"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Conxunto de escolanos dun mosteiro ou igrexa.

    2. Escola dun mosteiro onde os nenos, en réxime de internado, reciben unha formación xeral e son, de maneira especial, instruídos en música. É unha institución antecesora dos conservatorios.

    3. Coro de nenos das capelas de música das igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de rapaces de dez a catorce anos de idade dedicados ao canto do culto en Montserrat. Residen no santuario, onde cursan os estudios correspondentes á súa idade, e reciben educación musical no Conservatorio Elemental. Probablemente, a súa orixe procede da tradición dos monxes de Ripoll, fundadores de Montserrat (s XI). Consérvanse composicións que supoñen un dominio técnico da polifonía do barroco e do bel canto do rococó. No s XIX dispersouse en varias ocasións e foi restaurada polo monxe Jacint Boada en 1818, 1824 e 1851. Dirixida por laicos (1854-1865), volveu aos monxes, entre os que destacaron Manuel Guzmán, Anselm Ferrer, David Pujol, Ireneu Segarra e Jordi Agustí Piqué. Gravou máis dun centenar de discos, con música da escola de Montserrat antiga e moderna, polifonía antiga e música coral contemporánea. Dende 1968 deu concertos no ámbito nacional e internacional. Obtivo numerosos premios, entre os que destaca o Premi Nacional de Música da Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha escolanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Fiscal e conselleiro do Consello Supremo da Inquisición. Foi bispo de Mallorca (1656-1660), de Tarazona (1660-1664), de Segovia (1664-1668) e de Granada (1668-1672). Difundiu a orde dos servitas e publicou escritos piadosos, pastorais e xurídicos, e unha Epístola contra a rebelión dos mouriscos de Las Alpujarras (1667, 1671).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedicaba ao ensino no medio rural galego. Esta figura desapareceu na década de 1970, coincidindo coa política de concentracións escolares e coas importantes transformacións sociais de Galicia. A maioría dos escolantes eran homes, debido a que entre as mulleres dominaba inicialmente un analfabetismo masivo. A súa cultura reducíase normalmente á adquirida nas escolas de ferrado -escolas particulares rurais- ou nas públicas, que procuraban ampliar pola súa conta, e á súa pedagoxía meramente empírica. Exercían a tempo parcial, ben fose durante uns meses no inverno dende a mañá á noite, ben durante dúas ou tres horas diarias ao longo de todo o ano, dedicando o resto do tempo á súa ocupación principal, que adoitaba ser o traballo agropecuario. Conforme se ía implantando a escola pública, e con ela a profesión de mestre, a cultura pedagóxica oficial tendeu a desvalorizar e mesmo a ridiculizar esta figura, así como as escolas que rexentaban. Non obstante , hai que resaltar o importante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Irmá de san Bieito, fundou e dirixiu un mosteiro feminino en Piumarola, preto do que o seu irmán fundara para homes en Montecassino. A súa festividade celébrase o 10 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da península do Barbanza, no litoral da parroquia e concello de Ribeira, na ría de Arousa, situada ao S da praia de Area Secada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia produtora de escoura que se emprega, por exemplo, para impedir a oxidación superficial de metais en fusión ou de soldaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Trasmiras. De estilo barroco, no seu interior destacan o retablo maior realizado por Bernardo Senra Taboada (1719), coas imaxes de san Pedro, san Paulo, san Francisco e san Domingos, e o dedicado á Trindade (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Corgo. Ten unha soa nave cuberta a dúas vertentes e capela maior de planta cadrada. O arco triunfal é de medio punto en aresta. No interior destaca o retablo maior neoclásico do s XIX. A fachada ten porta arquitrabada e espadana dun van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que escraviza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que tiña ao seu cargo a redacción e a autentificación de actas en contratos públicos e das actuacións xudiciais, gobernativas e administrativas. Especializouse en épocas modernas como actuario da corte xudicial ou administrativa, mentres que os notarios exercían o establecemento de actas e contratos.

    2. Funcionario da oficina do rei ou das casas nobiliarias que escribía cartas ou outros documentos por requirimento ou mandato do seu señor.

    3. Escribán que figuraba como xefe dos escribáns dunha audiencia, curia ou doutro organismo oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Madriñán (Lalín). Está formada por un corpo rectangular cunha torre cadrada nunha das esquinas, polo que o conxunto adopta a planta en forma de L. O corpo da vivenda ten dúas plantas e a torre unha. Conserva unha escaleira e unha solaina no corpo principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou cargo do escribán.

    2. Oficina ou despacho do escribán.

    3. Obxecto de escritorio composto dun tinteiro, dunha pluma e doutros útiles para escribir.

    4. Caixa portátil que levaban os escribáns e os nenos cos útiles de escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador de cine. Os seus guións baseábanse en temas relixiosos e políticos. O director dalgunhas destas películas foi Rafael Gil, como Balarrasa (1950) ou La Señora de Fátima (1951). A primeira película que dirixiu foi El hombre de la isla (1959). Na mesma liña dirixiu Dulcinea (1962), El golfo (1970), La lozana andaluza (1976), Esperando a papá (1980) ou Montoyas e Tarantos (1989), ademais das series de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi director da Coral de Bilbao e creador da Banda Municipal de Donostia. Entre as súas composicións salientan El sueño de un bailarín (1944), Concierto vasco para piano e orquestra (1947), Illeta (Premio Iparaguirre da Deputación Foral de Gipuzkoa, 1953), Zigor (1963), Tonemas (1982), Gernika (1987), Quinta Sinfonía: Ultreia (1994) e Gnosis (1996). Foi galardoado en tres ocasións co Premio Nacional de Música e ademais recibiu o Premio Nacional de Bellas Artes (1937), pola obra Trío bucólico, o Premio Nacional Manuel de Falla, a Medalla da Deputación Foral de Gipuzkoa (1992), a Medalla do Concello de Donostia (1992), a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (1997) e a Medalla da Sociedad de Autores y Editores (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Emblema propio de España, símbolo do seu Estado.
    Lexislación
    No Artigo 1 da Lei Orgánica 33/1981 de 5 de outubro defínese do seguinte xeito: “O escudo de España é cuarteado e entado en punta. No primeiro cuartel, de goles ou vermello, un castelo de ouro, ameado, aclarado de azur ou azul e con cachotería de sable ou negro. No segundo, de prata, un león rampante, de púrpura, linguado, uñado, armado de goles, coroado de ouro. No terceiro, de ouro, catro paos, de goles ou vermello. No cuarto, de goles, unha cadea de ouro, posta en cruz, aspa e orla, cargada no centro dunha esmeralda de sinople ou verde. Entado en punta, de prata, unha granada ao natural, aberta de goles ou vermello, tallada e foliada de dúas follas de sinople ou verde. Acompañado de dúas columnas, de prata, coa base e capitel de ouro, sobre ondas de azur ou azul e prata, superada a coroa imperial a destra, e dunha coroa real a sinistra, ambas de ouro, e rodeando as columnas unha cinta de goles, cargada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que bota ou produce escuma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oposición sistemática á difusión da cultura, da educación e do progreso en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO