"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade que consiste en lanzarse en paracaídas con finalidade bélica ou deportiva. Como actividade deportiva apareceu tras a Segunda Guerra Mundial. Hai dous tipos de probas: a de precisión na aterraxe, en que o paracaidista demostra a súa destreza e precisión; e a de estilo, en que se efectúan diversas figuras durante o descenso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Erro de cronoloxía que consiste en considerar acontecido un feito nunha época posterior ao tempo en que realmente aconteceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atribución a un mesmo suxeito de dúas calidades que parecen excluírse. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Calidade de paralelo.
-
Correspondencia ou concordancia por semellanza entre dúas persoas ou cousas.
-
Recurso literario que consiste na repetición dunha estrutura semántica ou sintáctica con pequenas variacións. Cómpre distinguir catro tipos de paralelismos: o sintáctico, en que se repiten construcións complexas formadas por un verbo e os seus complementos; o léxico, en que aparecen repetidos elementos léxicos conectados entre si semanticamente; morfolóxico, en que se repiten os morfemas; e fonolóxico, onde se repiten os fonemas. No apartado literario, en poesía é mester distinguir entre paralelismo sinónimo, cando entre versos paralelos se repite a mesma idea; paralelismo antitético, en que se expresan ideas contrapostas en versos paralelos; e paralelismo sintético, en que, en versos paralelos, o segundo completa o sentido do primeiro.
-
Capacidade de executar simultaneamente operacións similares ou comparables.
-
Doutrina que nega toda relación causal entre materia e espírito e afirma a independencia e coincidencia dos fenómenos propios da realidade física e dos que pertencen ao ámbito psíquico. Modalidades diferentes desta doutrina son o ocasionalismo de Malebranche, a teoría de Spinoza de que a extensión e o pensamento non son senón dous modos finitos da única substancia existente, a infinita, e a harmonía preestablecida de Leibniz. OBS: Tamén se denomina paralelismo psicofísico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Razoamento formalmente falso, pero que se emprega sen conciencia da súa falsidade. Normalmente identificado co sofisma, diferénciase del en que non se emprega coa intención de confundir o adversario. Kant distinguiu entre paraloxismos formais e paraloxismos transcendentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de certas substancias que se caracterizan polo feito de posuír unha susceptibilidade magnética positiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polimorfismo dun mineral que consiste no feito de que o cambio da forma cristalina ten lugar sen destrución e coa orientación do novo cristal sobre o anterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación interespecífica entre parasito e hospedador. Dáse normalmente nos casos en que o hospedador non ve gravemente afectada a súa viabilidade por culpa do parasito, malia que os trastornos ocasionados poidan deixalo en inferioridade de condicións, e ser seleccionado negativamente. É froito da adaptación morfolóxica, fisiolóxica e ecolóxica, cunha longa evolución paralela, entre un par de especies, na que o parasito chega a miúdo a prescindir dos seus propios medios de supervivencia para pasar a depender obrigatoriamente do hospedador (parasito obrigado). Cando o parasitismo afecta a unha proporción dunha poboación, pode provocar oscilacións fortes (epidemia) que dean lugar a flutuacións da poboación. O parasitismo é un elemento regulador das poboacións e, cando é moi específico, pode servir para o control das pragas dos insectos ou para destruír as herbas daniñas dos cultivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adulación ou obsequio non sincero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paraxisma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Engaiolar ou enganar a alguén principalmente mediante gabanzas, aloumiños ou presentes enganadizos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen engaiola ou engana a outros con eloxios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que se manifesta clinicamente como unha enfermidade de Parkinson idiopático, pero que é secundario á arteriosclerose, á encefalite, intoxicacións, traumatismos ou tumores craniais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político en que o parlamento, elixido democraticamente, é o eixe da vida política e a principal fonte de poder. É característico da maioría de estados da Europa Occidental. O réxime está presidido por un xefe de estado sen responsabilidade política. Ademais, o apoio do parlamento é imprescindible para que o goberno se poida manter no poder xa que o parlamento lexitima a autoridade do goberno. De feito, nun réxime parlamentario, o goberno é, en certa maneira, unha comisión parlamentaria, encargada de elaborar e presentar, para a súa aprobación, os orzamentos do estado e todas as medidas lexislativas para gobernalo, aínda que o parlamento controla e limita esa liberdade de acción. O exemplo máis puro dun réxime parlamentario é Reino Unido: o xefe de estado, o monarca, limítase a recoñecer a situación política definida polos resultados electorais e o partido que consegue a maioría dos escanos nas eleccións forma o goberno. Aínda que, en teoría, o parlamento é protagonista dos réximes...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola literaria de orixe francesa que influíu fortemente nas diversas literaturas europeas durante a segunda metade do s XIX. O seu nome deriva do Parnasse contemporain, recueil de vers nouveaux, versos publicados en diversas ocasións (desde 1866 ata 1876), se ben a escola xa se constituíra ao redor da Revue fantaisiste (1861). Caracterizouse polo seu afastamento das fórmulas románticas de Musset e Lamartine e a declaración do seu ideal de impasibilidade, perturbado só pola obtención da beleza pura e absoluta. Relacionada en parte cos movementos neoclásico e romántico, procura nas fontes clásicas algúns aspectos como a arte pola arte. Os primeiros exemplos poden localizarse nas obras de Th. Gautier e Th. de Banville. A partir destes autores, a preocupación pola forma do verso callou nos poetas máis novos, que tiveron como representante máis destacado a Leconte de Lisle. A escola tivo como autores máis importantes a L. Ménard, L. Bouilhet, L. Dierx, C. Mendès e L. Xavier...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao paroxismo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Período dunha doenza ou estado morboso durante o cal os síntomas teñen a súa máxima actividade.
-
Máxima exaltación dun sentimento ou dunha paixón. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de mazdeísmo dos parsis de India.
-
-
Inclinación exclusiva ou parcial por un interese particular ou propio sobre o xeral ou común.
-
Actitude relixiosa, vinculada frecuentemente a intereses nacionalistas e contraposta ao universalismo, pola que un grupo social se considera particularmente escollido por Deus con exclusión doutros grupos ou pobos de relixión diferente.
-
-
-
Adhesión plena a un partido determinado por riba dos intereses xerais.
-
Tendencia ou inclinación cara a algo ou alguén nun asunto en que se debería ser imparcial.
-