"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nave de guerra máis pesada e robusta ca a galera, cunha soa cuberta, que arboraba tres paos con velas latinas. Levaba ata 32 remeiros por banda e 8 potentes canóns inscrustados nuns buratos das bordas que sobresaían do casco para permitir a colocación da artillería. Empezouse a construír no s XV como consecuencia da necesidade de naves máis fortes ca a galera mediterránea -que carecía de gran capacidade de transporte para longas travesías- para aventurarse a navegar polo Océano Atlántico. Acadou a súa máxima relevancia no s XVI -algunhas destas naves formaron parte da Armada Invencible-, e deixouse de construír a comezos do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dito ou feito propio dos galegos. OBS: Normalmente úsase con sentido pexorativo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia nacionalista aparecido en Santiago de Compostela en decembro de 1974. Subtitulouse “Voceiro obreiro de Santiago e bisbarra”. Editado por un sector de CC OO achegado ideoloxicamente á UPG, defendía a creación dun sindicato unitario galego e de clase.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Galicia, aos seus habitantes ou á súa lingua. Natural ou habitante de Galicia. Historia da Lingua Linguas ibéricas prelatinas A Gallaecia estaba integrada no territorio hispánico máis intensamente indoeuropeizado antes da romanización. O material lingüístico prelatino e indoeuropeo que se lle pode atribuír non é só céltico, posto que tamén se identifican elementos que non o son plenamente e que pertencen a un estrato coñecido como “antigo europeo”, “precéltico” e “paracéltico”. Suponse que migracións principiadas no segundo milenio antes de Cristo o traerían desde zonas centroeuropeas ata o N e o O ibéricos; vestixios del serían as palabras que mantiveron o P- inicial que o céltico común eliminou (pala, páramo). Entre o material lingüístico céltico, conducido ata aquí, sobre todo, en migracións desenvolvidas durante o primeiro milenio antes de Cristo, sobresae un grupo non moi numeroso de substantivos concretos que, por estaren moi vinculados con formas de vida...
-
Natural ou habitante de Galicia.
-
Relativo ou pertencente a Galicia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Historia da Lingua
Linguas ibéricas prelatinas
A Gallaecia estaba integrada no territorio hispánico máis intensamente indoeuropeizado antes da romanización. O material lingüístico prelatino e indoeuropeo que se lle pode atribuír non é só céltico, posto que tamén se identifican elementos que non o son plenamente e que pertencen a un estrato coñecido como “antigo europeo”, “precéltico” e “paracéltico”. Suponse que migracións principiadas no segundo milenio antes de Cristo o traerían desde zonas centroeuropeas ata o N e o O ibéricos; vestixios del serían as palabras que mantiveron o P- inicial que o céltico común eliminou (pala, páramo). Entre o material lingüístico céltico, conducido ata aquí, sobre todo, en migracións desenvolvidas durante o primeiro milenio antes de Cristo, sobresae un grupo non moi numeroso de substantivos concretos que, por estaren moi vinculados con formas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletíns editados a partir de xaneiro de 1980 en Santiago de Compostela por unha comisión mixta do ministerio de Educación e da Xunta de Galicia. Incluíu información relativa ao uso da lingua galega nos distintos niveis educativos. No nº 0 publicouse o Real Decreto polo que se regulaba a incorporación da lingua galega ao sistema educativo galego, no 1º a programación de lingua galega para ensino básico, no 2º a programación provisoria de lingua e literatura galegas para Formación Profesional, no 3º a programación provisoria de lingua galega para o primeiro curso de BUP, no 4º a programación de lingua e literatura galegas para BUP, e no 5º a programación para a reciclaxe de profesores de EXB.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Lisboa a partir de xuño de 1888. Subtitulouse “Voceiro da Xuventude de Galiza-Centro Galego de Lisboa”. Dirixida por J. M. Cal Gonçalves e coordinada por Gabino Castro Gil, no segundo número figuraba como máximo responsable José Aser Castillo Pereira. Incluíu artigos en galego, castelán e portugués, poemas e algúns contos, ademais de viñetas de Castelao, Padín e Carlos Maside.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten como lingua habitual o galego.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio concedido pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia. Ao longo da súa traxectoria foron galardoados Francisco Fernández del Riego (1993), Andrés Torres Queiruga (1994), Xosé Filgueira Valverde (1995), Daniel García Ramos (1996), Isaac Díaz Pardo (1997), Basilio Losada Castro (1998), Milladoiro (1999), Galaxia (2000), Olegario Sotelo Blanco (2001) e Carlos Casares Mouriño (2002).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Galegos (Lalín). Composta por diversos corpos, ten planta en forma de U. Destaca a porta de entrada á capela, con lintel e rematada con ameas. O escudo, que alude aos Blanco e aos Castro, trasladouse a unha edificación moderna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Galegos (Frades). A vivenda ten planta rectangular cunha capela engadida en 1950, que outorga ao conxunto a planta en forma de L. Na fachada do edificio consérvase un brasón que alude aos Novoa, Luaces e Enríquez. Os escudos do portón de entrada fai referencia aos Montenegro, Mosquera, Andrade, Bermúdez, Ribera, Salgado e Gaioso. Nunha inscrición localizada no portón alúdese á estancia de Mariana de Neoburgo na súa viaxe da Coruña a Santiago de Compostela en 1609. Está ocupado por unha comunidade relixiosa que o recibiu en doazón.
-
-
Calidade de galego.
-
Carácter e espírito propios do galego.
-
Conxunto de todos os galegos.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada no s XX pola Enxebre Orde da Vieira e pola Asociación Cultural da Vieira, ambas de Madrid, na que se reflicte a realidade das sociedades galegas de emigrantes espalladas por todo o mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Movemento social, político e cultural que defende a identidade galega, a potenciación da súa personalidade e a reivindicación política de Galicia como ente nacional diferenciado. Iniciado a mediados do s XIX, no contexto da constitución do estado liberal, presenta características similares, aínda que diferenciadas, cos que se desenvolveron paralelamente noutras zonas da periferia española, particularmente en Catalunya. Inicialmente estivo limitado a círculos intelectuais con escasa conexión popular e, unicamente ben entrado o s XX e fundamentalmente a raíz da elaboración e aprobación do Estatuto de Autonomía, as masas populares participaron de xeito activo na reivindicación dos seus principios. Aínda que algúns historiadores sitúan a orixe da conciencia galeguista na época da Ilustración coas achegas de frei Martín Sarmiento, Bieito Feijoo, Lucas Xosé Labrada Romero e Xosé Cornide Saavedra, entre outros, e destacan como un feito de gran transcendencia política a soberanía exercida pola...
-
Expresión, construción ou vocábulo propios do galego que se usa noutra lingua.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao galeguismo.
-
Partidario ou seguidor do galeguismo.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela ao redor de 1980. Subtitulouse “Voceiro do Partido Galeguista” e na súa redacción participaron destacados intelectuais e políticos galegos. En xaneiro de 1981 dedicaron un monográfico á figura de Castelao (nº 3), no que se reproducen varios debuxos deste autor.
VER O DETALLE DO TERMO