"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Soprano inglesa. Realizou estudios en París e Londres e principiou a súa carreira musical en Berlín. Posuidora dunha técnica vogal depurada, actuou con frecuencia no Metropolitan Opera House de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor e industrial fotográfico. Fundador da Eastman Kodak Company, en 1878 comezou a preparar as primeiras placas de bromuro de prata e en 1880 comezou a súa fabricación industrial. A partir de 1881 substituíu as placas de cristal por papel. En 1888 introduciu a primeira cámara Kodak no mercado, preparada cun rolo de película para cen tomas en papel coa que contribuíu á difusión da fotografía no público xeral. Ao ano seguinte inventou unha película transparente de nitrocelulosa que empregou T. A. Edison no seu cinematógrafo. Xa en 1890 sacou ao mercado a Kodak nº 2, que permitía obter 150 imaxes en papel. Cinco anos despois inventou un sistema para cargar e descargar á luz un carrete de doce imaxes coa coñecida Kodak Pocket, un aparato de reducidas dimensións. Posteriormente, inventou a Kodak de tres diafragmas, provista de varias velocidades, e unha cámara para nenos coñecida como Kodak Brownie, cun rolo para seis imaxes. Dedicou unha parte dos seus recursos económicos, obtidos coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que pasou a Castela e fundou casa en Medina del Campo. As súas armas levan escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de prata, con dúas faixas de veros; e segundo e terceiro cuarteis, en campo de goles, cunha banda de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Abba Eban, residiu en Palestina dende o ano 1942. Foi representante de Israel na ONU (1948-1959) e embaixador nos EE UU (1950-1959). Tras ser elixido deputado laborista en 1959, ocupou diversos cargos ministeriais: ministro sen carteira (1959-1960), ministro de Educación e Cultura (1960-1963), viceprimeiro ministro (1963-1966) e ministro de Asuntos Exteriores (1966-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carpinteiro de taller que realiza un traballo fino e coidado. Encárgase de axustar as pezas e, ao mesmo tempo, poñer un toque de arte nas formas e motivos que talla, especialmente na moblaxe e retablos. A madeira que acostuma empregar é a de ébano, nogueira e castiñeiro, traballada con ferramentas como as trenchas, os cepillos de moldura e o torno. Este traballo artesanal do ebanista, que ten un fin máis decorativo ca práctico, tomou o seu nome da madeira de ébano, utilizada para a construción de mobles dende a Antigüidade. As madeiras empregadas deben ser duras, compactas, uniformes e dunha fibra densa. Ademais do ébano, trabállanse, entre outras, a madeira de nogueira, aciñeira, carballo, acivro, ciprés e pereira. As imperfeccións da madeira trátanse de diferentes xeitos para disimulalas e conseguir unha presenza máis vistosa. Entre outras técnicas destacan os revestimentos con xeso e pintura, os chapados con outras madeiras preciosas e o emprego de enteados. Para a súa decoración empréganse,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de ebanista.

    2. Taller ou obradoiro de mobles feitos con madeiras finas.

    3. Conxunto de traballos dun ebanista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das ebenáceas, apreciada pola elevada densidade da súa madeira, superior a 1; polo tanto, non flota na auga e faina moi dura e difícil de cortar e cravar. O gran da madeira é moi fino, polo que resulta crebadiza, pero dá un bo acabado ao puíla. As especies máis apreciadas son as que presentan a madeira de cor escura. Son grandes árbores, de ata 20 m altura, de follas coriáceas de cor verde escura e flores verdosas cos estames soldados ás corolas simpétalas que dan lugar a froitos en baga. A maior parte dos ébanos pertencen ao xénero Diospyros. Forman parte dos bosques tropicais onde aparecen de xeito illado. Existen unhas 400 especies, das que 71 son africanas, especialmente de Guinea e do Congo. Tradicionalmente, empregábase para a talla de figuras e esculturas de alto valor relixioso ou para mobles de pezas ensambladas, tamén pezas de violín, bocas de instrumentos de vento, teclas negras dos pianos, paos de percusión e castañolas; amais de obxectos de luxo como pipas...

