"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Dise do verso acataléctico de tres pés que comeza cun dáctilo, utilizado a miúdo nas obras de Aristófanes.

    2. Verso aristofánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne, lampiña, de follas alternas e cordiformes, talos estriados, raíces a miúdo tuberosas e flores tubulosas. É rica en alcaloides e esencias, e desprende un cheiro forte. Empregábase para facilitar o parto e contra moitas afeccións. Atópase amplamente distribuída en Galicia en matogueiras aclaradas e terras cultivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das aristoloquiáceas.

    2. Planta da familia das aristoloquiáceas.

    3. Familia de plantas da orde das aristoloquiais integrada por sete xéneros que comprenden máis de 600 especies de plantas herbáceas ou leñosas, a miúdo gabeadoras, distribuídas por todo o mundo sobre todo nos trópicos. Son moi apreciadas como plantas ornamentais. Pertence a esta familia a aristoloquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide tóxico que se extrae dalgunhas aristoloquias. Causa paradas cardíacas e respiratorias e ten uso medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de quinina que se emprega en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e científico grego, un dos intelectuais máis influentes da historia. Fillo de Nicómaco, médico e amigo de Amintes II de Macedonia, aos dezaoito anos ingresou na Academia. Á morte do mestre Platón (374), Aristóteles viviu en Assos e Mitilene. No 343-342 Filipo de Macedonia encargoulle a educación do seu fillo Alexandre e cando este foi nomeado rexente (340), despois dunha estancia de catro ou cinco anos en Estagira, volveu a Atenas, onde fundou unha escola propia, o Liceo, na que impartía as súas leccións mentres paseaba cos seus discípulos baixo os pórticos ou polo xardín; de aquí vén o termo peripatética que se aplica á súa escola (περιπατέω, en grego ‘pasear’). Para Aristóteles a realidade auténtica son as cousas concretas (substancias). Á doutrina metafísica da substancia correspóndelle a concepción lóxica das categorías. “O ser dise de moitas maneiras”: como substancia, cantidade, calidade, relación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Aristóteles e á súa filosofía.

