"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi bispo de Caors (1679) e de Châlons-sur-Marne (1680), arcebispo de París (1695) e cardeal (1700). Interveu na disputa xansenista, pero ao non aceptar a bula Unigenitus dividiu a Igrexa de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor discográfico e cantante. Coñecido como Luis Queimada, foi director da orquestra Queimada e produciu a varios artistas galegos, ademais de buscar novos talentos na súa escola de formación musical. Foi o autor de “Pelegrín”, himno do Xacobeo 93.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Iniciou a súa formación nas Escuelas Nieto e na Escola de Artes e Oficios de Vigo, da que foi mestre (1946-1977). Colaborou no taller de Modesto Martínez Silva, quen o deixou ao cargo das tallas do artesoado de madeira para o castelo de Monte Real de Baiona (1922-1923). A súa vocación real era a escultura e a comezos da década de 1930 desprazouse a Madrid para concluír a súa formación. O primeiro material que coñeceu foi a madeira, coa que realizou as súas primeiras obras, en que xa se deixaba ver unha fórmula expresionista primitiva que emparentaba directamente con Asorey e Bonome, intentando reflectir os caracteres máis relevantes da cultura galega. Ata o inicio da Guerra Civil Española (1936), a súa temática variou da anécdota (Os fillos do mar, 1930-1931), á obras cun carácter social, das que destaca o Monumento aos Mártires de Sobredo (1932), en honor aos campesiños fusilados en 1922 como consecuencia do seu levantamento a prol da abolición dos foros. Desde...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Coñecido como abbé Nollet, descubriu o fenómeno da osmose dos líquidos (1748) e foi o primeiro en demostrar que o son se propaga dentro da auga. Inventou o primeiro electroscopio (1747) e está considerado o fundador da electroterapia empírica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Característica dun sistema cuxo comportamento non se pode representar por ecuacións diferenciais lineares. Nos sistemas sometidos as non-linearidades clasifícanse en dous grupos, esenciais e accidentais, segundo sexan introducidas deliberadamente ou non. Das primeiras destaca a denominada todo ou nada, e das segundas a curvatura, o limiar, a saturación e a histérese. A miúdo aparecen combinacións de diversos tipos de non-linearidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
noradrenalina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Película dirixida por F. W. Murnau en 1922 e protagonizada por Max Schreck e Alexander Granach. Considerada a primeira película de terror do cine mudo, trata o tema do vampirismo baseándose na obra Drácula (1897), de Abraham Stoker.
-
ILLAS
Illa de Melanesia, situada no Océano Pacífico, ao N de Australia, e separada desta polo estreito de Torres (827.321 km2; 4 746 267 h [1990]). Repártese entre Indonesia e Papua Nova Guinea, estado independente desde 1975. Atravésaa un eixe montañoso formado pola gran cordilleira central, de 2.000 km de lonxitude e con grandes altitudes, que ao SL forma unha estreita península. Ao N da cordilleira ábrese unha ampla depresión que comprende a chaira dos vales e os lagos do Sepik, o Ramu e o Markham. Ao S da cordilleira central esténdese unha inmensa chaira aluvial, percorrida polos ríos Fly, Strickland e Kikori. Ten un clima ecuatorial, moi caloroso nas chairas. O bosque tropical húmido cobre a maior parte da chaira e as montañas, ata os 1.200 m. A máis altitude o bosque tropical húmido dá paso ao bosque de coníferas e prados. A maioría da poboación é melanesia: pigmeos nas montañas do interior, dedicados á caza e á recolección, e papús na costa, que practican unha agricultura de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz estadounidense. Coñecida como Kim Novak, deixou a súa carreira como modelo para dedicarse ao mundo do cine, onde se converteu nun símbolo sexual, non exento de inxenuidade e picardía. Da súa filmografía destacan The Man with the Golden Arm (1955), Picnic (1955), Vertigo (1958), Kiss Me, Stupid (1964), The Mirror Crack’d (1980) e The Children (1990). Recibiu o Goldener Bär de Berlín de carácter honorífico pola súa carreira (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica italiana de 1989, dirixida por Giuseppe Tornatore e protagonizada por Jacques Perrin e Philippe Noiret. Dividida en tres partes, narra ao longo de 40 anos as relacións entre Salvatore de Vitta, un famoso director de cine que vive en Roma, e Alfredo, o proxectista do cine da súa vila, Giancaldo (Sicilia). Recibiu o gran premio do xurado no Festival de Cannes (1989) e o Oscar á mellor película estranxeira (1990).
-
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. Trasladouse a Inglaterra e fundou o Journal of Hygiene, ideou unhas probas na análise clínica do sangue e illou o Bacillus aerogenes capsulatus da gangrena gasosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gasterópodos, da familia dos murícidos, de menos de 10 mm e que presentan hábitos depredadores. Nas costas de Galicia atópanse dúas especies, O. aciculata e O. edwardsi, moi semellantes entre si, pero que se diferenzan na cor do corpo, xeralmente alaranxada no primeiro e abrancazada no segundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á máquina ou unidade que non está controlada por ningunha outra nin polo sistema e que, mentres dura esta situación, pode establecer unha conexión operativa por medio dalgún tipo de intervención humana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos mitóticos do óvulo no transcurso da maduración e da fecundación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cigoto dos esporozoos apicomplexos do xénero Plasmodium, que migra a través da mucosa intestinal do mosquito do xénero Anopheles, fíxase á submucosa e forma o oocisto.
-
PERSOEIRO
Naturalista francés. Estudou a flora, a fauna e a etnoloxía dos países sudamericanos e foi un dos creadores da paleontoloxía estratigráfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección dos cincuenta ordines litúrxicos romanos e romano-franceses máis antigos dos que se identificaron ata o de agora, que editou criticamente Michel Andrieu (1886-1956). O máis antigo parece ser o ORVI, datado en 650-700, que contén as cerimonias de bautismo, e o máis moderno a ORL, datado a mediados do s X, que explica todas as cerimonias do ano litúrxico. Moitos deles compiláronse no Pontifical Romano-Xermánico, do que dependen todos os pontificais e rituais romanos posteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Colaborou, entre outras numerosas publicacións, en Mercure de France, e dirixiu La Nervie. Tivo un papel importante entre os simbolistas, e defendeu a arte pola arte. Das súas obras destacan Hubert Ponscarme (1907), Évolution de la medaille au XIXe siècle (1907), Métabolisme (1921), L’evasión spirituelle (1921) e Véronèse (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festival anual de cine independente que se celebra desde 1996, por iniciativa do Concello de Ourense. Presentou tres seccións competitivas, constituídas por longametraxes, curtametraxes e documentais de todas as nacionalidades, así como varias non competitivas, dedicadas á presentación e ao estudo de directores, xéneros ou escolas. Ata 1998 coñeceuse como Festival de Cine Independente de Ourense/Ourense Film Festival (OFF) e outorgaba os Premios OFF. Desde ese ano, xestionouno o consorcio formado polo Concello e a Deputación de Ourense e outorgou, entre outros, os Premios Calpurnia e varios premios especiais como o Premio Internacional Eixo Atlántico á mellor curtametraxe en galego ou portugués. Integrouse na Coordinadora Europea de Festivais de Cine.