    2. Madeira desta árbore.

    3. Aquilo que ten unha cor negra, intensa e brillante coma a do ébano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo alemán. Estudiou nas universidades de Bonn, Halle, Berlín e Breslau. Investigou as condicións de aprendizaxe e a memoria. Foi un dos pioneiros da psicoloxía experimental e as súas investigacións sobre a memoria sentaron as bases para coñecer o seu funcionamento. En 1879 desenvolveu as técnicas experimentais para o estudo da memoria e o esquecemento, investigando, por primeira vez e de forma científica, os procesos mentais superiores. Primeiro, traballou coa memorización de sílabas sen sentido e logo pasou ao estudo da memorización de sílabas con sentido, e concluíu que a memoria era igual nun caso e no outro. Tamén determinou que para aprender algo novo hai que esquecer o vello. Segundo el, ao principio unha persoa esquece con moita rapidez e logo máis lentamente, pero nunca se esquece todo por completo senón que algo queda na memoria. A cantidade de material aprendido que pode ser recuperado, diminúe de maneira sistemática co tempo, pero non necesariamente a un ritmo constante....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, teólogo e lexicógrafo alemán. O seu racionalismo causoulle conflitos coas autoridades eclesiásticas. Influenciado por Ch. Wolff e G. W. Leibniz, defendeu as teses destes en contra das de I. Kant. Entre as súas obras cómpre destacar Neue Apologie des Sokrates (Nova apoloxía de Sócrates, 1772), Allgemeine Theorie des Denkes und Empfindens (Teoría xeral do pensar e do sentir, 1776) e Synonymisches Wöterbuch der deutschen Sprache (Dicionario de sinónimos da lingua alemana, 1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Destacado concertista, foi discípulo de W. A. Mozart. O seu estilo situouse na transición do clasicismo ao romanticismo. Compuxo cantatas, sinfonías, e sonatas e concertos para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade poboada dende o II milenio a C e situada en Irán, denominada actualmente Hamadān. Foi capital do imperio dos medos e dos persas aqueménidas dende o reinado de Ciro II o Grande (550 a C). Alexandre o Grande conquistouna no 330 a C e, trala conquista árabe (664), perdeu a súa importancia. Conserva, entre outros monumentos, os mausoleos de Esther e Mardoqueo e o de Avicena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Foi discípulo de Roland de Lassus. Deixou escritas cancións a catro e cinco voces e a obra Geistliche Lieder auf den Choral (1597).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada na Coruña a partir de 1958 co subtítulo “Congregación de Hijas de María del Colegio de Siervas de S. José. Boletín de información”. Desapareceu probablemente en 1964. De tendencia católico-conservadora, pretendía ofrecer consellos ás súas lectoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático costarriqueño. Foi secretario xeral do Partido Unión Nacional (1947) e embaixador nos EE UU (1950-1951). Nomeado ministro de Relacións Exteriores (1951-1953), foi presidente da República (1958-1962). Durante o seu mandato traballou pola mellora das infraestruturas e pola extensión do ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado colombiano. Vinculado ao Partido Liberal (PL), ocupou diversos cargos administrativos como ministro de Interior (1934-1935, 1937, 1942 e 1948-1949), de Asuntos Exteriores (1934-1935) e de Educación Nacional (1935-1936). Ocupou interinamente a presidencia da República entre novembro de 1943 e maio de 1944, e foi novamente ministro de Xustiza (1966-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral. Especializado en comedia, participou, entre outras, nas películas Tiempo de silencio (1986), Divinas Palabras (Premio Goya ao mellor actor secundario, 1987), La noche más larga (1990), Orquesta Club Virginia (1992), Madregilda (Premio Goya ao mellor actor principal, 1994, e Concha de Plata ao mellor actor no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián, 1993), Los años bárbaros (1998), ou Jara (2000). No apartado teatral participou en diversas montaxes, entre as que destacan El Verdugo (Premio Max ao mellor actor protagonista, 2000), e Alrededor de Borges (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou enxeñería industrial en Alemaña (1897). Traballou na empresa siderúrxica da súa familia ata que, trala morte da súa nai, se dedicou á pintura. No ano 1903 trasladouse a París, onde estudiou no obradoiro de Francisco Durrio e na Académie Julien. Realizou a súa primeira mostra en 1916 na Asociación de Artistas Vascos. Cultivou as naturezas mortas, a pintura de xénero, a paisaxe e o retrato, entre os que destacan Don Miguel de Unamuno, Valle-Inclán e Pío Baroja. Colaborou na revista España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Estudiou composición no Conservatorio de Madrid e posteriormente ampliou coñecementos en Berlín. Profesor no Conservatorio de Madrid, obtivo o Premio Nacional de Música en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, teórico social e político. Considerado o introdutor do romanticismo, influíu sobre a Xeración do 37. Residiu en París e, ao seu regreso a Bos Aires, publicou os seus primeiros versos de forma anónima. Posteriormente, implicouse nun intento fallido de derrocar o réxime de Juan Manuel de Rosas e exiliouse en Montevideo. Da súa produción destacan Elvira, o la novia del Plata (1832), Los consuelos (1834), Rimas (1837), La guitarra (1842) e Manual de enseñanza moral (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘borracheira’.

    VER O DETALLE DO TERMO