"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Johannes Maier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán da orde dominicana. Coñecido como Mestre Eckart, estudiou en Erfurt, onde foi prior do convento (1298), e en Colonia. Nomeado magister de teoloxía sagrada en París (1302), volveu a Alemaña ao ano seguinte e posteriormente nomeárono vicario xeral da orde en Bohemia (1307). Retornou a París como magister actu regens (1311) e en 1314 trasladouse a Estrasburgo (1314). Prior do mosteiro de Frankfurt (1317), volveu ás aulas como primeiro profesor da súa orde en Colonia dende 1320. Acusado de herexía e de vinculacións co movemento dos begardos (1326), apelou ao papa e defendeu as proposicións contidas nas súas obras, pero finalmente tivo que retractarse diante dos teólogos papais. Na súa doutrina mesturábanse as tradicións de Plotino, santo Tomé, santo Agostiño, Proclo e o pseudo Dionisio. Nos seus traballos distínguense: a obra latina, que comprende sermóns e unha teoloxía de raíz esexética, nada nun contexto universitario e cun carácter sistemático...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Escribiu Beiträge sur Poesie mit besonderer Hinweisung auf Goethe (Contribución á poesía, con especial atención a Goethe, 1823) e Gespräche mit Goethe in den letzten Jahren seines Lebens (Conversas con Goethe nos últimos anos da súa vida, 1836-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador, pintor e ilustrador alemán. Formouse na Kunst und Gewerberschule de Nuremburg e na Akademie der Bildenden de Múnic. A súa pintura evolucionou dende o naturalismo ata o simbolismo. En 1894 deixou a pintura e dedicouse ás artes decorativas. Publicou a revista Die Jugend (1896), orixe do nome Jugendstil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Xinzo de Limia a partir de decembro de 1911 e que cesou a súa edición en abril do ano seguinte. Dirixido por Xosé Santiago Taboada, contaba con Ramón Villarino de Sáa como redactor xefe. Entre os seus colaboradores cómpre salientar a Luciano F. Bello, Luís Sánchez, Modesto Álvarez Elices, Xavier Bóveda e Arturo Salgado. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de La Editorial e saía todos os domingos. Como primeiro xornal aparecido na vila incluíu información cultural, textos literarios, poemas, e datos sobre prezos e mercados ademais de novas de carácter xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a principios de 1858. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xosé Rodríguez Rubial, cesou a súa edición en outubro de 1863.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Carballo o 10 de febreiro de 1909 e que cesou a súa edición o 20 de xullo do mesmo ano. Fundado e dirixido por Xervasio Varela, contaba coa colaboración de Eduardo S. Serrano, Guillermo Díaz e Hernán Sáez, entre outros. Tiraba tres números ao mes e imprimíase nos obradoiros tipográficos do propio director. Ademais de noticias de carácter xeral e crónicas, incluíu unha guía para agricultores, un álbum poético e información histórica sobre Carballo e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1868. De tendencia liberal, estaba dirixido por Esteban Quet. Saía todos os domingos. Trátase dunha publicación de carácter político que inclúe información xeral sobre a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter educativo aparecido en abril de 1905 na Coruña. Dirixido por Eduardo López Budén, propietario dun colexio privado co seu nome, contaba con oito páxinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter infantil editada en Betanzos a partir de 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 1 de marzo de 1896 e que cesou a súa edición o 30 de setembro de 1938 ao fusionarse con El Correo Gallego, momento no que pasou a denominarse El Correo Gallego y El Eco de Santiago. Subtitulouse “Diario Independiente”, “Diario de Compostela” e “Diario de la tarde”. O seu fundador, director e propietario foi Celestino Sánchez Rivera. Entre os seus colaboradores figuraban Aurelio Ribalta, o marqués de Figueroa, Xoán Barcia Caballero, Armando Cotarelo Valledor, Pablo Pérez Constanti e Victoriano García Martí. A súa periodicidade era diaria, agás a partir de setembro de 1899, que deixa de publicarse os domingos. De tendencia católico-conservadora, incluíu información de carácter xeral, principalmente novas do estranxeiro (Cuba e Filipinas), de Madrid e do propio concello, asuntos económicos e unha “Sección de Modas”. Desde as súas páxinas atácase o federalista Pi i Margall, que pedía a independencia de Cuba. Así mesmo, préstaselle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Ferrol a partir de 1854 e que cesou ao ano seguinte. Vinculada á Mariña, contou coa colaboración de Xosé Canalejas, director da mesma, Xoán A. Lacaci e Montero Aróstegui, entre outros. Iniciou unha segunda época de edición o 5 de marzo de 1864 que levaba como subtítulo “Periódico independiente”. Dende 1866 modificou o seu subtítulo polo de “Periódico de ciencias y literatura”. Dirixido por Francisco Suárez García, saía tres veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera. Incluíu artigos de información xeral e composicións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de 1938. Cesou a súa edición ao ano seguinte. Trátase dun boletín dedicado exclusivamente a coleccionistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de tendencia católica publicada en Santiago de Compostela a partir do 15 de maio de 1884, na conmemoración do VII centenario do nacemento de san Francisco. Cesou a súa edición en outubro de 1968, con máis de 1.500 números impresos. Contou coa colaboración de Salvador Cabeza de León, Dolores del Río Sánchez, Manuel Posse, Luciano Piñeiro, Barcia Caballero e Eladio Rodríguez, ademais de frades franciscanos. Seguiu o modelo doutras revistas da comunidade e, ademais de información relixiosa, incluíu artigos sobre filosofía, historia, ética, psicoloxía, etc. No eido literario, cómpre salientar algúns textos en galego e traducións a esta lingua de poemas relixiosos en italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de información económica aparecido na Coruña entre o 16 de xaneiro e o 10 de febreiro de 1847. Publicou nove números e saíu tres veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ramón Peralta e incluíu artigos de creación literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade quincenal e de tendencia católica que se editou en Pontevedra entre os anos 1911 e 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia liberal editada en Ortigueira a partir do 5 de xaneiro de 1902. Subtitulada como “Semanario independiente”, cesou a súa edición a finais de 1913. Dirixiuna Ramón Álvarez Fustes ata o nº 46. Incluíu crónicas sobre política local nas que se desenvolvían novas sobre os concellos da comarca, artigos sobre os emigrantes galegos en América e capítulos de libros por entregas. Coa aparición de La Opinión de Ortigueira, outro periódico de tendencia liberal, modificou a súa postura política cara a posicións máis conservadoras. Na súa segunda época, no ano 1913, dirixiuna Dámaso Calvo Montero e contou coa colaboración de Manuel Cabarcos. Desapareceu nese mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira academia francesa de música que absorbeu o Conservatorio en 1795. Tiña a función de fornecer de cantantes a ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Branquia situada no exterior do corpo de certos animais. Está presente, temporal ou permanentemente, en poliquetos, nalgúns crustáceos, nas larvas de peixes e en adultos de anfibios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non perde a tranquilidade nin a serenidade.

    2. Que é imparcial e actúa conforme á razón.

    VER O DETALLE DO TERMO