"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Estados xurdidos en Oriente Próximo a consecuencia da Primeira Cruzada e organizados segundo o sistema feudal francés. Ademais do Imperio Latino de Constantinopla, o máis importante foi o Reino Latino de Xerusalén, que dominaba, con diversas relacións de dependencia, os principados de Antioquía, Tiberiades e Galilea, e os condados de Edessa e Trípoli, entre outros. Balduíno de Lorena fundou a primeira soberanía latina en Edessa, á que sucedeu, despois dun longo asedio, a de Antioquía (1098). Tomada Xerusalén en 1099, o primeiro rei foi Balduíno I de Xerusalén (1100-1118). A continuación das cruzadas, con éxitos bastante precarios, as rivalidades e ambicións dos príncipes enfebleceron os gobernos dos principados, que foron caendo baixo poder musulmán. Saladino triunfou na Batalla de Tiberiades (1187) e obrigou a Xerusalén a capitular. O monarca, Guido I de Xerusalén, pasou a ser rei de Chipre, onde se conservou o título de Reino de Xerusalén, que quedou reducido a unha faixa da costa, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido de cor ámbar, normalmente, de olor característico, cunha densidade comprendida entre 1,003 e 1,030 e de reacción ácida (pH ~ 6), que os riles excretan no cumprimento dunha tripla función: eliminación dos produtos finais do metabolismo nitroxenado (urea, ácido úrico), mantemento do equilibrio ácido--base, e regulación do metabolismo da auga e dos sales. Os uréteres condúcenos dos riles á vexiga, e son expulsados pola uretra. Un adulto elimina de 1.300 a 1.600 ml ao día, segundo a cantidade de líquidos inxeridos e de líquidos eliminados. Ademais da auga, que é o compoñente principal, contén, entre outros, urea, ácido úrico, fosfatos, sodio, amoníaco ou pigmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América meridional, o terceiro en importancia despois do Amazonas e do Río de La Plata, que ten unha lonxitude de 2.150 km. Nace na serra de Parima, que xunto coa da Paracaíma, separa a súa conca da do Amazonas. Atravesa Venezuela e desemboca no Océano Atlántico preto de Trinidad, formando un delta duns 25.000 km2. O seu caudal está suxeito a un réxime de enchentes e estiaxes, relacionado coa climatoloxía da conca e co réxime pluvial de case todos os seus tributarios. O baixo Orinoco é o sector con maior desenvolvemento económico, pois alí aséntase a maior parte da poboación. Son frecuentes no seu curso os rápidos que dificultan a navegación. Os afluentes principais son o Apure e o Caroní.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo de grosor axeitado que por un extremo se amarra á cruz da áncora e polo outro se afirma á boia que se vai balizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos monotremos que pode chegar ao medio metro de lonxitude total. De corpo aplanado, presenta unha cola ampla e deprimida, os dous pares de patas transformadas en aletas e a cabeza remata nun bico plano. O corpo está completamente recuberto dun pelame de cor castaña nas partes superiores e máis clara nas inferiores. Trátase dun animal de costumes acuáticos que nada e se move pola auga con grande axilidade. Vive na banda oriental de Australia e en Tasmania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitorrínquidos.

    2. Mamífero da familia dos ornitorrínquidos.

    3. Familia de mamíferos prototerios, da orde dos monotremas, que comprende un único xénero (Ornithorynchus) e unha única especie, o ornitorrinco (O. anatinus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte media da farinxe entre o veo do padal e a parte superior da epiglote, que comunica por diante coa cavidade bucal a través do istmo da gorxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en otorrinolaringoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade médica que trata as afeccións do oído, do nariz e da larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ourense. Puido ser construída cara ao s XIII pola proximidade dun hospital para peregrinos do que deu conta o bispo Afonso en 1178. O templo reconstruíuse no s XVI e aproveitáronse elementos da antiga igrexa medieval. Ten planta basilical, que foi reedificada en 1571 por Xácome de Moure. No interior, a capela maior, que se rematou de construír en 1858, está cuberta con bóvedas de cruzaría e a ábsida (s XVI) ten forma poligonal. O retablo maior e os laterais son de estilo barroco. O acceso ao adro realízase por unha porta que pertenceu ao antigo Hospital de San Roque, de arco de medio punto enmarcado por dous medallóns que representan a Hipócrates e Galeno, e sobre a que destaca un frontón con fornela que alberga a figura de san Roque. O templo conserva dúas portadas medievais e nos ángulos laterais do edificio atópanse dúas torres cilíndricas unidas por unha galería, que lle dan un aspecto de fortaleza ao conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de diferentes materiais que se emprega para ouriñar ou facer outras deposicións corporais, especialmente durante a noite no dormitorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expulsar os ouriños pola uretra.

    2. Expulsar polo conduto dos ouriños calquera outro líquido, como o sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido de cor ámbar, normalmente, de olor característico, cunha densidade comprendida entre 1,003 e 1,030 e de reacción ácida (pH ~ 6), que os riles excretan no cumprimento dunha tripla función: eliminación dos produtos finais do metabolismo nitroxenado (urea, ácido úrico), mantemento do equilibrio ácido--base, e regulación do metabolismo da auga e dos sales. Os uréteres condúcenos dos riles á vexiga, e son expulsados pola uretra. Un adulto elimina de 1.300 a 1.600 ml ao día, segundo a cantidade de líquidos inxeridos e de líquidos eliminados. Ademais da auga, que é o compoñente principal, contén, entre outros, urea, ácido úrico, fosfatos, sodio, amoníaco ou pigmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as de Fonte Cavada e Burro, na parroquia de Louro (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, irmán de Alexandre e José Luis Outeiriño. Militou no Partido Galeguista e foi responsable do seu voceiro, o semanario El Heraldo de Galicia. Dirixiu o diario La Región de Ourense, do que foi copropietario xunto co seu irmán Alexandre, entre 1932 e 1968. Escribiu varias comedias e contos na década de 1970, a maioría inéditos, e publicou o libro Cuentos de Orense (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, irmán de Agustín Ricardo e José Luis Outeriño. En 1933 comezou a traballar no xornal La Región como encargado da parte administrativa, á vez que ía adquirindo accións da empresa, ata que en 1951 foi nomeado presidente do seu consello de administración. En 1968, o seu irmán Agustín Ricardo vendeulle a súa parte das accións no xornal e abandonou o posto de director, que pasou ás súas mans. Recibiu a Medalla Castelao (1992) e a medalla de ouro do Liceo de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e empresario, irmán de Agustín Ricardo e Alexandre Outeiriño. Membro fundador do xornal Ferrol Diario, vicepresidente da Agrupación de Editores de Diarios Españoles e conselleiro da axencia EFE, foi presidente do Grupo La Región e de Rías Baixas Comunicación, editora de Atlántico Diario e La Región. Cofundador da Axencia Galega de Noticias e fundador da axencia Imagen Press e da empresa publicitaria 24 Diarios, os seus intereses empresariais levárono a crear a estación de esquí de Manzaneda (Ourense) e o Centro Comercial Paseo de Ourense. Foi membro da orde do Mérito Civil, do Instituto Internacional de Prensa e da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Labio (Lugo). O seu cumio acada os 693 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten o bico aguzado.

    2. Cangrexo que se caracteriza por presentar a cabeza aguzada. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO