Escribán, casa do
Escribán, casa do
Construción situada en Madriñán (Lalín). Está formada por un corpo rectangular cunha torre cadrada nunha das esquinas, polo que o conxunto adopta a planta en forma de L. O corpo da vivenda ten dúas plantas e a torre unha. Conserva unha escaleira e unha solaina no corpo principal.