"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritor. Ordenouse sacerdote en 1899 e desempeñou cargos destacados dentro da orde franciscana. Ás veces empregou o pseudónimo Fraysel e colaborou na prensa da época; dirixiu El Eco Franciscano e participou na redacción da revista Catecismo de San Martín. Cultivou os temas históricos e palestinianos cun fin didáctico, e como historiador centrouse basicamente na súa comarca natal e na historia dos franciscanos. Da súa produción cómpre salientar, Mágoas. Poesías gallegas (1902), Vida popular de San Antonio de Padua (1903), Narraciones y leyendas de Oriente (1906), España en Tierra Santa: páginas de la vida franciscana en Oriente (Siglo XVII). Apuntes históricos (1910), Cuadros de mi tierra. Recuerdos, impresiones, versos (1913), D’a-y-alma: Versos gallegos (1915), Rumores del Avia: versos ribereños (1916), Con flores a María. Diálogos de mayo, en versos, para niñas (1918), Froliñas de San...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico neerlandés. Estudiou na Escola Médica Militar da Universidade de Amsterdam e acadou o título de doutor en 1883. Foi médico militar nas Indias Occidentais e director do Instituto de Patoloxía de Batavia. Discípulo de Robert Koch, dirixiu as súas investigacións cara ao eido da bacterioloxía e da anatomía patolóxica. Os seus amplos estudios do beriberi, enfermidade epidémica moi estendida por todo o S de Asia, permitíronlle posteriormente a Frederick Hopkins determinar que a causa desta enfermidade era a falta de vitamina B1. En 1929 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con F. G. Hopkins polas súas investigacións no campo das vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe provocada pola denominada lente gravitacional predita por Albert Einstein en 1936, do que é un caso particular. A luz procedente dunha estrela afastada, situada inmediatamente detrás doutra estrela que se encontra en primeiro termo, pode aparecer en forma de anel. A observación deste anel é difícil porque require unha aliñación moi precisa das estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1954) e adquiriu o grao de doutor na Universidad Complutense de Madrid (1957). Foi profesor (1960) e catedrático (1965-2000) de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela e xestor da creación do Arquivo Histórico desta universidade (AHUS, 1969). Ao longo da súa carreira ocupouse do estudo da historia política do s XIX, da historia social, rural e económica, da demografía histórica e da historia institucional. Participou en diversos cursos, seminarios e conferencias nas universidades de Santiago, Extremadura, València, Barcelona, Coimbra, París VII, Xenebra e Belgrano de Bos Aires. Dende 1999 foi Cronista Xeral de Galicia e organizou diversos congresos e reunións, como os Coloquios Internacionais de Metodoloxía Histórica Aplicada (Universidade de Santiago, 1973, 1982, 1984 e 1989). Entre as súas monografías cómpre subliñar El partido demócrata español (1961), Estudios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Silva (Pol). Orixinaria do s XVIII, reconstruíuna Eugenio Montenegro en 1816. Ten recinto amurallado e dous brasóns na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino feminino situado en Eiré (Pantón). Atribúese a súa fundación a dona Escladia Ordóñez nos comezos do s XII. Aparece mencionado nun documento de 1129 polo que o Rei Afonso VII sinalaba o couto do mosteiro. Foi unha fundación cobizada pola nobreza e, en numerosas ocasións, as abadesas tiveron que recorrer aos monarcas Xoán I e Enrique III para conservar os seus dominios. En 1480 a comunidade trasladouse ao mosteiro de San Paio de Antealtares e os seus bens e rendas pasaron ao Hospital Real de Santiago; sen embargo, produciuse un enfrontamento entre Antealtares e o Hospital sobre os seus bens e rendas que se resolveu en 1507 por medio dunha bula do Papa Xulio II, que llos concedía ao Hospital, decisión que se reafirmou en 1517. Otadui, bispo de Lugo, uniu en 1599 as igrexas de San Miguel e San Xulián de Eiré, que se converteu en parroquia en 1890. Do antigo cenobio consérvase só a igrexa. Foi construído na segunda metade do s XII sobre un edificio anterior de orixe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Construída no s XVIII e reformada no s XX, ten planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas e capela maior con cuberta a catro augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dominicano. Emigrou a Arxentina e ingresou no convento de San Telmo de Bos Aires (1871), onde exerceu a docencia. Publicou Sumario de las Indulgencias del Santísimo Rosario (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. Ten dúas naves, separadas por columnas e pilastras e cuberta a dúas augas, e ábsida cuberta a catro augas. No interior destaca o retablo maior barroco (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e empresario. Licenciado en Veterinaria pola Universidad de León, foi presidente do Sindicato da Gandería durante a ditadura franquista e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Presidente do comité local de Alianza Popular (AP) desde 1981, foi deputado pola Coruña no I Parlamento galego (1981-1985) e deputado por Coalición Popular no Congreso na III lexislatura (1986-1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor e profesor. Diplomado en maxisterio na especialidade de música e idiomas modernos. Coautor de libros de música para educación primaria, da súa discografía destaca Sentimentos, Amiga, amada, Na miña fala, Eu