Escriba Sentado, O
Escriba Sentado, O
Escultura exipcia de calcaria da V dinastía conservada no Musée du Louvre. Esta tipoloxía de estatua apareceu na IV dinastía pero xeneralizouse na V. Deseñado cun criterio xeométrico de cilindros e planos, representa un funcionario real concentrado no seu traballo. No Museo do Cairo consérvase outra estatua da mesma dinastía.