"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Otto Rank.
-
-
Abertura circular realizada nas paredes das igrexas, especialmente nas fachadas de estilo románico e gótico. Semella que a súa orixe vén do óculo das primitivas igrexas cristiás. Na segunda metade do s XII aumentaron considerablemente de diámetro e durante o s XIII engadíronselle vidreiras.
-
Motivo de ornamentación circular debuxado nun piso ou nun teito.
-
Flor decorativa que se emprega fundamentalmente en capiteis corintios e compostos.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso e filósofo italiano. Coñecido como Rosmini, foi duramente criticado nos círculos católicos polo carácter filosoficamente innovador das súas doutrinas e pola súa posición política. Afirmou que a idea do ser se atopa en todo home dunha maneira inmediata, e que nela se fundamentan tanto o coñecemento científico coma a vida moral. Escribiu Nuovo saggio sull’origine delle idee (1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, irmán de Xoán X. e Luís Rosón Pérez. Presidiu a Deputación Provincial de Lugo (1949-1951) e a Cámara Oficial Sindical Agraria de Lugo. Como procurador en Cortes en representación familiar pola provincia de Lugo durante a IX e a X Legislatura (1967-1977) defendeu o uso da lingua galega. Tivo unha grande actividade pública como incentivador e presidente de diversos movementos agrarios e cooperativistas en Galicia. Fundou a Agrupación Electoral Lucense, que se integrou en UCD (1977) pola que foi deputado por Lugo no Congreso de los Diputados na lexislatura constituínte (1977-1979) e senador electo pola mesma provincia na I lexislatura (1979-1982). No Parlamento de Galicia foi deputado por UCD (1979-1982) e por Coalición Popular (1982-1986). Presidiu a primeira Xunta preautonómica (1978), desde onde impulsou o Estatuto de Galicia, e o Parlamento de Galicia (1981-1986). Impulsor da tradución ao galego da Constitución de 1978, participou no consello de redación da Revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, pai de Isabella e Raffaella Rossellini e irmán de Renzo Rossellini. Principal inspirador do movemento neorrealista, dirixiu Roma, città aperta (1945), Paisà (1947) e Germania anno zero (1948). Posteriormente, realizou un tipo de filmes máis idealistas, en que analizaba os conceptos de soidade e incomunicación. Separado da súa dona, Ingrid Bergman, quen protagonizou moitos dos seus filmes, volveu novamente ao neorrealismo con Il generale della Rovere (1959), Era notte a Roma (1960) e Vanina Vanini (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Dedicado ao teatro, debutou coa farsa La cambiale di matrimonio (1810). En 1813 consolidou a súa fama con Tancredi, unha ópera seria, e as bufas Il signor Bruschino e L’italiana in Algeri. Posteriormente, compuxo Il barbiere di Siviglia (1816) e La Cenerentola (1817). En Viena (1823) coñeceu a Beethoven, e en París e Londres, reuniu unha fortuna. Asimilou o mundo romántico en Guillaume Tell (1829), pero a falta de saúde afastouno da composición. Posteriormente compuxo un Stabat Mater (1832) e a Petite messe solennelle (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (203.279 h [2000]). Está situada á esquerda do río Warnow e é unha cidade eminentemente comercial e unha das principais da Liga Hanseática. A súa importancia declinou ao comezar a decadencia da Hansa. Importante porto pesqueiro, é un dos principais centros de construción naval de Alemaña. Despois da Segunda Guerra Mundial converteuse en capital do bezirk homónimo, status que perdeu en 1990 ao producirse a reunificación alemá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político ruso, conde de Rostopčin. Axudante de campo do Tsar Paulo I de Rusia, foi mariscal e ministro de Asuntos Exteriores (1798). Contrario á alianza con Francia, foi destituído (1801). Foi gobernador de Moscova (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Jaroslavl’, Rusia, chamada tamén Rostov de Jaroslavl’ ou Rostov a Grande (35.000 h [estim 1990]). Apresada polos mongois (1239-1242), en 1474 someteuse ao dominio de Moscova. Dentro do kremlin (s XVIII) atópasen as igrexas do Tránsito (1214), San Xoán Evanxelista e a catedral da Resurrección, ambas as dúas anteriores ao s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (100.800 km2; 4.367.300 h [estim 1999]). A capital é Rostov do Don.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Rostov, Rusia (1.023.000 h [estim 1997]). É un porto fluvial na ribeira dereita do Don, a uns 40 km da desembocadura. É o principal centro do Caúcaso Setentrional de construcións mecánicas, sobre todo de maquinaria agrícola. Fundada en 1761, a raíz da presa de Asov, foi constituída como cidade en 1796.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo ucraíno. Realizou diversas viaxes de estudo á Rusia meridional, pero coa Revolución Rusa marchou a EE UU (1918) e naturalizouse estadounidense. Foi profesor nas universidades de Wisconsin (1920-1925) e Yale (1925-1944). Das súas obras destacan Iranians and Greeks in South Russia (1922), The Social and Economic History of the Roman Empire (1926), A History of the Ancient World (1926-1928) e The Social and Economic History of the Hellenistic World (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Formulou un modelo de desenvolvemento económico de pretensións universais, onde estableceu cinco etapas: a tradicional; a previa á subida (precondicións); a subida (take off); a economía madura ou etapa en que un país utiliza plenamente a tecnoloxía existente; e a era de consumo en masa. Publicou Essays of the British Economy of Nineteenth Century (1948), The Process of Economic Growth (1952), The Stages of Economic Growth. A Non Comunist Manifest (1960), The Diffusion of Power (1972), How It All Began (1975), British Trade Flutuations 1868-1896 (1981) e The United States and the Regional Organization of Asia and the Pacific (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
rotativo.
-
Aplícase ao poder que presentan algunhas substancias de modificar o plano de polarización dos raios luminosos que os atravesan.
-
-
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. A súa obra é unha sátira mordaz de diversos aspectos do “american way of life”. Destacan Portnoy’s Complaint (1969), onde satiriza os costumes dos xudeus estadounidenses; The Professor of Desire (1976), The Ghost Writer (1979), The Anatomy Lesson (1983), The Prague Orgy (1985), Operation Skylock (1993) e American Pastoral (1997, Premio Pulitzer).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de romper.
-
Que rompeu.
-
Furado ou esgazadura dunha tea, papel ou material semellante.
-
-
-
Procedemento para obter gravados en profundidade que constitúe unha variante fotomecánina da augaforte, en que unha prancha de cobre é gravada quimicamente a través dunha capa de xelatina fotosensible, con dicromato potásico, que leva impresionada a imaxe.
-
Impresión obtida polo procedemento do rotogravado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir por medio do rotogravado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘festa’.
-
-
-
Construción, probablemente derivada de modelos da época clásica como o heroon, illada e con sistema central, que a miúdo está circundada por unha columnata.
-
Cuarto de planta circular e usualmente cupulado.
-
Escala central e circular típica da arquitectura civil do Renacemento veneciano.
-
-
-
Praza, terraza ou construción similar con forma máis ou menos circular.
-
Intersección de vías que presenta un illote circular central, arredor do que hai unha calzada na que conflúen as das vías afluentes.
-
-