voute amar, Azul, Amores ei e Lelías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Redactor-xefe dos servicios informativos do Grupo Radio Vigo (Cadena SER). Exerceu como redactor e xefe das seccións de Deportes, Local e Ediciones de Faro de Vigo e foi correspondente das publicacións Dicen, Ya, Pueblo, Andalucía Deportiva, Récord, El Periódico, El Correo Gallego e da axencia Logos. Fundador da Unión de Periodistas de Pontevedra e cofundador da Unión de Periodistas Deportivos de España, en 1999 outorgáronlle o título de Vigués Distinguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e escritor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza coa tese Notas para un estudo de la Edad del bronce en Galicia. Foi profesor na Universidad de Zaragoza (1970-1982) e catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela (1983), e dende 1984 na Universidad de Murcia. No eido da arqueoloxía, dirixiu traballos de campo en Galicia, Castela e León, Aragón, Murcia e América Latina, entre os que destacan os realizados no castro de Borneiro (1968 e 1974). No eido da historia e da xeografía do urbanismo, destacan os proxectos de investigación “El impacto del urbanismo colonial en el valle de Moche (Perú)” e “Estudio histórico y geográfico para la recuperación de los cascos históricos del noroeste de la región de Murcia”. Colaborador en revistas especializadas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Caesaraugusta, etc), foi coautor, entre outras obras, de Nociones de tecnología y tipología en prehistoria (1999) e autor de Sobre la...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Construción barroca do s XVIII, ten planta de salón con tres tramos cubertos cunha bóveda de canón. A capela maior cóbrese cunha bóveda de aresta. No lado L do presbiterio engadiuse un corpo que funciona como sancristía. No exterior destaca a fachada rematada cunha torre campanario de planta cadrada, coroada por unha lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. Estudiou arquitectura na Cornell University e ampliou estudios nas universidades de Columbia e Cambrigde, onde se doutorou en Filosofía. Entre 1960 e 1967 traballou con Michael Graves e, aínda que proxectou diversas vivendas, ata 1980 centrou o seu traballo no estudo teórico da arquitectura e no ensino. Foi profesor, entre outras, nas universidades de Yale, Princenton, Cambrigde, Harvard e Ohio. En 1980 estableceu un estudo de arquitectura en Nova York con Jaquelin Robertson que en 1987 pasou a denominarse Eisenman Architects. Entre as súas obras destacan o proxecto Romeo e Xulieta, galardoado co León de Ouro da Bienal de Venecia (1985); o Wexner Center da Ohio State University (1983-1989), polo que recibiu o Premio de Honor do American Institute of Architectes; o edificio Koizumi Sangyo de Toquio (1988-1990), premiado co Premio Nacional do American Institute of Architectes en 1991; a sede da Nunotani Corporation de Toquio (1990-1992); a Max Reinhardt Haus de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Investigou a teoría dos números, as funcións elípticas e os determinantes. Descubriu o criterio de irredutibilidade que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou en Viena con A. Schönberg e A. Webern, e exerceu a docencia en Berlín. Coa chegada do nazismo exiliouse aos EE UU para establecerse posteriormente na República Federal Alemana. Escribiu música sinfónica, de cámara e de cine. Xunto con B. Brecht escribiu o libro Composing for the Films (Compoñendo para películas, 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro dominicano. En Filipinas aprendeu as linguas tagala e chinesa e desenvolveu un labor misioneiro activo. En 1623 pasou ás misións do Xapón, onde o fixeron prisioneiro (1626) e foi queimado vivo. Beatificado polo Papa Pío IX en 1867, a súa festa celébrase o 18 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación transfronteiriza integrada polas 18 principais cidades da Comunidade Autónoma de Galicia e da Rexión Norte de Portugal, que promove a cohesión económica, social e cultural mediante a vertebración do territorio común. Este espazo rexional inclúe as cidades de Vigo, Porto, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Braga, Bragança, Chaves, Viana do Castelo, Vila Real, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Guimarães, Peso da Régua e Vila Nova de Gaia. A principal finalidade da organización é o desenvolvemento económico, social, cultural, tecnolóxico e científico das cidades e rexións que a constitúen. Os seus obxectivos prioritarios son as obras de infraestruturas, telecomunicacións, política social, protección e promoción medioambiental, turismo, movementos migratorios e mercado de traballo, e a promoción de todo tipo de actividades económicas, sociais, culturais e deportivas que conecten coas raíces e a identidade dos concellos membros. En 1991, Carlos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de pintura convocado dende 1997 polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Galardóase a mellor obra presentada ao certame e as mellores obras galega e portuguesa. Supón a exhibición, permanente e itinerante, das obras presentadas polas cidades pertencentes ao Eixo durante dous anos. Recibiron o premio Berta Álvarez Cáccamo e P. Proença en 1997; Paula Tavares, Simón Pacheco, Paulo Almeida e Carmen Senande en 1998; Edmundo Paz, Xurxo Alonso, Sebas Anxo e Joaquín Morales en 1999; Belén Padrón García, Henrique do Vale e Brais Rei Daporta no 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO