento surrealista portugués. Na súa obra perdura a abstracción lírica e a variedade cromática. Destacan as obras Homenagem a Paul Eluard (1955), Génesis (1958) e Espaço-Deus (1960). Está representado, entre outros, no Museu de Arte Contemporânea de Lisboa e na Fundação Serralves de Porto. O seu fillo, Alberto D’Assumpção (Lisboa 1956) tamén é pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro estadounidense. Durante a Guerra de Secesión contruíu, por encargo do goberno da Unión, sete canoneiros de 600 toneladas, ao tempo que habilitaba 25 navíos para finalidades militares. Constructor dunha gran ponte de aceiro sobre o río Mississippi á altura de Saint Louis (1867-1874), abriu unha canle navegable ao S da desembocadura do Mississippi, que permitiu a transformación de New Orleans en porto de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político portugués. Entre 1958 e 1974 ocupou diversos cargos militares nas colonias (India, Macau, Moçambique, Guinea e Angola). Entre 1974 e 1975 foi director de programas e presidente do consello de administración na Rádio Televisão Portuguesa (RTP). Cando caeu o réxime salazarista (1974), contribuíu a dominar o intento revolucionario de novembro de 1975. Foi nomeado xefe do Estado Maior do Exército (1975-1976) e xefe do Estado Maior das Forças Armadas (1976-1981). Foi elixido presidente da República en 1976, cargo para o que foi reelixido en 1980, a pesar dos seus enfrontamentos cos sucesivos xefes do goberno. Cara ao final do seu mandato presidencial (1985), promoveu o nacemento do Partido Renovador Democrático (PRD), que pasou a ser a terceira forza política do país nas eleccións lexislativas de 1985 e que presidiu entre 1986 e 1987. Desde 1986 foi membro vitalicio do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Papua Nova Guinea (11.200 km2; 229.619 h [1990]). A capital é Garoka (17.855 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1892 por George Eastman. Líder mundial da industria fotográfica, dedícase principalmente á produción de cámaras fotográficas, películas, proxectores, fotocopiadoras, impresoras e outros equipos de oficina, amais de plásticos e produtos farmacéuticos. A compañía tivo a súa orixe na Eastman Dry Plate Company, creada en 1881 por George Eastman e Henry A. Strong. En 1892 revolucionou o mundo fotográfico ao introducir o papel Solio. En 1898 lanzou ao mercado a predecesora das cámaras modernas, a Kodak Folding Pocket, que acompañou a película Kodak Non-Curling (1903). En 1911 inaugurouse a Hamk Eye Works de Rochester na que se deseñan e fabrican os aparatos ópticos da compañía. A partir de 1917, coincidindo coa Primeira Guerra Mundial, desenvolveu as primeiras cámaras para fotografías aéreas. En 1923 comercializáronse as cámaras Cine-Kodak e o proxector Kodascope para afeccionados á cinematografía, que melloraron as súas funcións coa película Kodacolor de 16...

    VER O DETALLE DO TERMO