"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Pedagogo e pensador. Exiliouse a París (1885-1901), onde estableceu contacto con progresistas e coa masonería francesa. Volveu a Barcelona e, influído por Paul Robin, creou a Escola Moderna (1901) e preconizou un ensino laico e racionalista, especialmente dirixido aos obreiros e independente do estado. A súa escola experimentou un gran desenvolvemento, que se truncou cando, en 1905, Mateu Morral, un empregado da súa editorial, atentou contra Afonso XIII. Despois residiu en Bruxelas e París, creou a revista L’École Renovée (1908-1909) e organizou a Liga Internacional para a Educación Racionalista dos Nenos. Así mesmo, subvencionou o Centre d’Estudis Socials de Barcelona, anarquista, e Solidaridad Obrera; pensaba que cumpría a colaboración dos obreiros para promover unha revolución política contra a monarquía. De volta a Barcelona, foi fusilado durante a Semana Tráxica. As súas propostas escolares e didácticas, de forte influencia nos núcleos obreiros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Graduouse na Escuela Oficial de Artes Aplicadas de València (1972) e realizou estudios de artes en París e de historia da arte en Florencia. Nos anos setenta e oitenta cultivou a pintura, a escultura, o debuxo e o deseño e, despois de residir en diferentes cidades, instalouse na Coruña. Dende comezos da década de 1990 realizou traballos fotográficos. Das súas obras destacan as series Heterofobias e Soños (1997), nas que empregou a pintura fotográfica, e Luz. Realizou exposicións en diversas cidades e participou, entre outras, na feria ARCO (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e deportista. Licenciado en Enxeñería Química (1953), ao rematar os estudios creou o grupo farmacéutico Ferrer Internacional S. A. Licenciouse tamén en Ciencias Económicas e en Filosofía e Letras. En 1973 fundou o Banco de Europa. En 1977 foi un dos fundadores da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), da que ocupou a presidencia ata 1984. Formou parte do comité executivo da Trilateral entre 1979 e 1982. Presidiu a Unión de Confederaciones da Industria e dos Empregadores de Europa (UNICE) dende 1990 ata 1994, ano no que accedeu á presidencia do Comité Económico e Social da Unión Europea, cargo no que permaneceu ata 1996. Proclamouse campión de España de tenis en 1953. Formou parte do equipo español de Copa Davis en 1953 e 1954. Membro do Comité Olímpico Internacional (COI) dende 1985, en 1987 foi elixido presidente do Comité Olímpico Español (COE). Baixo a súa presidencia, que ostentou ata o seu pasamento, creouse o programa ADO. Foi galardoado con numerosas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Traballou no comercio e na imprenta que instalara o seu pai, esta última especializada en fotogravado. Especializado en imaxes etnográficas, percorreu a xeografía galega na procura de escenas de campo, monumentos, feiras e outros acontecementos sociais nos que os labregos, en xeral, eran os protagonistas. Tamén cómpre salientar as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade da Coruña, tal e como aparece na serie Por las calles. Editou Vistas de La Coruña e Portfolio de Galicia (1904). A súa obra apareceu publicada no libro As imaxes do traxe tradicional en Galicia (1992) e difundíronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Participou na expedición, liderada por Juan Rodríguez Cabrillo, á costa NO de California e, trala morte do seu comandante, tomou o mando e chegou na primavera de 1543 ata Cabo Branco (Oregon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Estevo de Culleredo (Culleredo). Construído no s XVIII, ten planta en forma de L. A cuberta é a tres augas con tella curva. Conserva unha galería de madeira apoiada en ménsulas de granito e un reloxo de sol no esquinal. Na fachada principal destaca un escudo de catro cuarteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o mestre de Albatárrec, a súa obra evolucionou dende o estilo italo-gótico, baixo a influencia dos Serra, e volveuse máis realista. Posiblemente pode que fose fillo seu Jaume Ferrer II (Lleida s XV), coñecido como o mestre de Pahería e representante do gótico internacional e posible discípulo de B. Martorell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico portorriqueño. Estudiou na Princeton University e debutou en Broadway a mediados dos anos trinta e dirixiu espectáculos coa New York Theatre Company. A súa primeira participación no cine foi na película Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), de Victor Fleming. Inclinouse máis polo teatro, aínda que participou nun bo número de producións cinematográficas, entre as que destacan Whirpool (Voráxine, 1950), Cyrano de Bergerac (1951), Moulin Rouge (1952), The Caine Mutiny (O motín de Caine, 1954), Lawrence of Arabia (Lawrence de Arabia, 1962), The Greatest Story Ever Told (A historia máis grande xamais contada, 1965), Midsummer Night’s Sex Comedy (Comedia sexual dunha noite de verán, 1982) ou Dune (1984). Tamén dirixiu algunhas películas, como I Accuse (Eu acuso, 1958) ou Stage Fair (1962). En 1951 obtivo un Oscar pola súa interpretación de Cyrano de Bergerac na película homónima...