    2. Que é partidario de Aristóteles, seguidor das súas teorías.

    3. Expresión creada por Bertolt Brecht para designar a dramaturxia baseada na ilusión teatral e no efecto catártico. Tamén denominado “teatro dramático”, “teatro ilusionista” ou “teatro de identificación”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se designa a doutrina de Aristóteles e os aspectos desta doutrina que callaron no pensamento doutros filósofos e escolas posteriores. A influencia de Aristóteles foi considerable ao longo da historia, exercida primeiramente dende o Liceo e a denominada Escola Peripatética. Desde a recompilación do corpus aristotélico feita por Andrónico de Rodas no s I a C na Biblioteca de Alexandría, o aristotelismo renaceu sobre todo nesa cidade exipcia. Boecio intentou unha síntese de aristotelismo e platonismo, e traduciu ao latín diversas obras de Aristóteles, única fonte do aristotelismo medieval en Occidente antes do s XII. A tradución directa de Aristóteles do grego non foi rematada na súa totalidade ata ben entrado o s XIII, mercede ao esforzo de Bartolomé de Messina, Robert Grosseteste e Guillerm de Moerbeke. Nun principio, o aristotelismo penetrou na Facultade de Artes de París confundido co averroísmo. A Filosofía e a Teoloxía escolástica intentaron asimilar a Aristóteles: nesta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo proposto por Henry F. Osborn como explicación do progreso evolutivo. Sería resultado da acción dunha minoría de individuos superiores, escollidos para esa tarefa pola perfección que se lles supón. Osborn ampliou esta concepción dual de superior e inferior aos grupos étnicos, o que derivou nunha teoría racista do feito evolutivo humano. Na súa obra Man rises to Parnassus (O home ascende ao Parnaso, 1927), desautoriza as teorías que relacionan a especie humana coa evolución dos simios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico grego da música, discípulo de Aristóteles. Defendía, contra as teorías pitagóricas, o criterio da sensibilidade sobre o cálculo. Escribiu un tratado sobre elementos harmónicos e outro sobre o ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xunto con Harmodios dirixiu a conspiración contra os tiranos Hipias e Hiparco, fillos de Pisístrato, no ano 514 a C. Aristoxiton foi executado. A acción tiranicida obtivo o favor popular, que lle dedicou diversos monumentos, o máis coñecido, o grupo escultórico dos Tiranicidas, realizado por Critias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, Estados Unidos, situada entre Fort Worth e Dallas (261.721 h [estim 1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cidade-condado do estado de Virxinia, nos EE UU, situada ao SO de Washington DC, ao longo do río Potomac (170.936 h [estim 1990]). Sede do Arlington National Cemetery e do Pentágono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido no 1672 ao político inglés Henry Bennet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de novelas como El juguete rabioso (1926) e Los siete locos (1929), contos e pezas teatrais como 300 millones (1932). Como periodista foi autor de numerosas crónicas, algunhas delas recollidas baixo o título Aguafuertes porteñas (1933), nas que describiu, con estilo caótico e vigoroso, personaxes a miúdo grotescos desde unha perspectiva individualista e masoquista. Enviado en 1934 a España, publicou no diario arxentino La Nación a colección de crónicas logo recollidas en Aguafuertes españolas (1936) e Aguafuertes gallegas (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso franciscano nado en Arnoia (Ourense), e escritor e colaborador de El Eco Franciscano. Publicou, entre outras, obras de carácter eclesiástico, tales como: Compendiosa vida de San Benito de Palermo y Novena del milagroso Santo (1915 e 1925), La venerable Orden Tercera de Penitencia de nuestro seráfico Padre San Francisco, su naturaleza y acción (1923) e El Franciscanismo de la Segunda Orden. Recuerdo del séptimo centenario franciscano (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Brens, no concello de Cee, de 292 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Brens, no concello de Cee, de 296 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de armar ou de armarse.

      1. Conxunto de armas e municións a disposición dun exército, dun corpo armado, dun individuo, dun barco, etc.

      2. Conxunto de todo o que constitúe a potencia militar dun estado (armas e municións, barcos, avións, bases militares, industrias de armamento, etc).

      1. Acción de armar barcos.

      2. Fase final da construción dun barco, comprendida entre a botadura e a entrega aos propietarios.

      3. Conxunto de efectos que teñen por finalidade armar barcos.

    2. Conxunto dos medios mecánicos dos que dispoñen os portos para facilitar as operacións de carga e descarga dos barcos.

    3. Acumulación competitiva de armamentos entre dous ou máis estados con finalidade disuasiva. Pódese falar de carreira armamentística xa desde a Primeira Guerra Mundial, pero desenvolveuse propiamente a partir da Segunda Guerra Mundial, agudizado pola produción de grandes avances tecnolóxicos (radar, mísiles, armas nucleares) e motivado pola acumulación dunha gran cantidade de armamento. Durante a Guerra Fría, coa creación dos dous bloques militares, a carreira de armamentos continuou, estimulada polos constantes progresos científicos e polo comercio de armas (industria do armamento); a principios do século XXI diríxese principalmente aos países do Terceiro Mundo. Para os países que exportan material bélico, este comercio cumpre diversos obxectivos: facer rendible o sector da produción de armamento; experimentar novos tipos de armamento e tecnoloxías en territorios de conflito situados no Terceiro Mundo; aumentar os beneficios do complexo militar-industrial dos países vencedores, mediante...

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo dunha milicia armada grega mercenaria mantida polos sultáns de Turquía dende o s XVI ata principios do XIX nos Balcáns. O progresivo poder e independencia dos armatoli foron tolerados polo goberno otomano ata a Paz de Belgrado (1739) e perseguidos despois. A súa acción guerrilleira foi unha axuda eficaz para a obtención da independencia de Grecia (1821) verbo da Grande Porta (Imperio Otomano).

    VER O DETALLE DO TERMO