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente Ferrer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filántropo. Fundador e presidente da Fundación Vicente Ferrer. En 1944 ingresou na Compañía de Xesús e estableceuse na India, onde se incorporou ás misións de Bombai (1952). Foi ordenado sacerdote en 1956 e emprendeu dende 1964 un importante labor social cos campesiños e cos pobres desta rexión da India. En 1970 abandonou a Compañía e comezou a traballar cun grupo de voluntarios laicos a través da fundación que leva o seu nome. En 1998 recibiu o Premio Príncipe de Asturias da Concordia e a Gran Cruz de la Orden Civil de la Solidaridad Social no 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político hondureño. Foi presidente da República entre 1841 e 1844 e ministro da Guerra en 1845. Elixido novamente presidente en 1847, renunciou ao cargo. Durante o seu mandato reorganizou o exército e lexislou en materia facendística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi elixido deputado polos distritos de Sort (Lleida) (1876), Caguas (Puerto Rico) e La Almunia (Zaragoza, 1881-1884), e Madrid (1890); desde 1891 foi senador pola provincia de Ourense e polo distrito de Santa Clara (Cuba). A partir de 1894 foi designado senador vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acueduto romano situado en Tarragona. Construído na primeira metade do s I d C, consta de once arcadas na parte inferior e vinte e tres na superior. Sobre a arcada superior pasa un canal aberto que levaba a auga a Tarraco. Empregouse durante a Idade Media. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sapiño balear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Colaborou con Luigi Comencini e Alberto Luttada na fundación da Cineteca de Milán e en varias películas. En 1955 chegou a Madrid como produtor executivo de varias películas e alí coñeceu a Rafael Azcona, que escribiu os guións de varios filmes que rodou como El pisito (1958) ou El cochecito (1960). Outras producións destacadas da súa carreira son Dillinger è morto (Dillinger morreu, 1969), La grande abbuffata (A grande enchenta, 1973), Ciao maschio (Adeus ao macho, 1977), Il futuro è donna (O futuro é muller, 1984), La casa del sorriso (1990), que obtivo o Goldener Berliner Bär do Internationale Fimfestspiele Berlin, ou La carne (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte e oficio de labrar e traballar o ferro.

    2. Obradoiro no que se traballa o ferro. Está constituído por dúas dependencias. Unha delas é a fornalleira, caixón de madeira montado en catro pés e cheo de cinzas, onde se acende o lume para quentar o ferro, cun fol incorporado para xerar o aire que se precisa; e a outra está destinada ao mazo, onde se bate ese ferro. Estas instalacións están baixo un cuberto con muros de cachotería e cuberta de lousas a dúas augas. A peza máis importante é o mazo, unha especie de martelo xigante constituído por unha roda vertical con dezaseis aletas ou pelas, sobre as que cae a auga contida nun depósito, encaixada no remate dun eixe horizontal, chamado árbore, que tamén a fai mover. No outro extremo van catro tacos de madeira en cruz, os malugreiros, situados enriba do eixe, que ao xirar tropezan alternativamente e levantan o rabo dunha peza chamada mango, panca de madeira que está colocada perpendicularmente á árbore, e desa maneira o mazo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha faixa de goles, acompañada de tres estrelas, do mesmo metal, dúas arriba e unha abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Menorca, Illes Balears, situado no centro da illa (3.828 h [1996]). As principais actividades económicas están relacionadas coa gandería e a agricultura. Nos últimos anos produciuse un aumento das actividades industriais, principalmente na fabricación de mobles e na elaboración de produtos lácteos. Fundouse no s XIII cando o Rei Xaime II de Menorca organizou as parroquias da illa. No s XVIII a cidade acadou un gran pulo comercial trala construción do camiño de Kane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, sociólogo e xornalista. Estudiou nas universidades de Pisa e Turín e, despois dunha estancia en Londres, París e Berlín, expuxo a teoría da decadencia dos pobos latinos, que rexeitou posteriormente. Impartiu clases na Universidade de Xénova, pero tivo que exiliarse polo seu enfrontamento co réxime fascista italiano (1930) en Suíza, onde traballou na Universidade de Xenebra e no Instituto de Altos Estudios Internacionais. Escribiu, entre outras obras, La morale primitiva e l’attavismo del delito (A moral primitiva e o atavismo do delito, 1896), Grandezza e Decadenza di Roma (Grandeza e Decadencia de Roma, 1902-1908), e La rovina della civilitá antica (A ruina da civilización antiga, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra insírese no realismo social e alterna o testemuño documental coa ficción narrativa. Da súa produción destaca Caminando por las Hurdes (1960), Tierra de olivos (1964), El gran gozo (1979), Con las manos vacías (1980) e Cuentos (1983)

    VER O DETALLE DO TERMO